Se muestran los artículos pertenecientes a Abril de 2017.
O IES García Barbón participa en Agromáis Verín

Unha pequena mostra da nosa presenza co stand en Agromáis Verin o día 1 de abril e 2 de abril de 2017. O IES García Barbón e o IES Castro de Baronceli promocionando a súa oferta formativa.
Moitas grazas aos estudantes de Automoción e Mantemento pola súa boa disposición para colaborar.
Recursos web para estudantes de Formación Profesional
RECURSOS WEB PARA ESTUDANTES DE FP by dveiga on Scribd
Unha antiga alumna do IES García Barbón acada un “Premio de Excelencia Académica”
Premio de Excelencia Académica by dveiga on Scribd
"Formados e profesionais" no IES de Vilamarín (Ourense)
Tiven o placer de compartir o día nas Xornadas sobre "Formados e profesionais" neste centro educativo (IES de Vilamarín) e coñecer de cerca as súas impecables instalacións e o bo facer do seu alumnado e profesorado.
Foi moi interesante escoitar a antigos alumnos/as que nos contaron a súa experiencia laboral e nos animaron a aproveitar moi ben a fase de prácticas.
Unha Xornada -a do día 27 de abril de 2017- no IES de Ies Vilamarin moi completa. Aprendendo moito dos profesionais que estudaron nese centro: a importancia fundamental da formación profesional inicial que se imparte no centro educativo e do papel esencial do docente como promotor do amor pola profesión.
A relevancia das persoas e do traballo en equipo para acadar os logros. A necesidade de esforzarse e de sacar o mellor de cada persoa para ser feliz.
Un centro de luxo, que é referencia principal dos estudos de FP de Hostalería.
Noraboa!
Moitas grazas pola atención dispensada e polo voso gran traballo!