GUÍA ABERTA Á LINGUA GALEGA
Os contidos de LOIA estrutúranse en catro áreas: unha información lingüística e gramatical básica, un breve repaso pola historia social da lingua galega (cunha ollada rápida á súa importante literatura), unha serie de datos en táboas e mapas, brevemente explicados, que dan unha idea da situación sociolingüística de Galicia, e unha sintética listaxe de institucións, colectivos e recursos en rede que serven como referencia para o estudo, a defensa ou o cultivo do idioma galego.
LOIA é unha iniciativa da Sección de Lingua e o Centro de Documentación Sociolingüística do Consello da Cultura Galega. Esta é unha institución propia da Comunidade autónoma de Galicia, con carácter oficial pero non gubernamental, que ten como obxectivo a defensa e promoción dos valores culturais e o patrimonio de Galicia. A dirección do proxecto correu a cargo de Henrique Monteagudo, do equipo redactor forman parte Håkan Casares Berg (coordinador), Susana Mayo Redondo e Rosario Pérez Magdalena, da edición é responsable Manuel Gago, as imaxes foron dixitalizadas por Teresa Pérez. A empresa Imaxin realizou o desenvolvemento web. Xulio Sousa (ILG) participou na elaboración de mapas. Agradecemos a Xerais a autorización para utilizarmos textos que aparecen n'As etapas da Historia.
0 comentarios