TITULACIÓNS DAS UNIVERSIDADES GALEGAS 2009/2010
A Xunta de Galicia autorizou a implantación dun total de 70 graos no Sistema Universitario de Galicia (SUG), que completan a adaptación “do 50 por cento de titulacións” ao Plan Boloña e que alcanzará o “cento por cento” no curso 2010-2011. Así, do total de 70 novos graos, un total de 22 corresponden á Universidade de Santiago de Compostela (USC); 24 á Universidade da Coruña (UDC); e outros 24 á Universidade de Vigo.
- Información sobre os novos títulos de grao da Universidade de Vigo.
- Información sobre os novos títulos de grao da Universidade da Coruña.
- Información sobre os novos títulos de grao da Universidade de Santiago de Compostela.
Por último, os/as estudantes que soliciten a súa praza en setembro poden consultar a oferta de titulacións na páxina da Comisión Interuniversitaria de Galicia.
2 comentarios
Daniel Veiga -
En primeiro lugar, agradecerche que escribas a túa dúbida no blog de Orientación.
En segundo lugar, dicirche que descoñezo as posibilidades de acreditar a túa formación cunha titulación académica homologada que che permita optar a algún posto na administración.
En terceiro e último lugar, recomendarche que consultes en Educaweb -http://www.educaweb.com/edw/seccion.asp?NoticiaID=1293&SeccioID=1858- portal especializado que posiblemente poda axudarche.
Máis información: http://www.educaweb.com/edw/seccion.asp?NoticiaID=1374&SeccioID=1858
Saúdos
Luis Avilés -
A miña dúbida é: Tendo toda esta experiencia e tamén esta formación,¿Hai algún xeito de acceder a unha titulación académica que me permita optar a algún posto da administración?
Gracias.