VIDEOCREACIÓN NO IES GARCÍA BARBÓN: 1º BACHARELATO "A"
O programa “Promovendo o bo trato e a igualdade” está apoiado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, CEDIM (Rede Transfronteiriza de Centros de Dinamización Integral para as Mulleres) e a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, coa colaboración do Concello de Monterrei. Dentro deste programa vaise realizar un proxecto de videocreación en catro capítulos coa participación de dous centros educativos galegos e outros dous portugueses. O noso centro foi escollido para participar como un dos representantes galegos. Para elo, persoal da productora audiovisual Illa Bufarda virán o noso instituto o vindeiro luns 19 de novembro. Durante toda a xornada traballarán co alumnado de 1º A-BACH na gravación dun capítulo deste proxecto, onde os nosos alumnos/as serán protagonistas.
0 comentarios