Outono Xove 2021
Actividades de fin de semana en albergues xuvenís,
para a mocidade de 14 a 30 anos.
A Xunta de Galicia pon en marcha o novo programa Outono Xove con actividades formativas e de lecer para a mocidade galega durante as fins de semana entre finais de outubro e comezos de decembro nos albergues xuvenís da Xunta de Galicia.
Os grupos de participación dividiranse en dous tramos de idade: de 14 a 17 anos e de 18 a 30.
Ofértanse 1.100 prazas nos 8 programas que conforman a actividade, cun máximo de 20 prazas en cada unha das opcións e fins de semana.
0 comentarios