O IES García Barbón disporá dun viveiro de empresas
Que son os viveiros de empresas?
Un viveiro de empresas é un local dividido en despachos equipados con moblaxe, sala de reunións, equipamentos informáticos e os servizos precisos para levar as xestións necesarias para a posta en marcha da túa iniciativa emprendedora.
Que ofrece un viveiro de empresas?
Asesoramento:
- Formación e apoio do profesorado que imparte formación relacionada co sector no que se desenvolverá o teu proxecto.
- Titoría pola coordinadora ou coordinador de emprendemento, responsable do seguimento e da orientación no teu proxecto.
- Asesoría de persoal técnico especialista do IGAPE.
Instalacións:
- Locais axeitados para o desenvolvemento de actividades das persoas emprendedoras.
- Moblaxe básica propia dunha oficina.
Servizos:
- Servizos asociados ás infraestruturas (seguridade, limpeza, luz, etc.).
- Servizos auxiliares da actividade empresarial como conexión a internet.
Requisitos de acceso
- Estar matriculado no derradeiro curso dun ciclo formativo de formación profesional ou telo rematado nos catro últimos anos, e tamén os que estean a estudar bacharelato.
- Ter un proxecto empresarial a desenvolver na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Presentar un Plan de Empresa que garanta a viabilidade do proxecto.
0 comentarios