"Formados e profesionais" no IES de Vilamarín (Ourense)
Tiven o placer de compartir o día nas Xornadas sobre "Formados e profesionais" neste centro educativo (IES de Vilamarín) e coñecer de cerca as súas impecables instalacións e o bo facer do seu alumnado e profesorado.
Foi moi interesante escoitar a antigos alumnos/as que nos contaron a súa experiencia laboral e nos animaron a aproveitar moi ben a fase de prácticas.
Unha Xornada -a do día 27 de abril de 2017- no IES de Ies Vilamarin moi completa. Aprendendo moito dos profesionais que estudaron nese centro: a importancia fundamental da formación profesional inicial que se imparte no centro educativo e do papel esencial do docente como promotor do amor pola profesión.
A relevancia das persoas e do traballo en equipo para acadar os logros. A necesidade de esforzarse e de sacar o mellor de cada persoa para ser feliz.
Un centro de luxo, que é referencia principal dos estudos de FP de Hostalería.
Noraboa!
Moitas grazas pola atención dispensada e polo voso gran traballo!
0 comentarios