Blogia
GUÍA DE INFORMACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

Asociación Cultural de Música Tradicional de Monterrei

Asociación Cultural de Música Tradicional de Monterrei

A Asociación Cultural de Música Tradicional de Monterrei, debe a súa recente creación á necesidade de paliar as peticións dun grupo de xóvenes gaiteiros que reclamaban un espazo onde poder desenvolver a súa actividade, algo que levaban tempo pedindo e que finalmente decidiron crear por eles mesmos para poder levar a cabo a súa actividade musical.

 A finalidade inicial plantexada foi a creación dunha nova banda de gaitas que explotara os límites do instrumento dentro dun conxunto musical, pero a aceptación pola asociación e as peticións de un bo número de persoas conseguiron cementar a idea da creación dunha futura escola de música tradicional que, de primeiras, contaría coas especialidades de gaita e percusión.

 A base musical desta escola centrarase na música galega tradicional, xa que consideramos imprescindible a preservación e fomento da música da nosa terra ante calquera outro estilo de música. Non obstante, outros estilos de música tamén serán abordados porque a idea de formar a calquera alumno implica que este coñeza e consiga interpretar todos os xéneros que posibilite o instrumento e só así se conseguirá unha formación íntegra e de calidade.

 O proxecto conta tamén co grupo folk verinense Lapsus Gaita, o cal encadrará a súa actividade dentro do marco desta asociación. O estreno desta aventura comezará con toda probabilidade en Xuño de 2015, data de salida da futura nova banda de gaitas da que terán noticias nun breve periodo de tempo. Os alumnos e integrantes da asociación convídannos a disfrutar e colaborar con esta finalidade que outorgará ao val de Monterrei dunha nova vía musical para o futuro.

        Texto elaborado por Daniel García Rodríguez 

0 comentarios