CONSELLOS DE ESTUDANTES UNIVERSITARIOS
ESQUEMA DA ACTIVIDADE FORMATIVA
Un grupo de alumnos e alumnas da Facultade de Educación da Universidade da Coruña procurará escribir algúns consellos para o alumnado máis novo, que cursa estudos de Bacharelato, Ciclos Formativos ou outras ensinanzas non universitarias.
Os consellos entre estudantes poden relacionarse con cuestións académicas (hábitos e técnicas de estudo), temas de orientación profesional (variables a ter en conta para tomar decisións de futuro eficaces) ou calquera tema que se considere interesante.
BLOG da actividade formativa: http://orientaconblog.blogspot.com
NOTA INFORMATIVA FINAL:
Por favor, cumprimentade o Cuestionario FINAL.
MOITAS GRAZAS A NEVES ARZA, PROFESORA QUE ORGANIZA A ACTIVIDADE E A TODOS OS MOZOS E MOZAS QUE FACEDES POSIBLE COA VOSA OPINIÓN ESTE PROCESO DE ORIENTACIÓN VIRTUAL.
0 comentarios