Blogia
GUÍA DE INFORMACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

II CONGRESO NACIONAL DE ORIENTACIÓN

II  CONGRESO  NACIONAL  DE  ORIENTACIÓN

Congreso Nacional de Orientación

Os cambios que veñen no campo educativo, xunto coas novas demandas da sociedade, obrigan a unha revisión e actualización da orientación para encontrar respostas eficaces no ámbito persoal, educativo e profesional. Este obxectivo é o que mobilizará a centos de profesionais que se darán cita no segundo Congreso Nacional de Orientación, no palacio de congresos de Mérida, os días 2, 3 e 4 de decembro.

Promovido pola COPOE (Confederación de Organizacións de Psicopedagoxía e Orientación de España) e organizado por APOEX (Asociación Profesional de Orientadores en Estremadura) o evento supón dotar de continuidade ao movemento asociativo que xerminou no primeiro encontro nacional celebrado en Toledo no 2003. (Información do xornal "La Voz de Galicia")

Web oficial do evento: http://www.apoex.net/encuentro/index.htm.

Entrevista con Juan A. Planas  -Coordinador  da Confederación de Organizacións de Psicopedagoxía e Orientación de España- (COPOE).

DOSSIER INFORMATIVO E CONCLUSIÓNS   do II Congreso Nacional de Orientación

0 comentarios