Blogia
GUÍA DE INFORMACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

SERVIZO DA UNIVERSIDADE DE A CORUÑA

SERVIZO DA UNIVERSIDADE DE A CORUÑA A Universidade de A Coruña informa da creación dun novo servizo que chaman "Unidade universitaria de atención á diversidade". Tal servizo agrupa catro programas de traballo. O primeiro programa é o de incorporación á Universidade.O segundo ten que ver coa atención personalizada ó alumnado con discapacidade sensorial-auditiva, deficiencia visual, problemas de mobilidade, enfermidade crónica e atención á diversidade sociocultural. O terceiro programa é o de asesoramento educativo ao profesorado. O número catro é o de apoio tecnolóxico ás persoas con discapacidade.
Máis información na web.

0 comentarios