ENTREVISTA CO ESCRITOR XOSÉ CARLOS CANEIRO
ENTREVISTA CO ESCRITOR XOSÉ CARLOS CANEIRO
A SÚA ÚLTIMA NOVELA: Blue Moon
Non é frecuente que nun blog -de Orientación- se faga referencia aos traballos que se realizan noutros centros educativos da comarca, e, en concreto, a experiencias que poñen en valor a iniciativa do alumnado e o traballo colaborativo do profesorado.
No I.E.S. Xesús Taboada Chivite hai un importante grupo de profesores e profesoras que desenvolven un interesante proxecto -coordinados por Javier Rodríguez- de incorporación das novas tecnoloxías ao seu traballo docente con moita ilusión e perseverancia.
Dentro das iniciativas pedagóxicas que incorpora Isabel Cota no seu blog, hoxe quero destacar a entrevista que varias alumnas realizan ao escritor Xosé Carlos Caneiro e que podemos ler e visualizar en Youtube (Capítulo 1; Capitulo 2; Capítulo 3; Capítulo 4 e Capítulo 5).
Noraboa polo esforzo, a perseverancia e a ilusión coa que realizades o voso traballo diario.
0 comentarios