ANÁLISE DO EMPREGO UNIVERSITARIO 2004 (Continuación)
CARREIRAS DO ÁMBITO DAS CIENCIAS SOCIAISO peso das titulacións do ámbito das ciencias sociais no conxunto do emprego cualificado no ano 2004 foi do 6,28%.
As titulacións máis demandadas foron, por orde de importancia, Dereito, Psicoloxía, Turismo, Xornalismo, Publicidade e Biblioteconomía e Documentación.
As mellores previsións son para a diplomatura de Mestre/a aumento da natalidade-, e as carreiras que poden telo máis difícil son Xornalismo e Publicidade e Relacións Públicas.
CARREIRAS DO ÁMBITO DA ECONOMÍA E A EMPRESA
O peso das titulacións do ámbito da economía e a empresa no conxunto do emprego cualificado no ano 2004 foi do 15,18%.
As titulacións máis demandadas foron, por orde de importancia, Administración e Dirección de Empresas, Economía, Diplomatura de Empresariais, Relacións Laborais, Ciencias Actuariais e Financeiras e Xestión e Administración Pública.
CARREIRAS DO ÁMBITO DE HUMANIDADES
O peso das titulacións do ámbito de Humanidades no conxunto do emprego cualificado no ano 2004 foi do 1,53%.
As titulacións máis demandadas foron, por orde de importancia, Filoloxía Inglesa, Traducción e Interpretación, Belas Artes, Filoloxía Hispánica, Historia e Xeografía.
As mellores previsións son para Traducción e Interpretación e as Filoloxías Inglesa e Hispánica.
CARREIRAS DO ÁMBITO DA ENXEÑERÍA
O peso das titulacións do ámbito da Enxeñería no conxunto do emprego cualificado no ano 2004 foi do 18,19%.
As titulacións máis demandadas foron, por orde de importancia, Enxeñeiro Técnico Industrial, Enxeñeiro Industrial, Enxeñeiro Técnico Informático, Enxeñeiro Técnico de Telecomunicacións, Enxeñeiro en Informática, Enxeñeiro de Telecomunicacións e Enxeñeiro Químico.
A previsión para os vindeiros meses é unha mellora xeral, que pode superar o 10%
Fonte: Pedro Manuel Boyer. Ranking de empleo universitario. Primavera del empleo cualificado. En Anuario 2005 Entre Estudiantes. (Páx. 98-105)
O ranking de emprego recolle as 50 titulacións universitarias e de Formación Profesional máis demandadas nos xornais e nos principias portais de emprego de internet durante o ano 2004.
0 comentarios