INFORMACIÓN SOBRE AS PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS (2009)
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ha publicar proximamente no DOG a nova orde pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional (2009).
No documento podemos ler información sobre: requisitos de inscrición, estrutura de organización da proba, exencións, certificados e o anexo coas opcións da parte específica da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior, en función da familia profesional a que se desexe acceder.
Toda a información e a documentación referente ás probas de acceso aos ciclos formativos poderá consultarse dentro da opción "probas" do menú da páxina web: http://www.edu.xunta.es/fp
0 comentarios