| O servizo de Información, Orientación e Promoción do Estudante (SIOPE) é o responsable de facilitarlles aos/ás estudantes universitarios/as información xeral en temas de tipo académico: acceso á universidade, planos de estudo, bolsas, cursos complementarios, información sobre servizos, direccións, xestión administrativa, … Pódese consultar toda esta información en liña ou na Comisión Interuniversitaria de Galicia. Os/As futuros/as alumnos/as poderán elixir entre unha ampla variedade de licenciaturas, diplomaturas, enxeñarías e enxeñarías técnicas. Xunto a elas existen cinco títulos propios (graduado universitario en Deseño Téxtil e Moda, graduado universitario en Ciencias Policiais, graduado universitario en Detective Privado, graduado superior en Ciencias e Tecnoloxía Ambiental e graduado superior en Información Técnica do Medicamento) e unha completa gama de estudos oficiais de posgrao cun marcado carácter profesional e que conducen á obtención dos títulos de máster e doutor. Os títulos propios de máster e especialista e cursos de formación complementarios rematan de configurar o abano de posibilidades de formación. Neste sentido, convén consultar os perfís académicos de cada titulación, así como o seu perfil laboral na nosa Guía de Saídas Profesionais. O acceso wifi garantido dende todos os puntos da universidade, a rede de teledocencia, pioneira no noso país, e a rede de medios universitaria, Duvi, o noso diario dixital, e Uvigo-TV completan a rede servizos a disposición dos/as estudantes. MAPA DE TITULACIÓNS GUÍA DE SAÍDAS PROFESIONAIS |
0 comentarios