Blogia
GUÍA DE INFORMACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

XVI Congreso Internacional de Ebru

XVI Congreso Internacional de Ebru

Carlos Matos, profesor de debuxo no IES García Barbón de Verín, foi invitado a participar no XVI Congreso Internacional de Ebru que terá lugar en Estambul entre os días 9 e 13 de maio. O ebru é una antiga técnica centroasiática de pintura flotante sobre auga, que despois é  transferida a soporte de papel.

            Carlos Matos aprendeu esta técnica co mestre turco Hikmet Barutçugil e as súas obras, xunto coas dun reducido número de artistas internacionais, participará na exposición paralela ao congreso que se celebrará nos antigos pazos otomanos de Esma Sultan e de Dolmabahçe, na beira europea do Bósforo.

VI Congreso Internacional de Ebru en estambul (9 ao 13 de maio de 2016)

0 comentarios