Blogia
GUÍA DE INFORMACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

A Consellería de Educación convoca probas para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria para maiores de 18 anos

Sete centros docentes acollerán estas probas que se celebrarán o 15 de xuño e o 12 de setembro.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén de convocar, a través dunha resolución publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG de 3 de maio de 2006 ), as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria para maiores de 18 anos nas convocatorias de xuño e de setembro de 2006.

Poderanse inscribir para a realización destas probas aquelas persoas que teñan cumpridos os 18 anos con anterioridade ao 31 de decembro do ano 2005. Os alumnos matriculados de forma oficial nas ensinanzas de adultos de nivel III, nas modalidades presencial ou a distancia, para facer a inscrición nas probas libres deberán presentar ante a dirección do centro a renuncia ao dereito a ser avaliado pola matrícula oficial.

O prazo de matrícula para a proba de xuño é do 18 ao 26 de maio; e do 1 ao 4 de setembro para a proba de setembro. As probas celebraranse en sesións de mañá e tarde os días 15 de xuño e 12 de setembro para as respectivas convocatorias

0 comentarios