Se muestran los artículos pertenecientes a Mayo de 2015.
Guía audiovisual de Orientación Académica
GUÍA AUDIOVISUAL DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA |
Workinside é unha plataforma de vídeo –sen coste- que asesora no ámbito académico e laboral, mediante o uso de entrevistas audiovisuais de curta duración. Os seus creadores (Anabel Jiménez, graduada en Xornalismo, Álvaro Checa e Pedro Fernández, os dous Licenciados en Dereito e Administración e Dirección de Empresas da Universidade de Sevilla) facilitan nestas micro-entrevistas, o punto de vista de estudantes universitarios de último curso, opositores e profesionais que están exercendo.
A ferramenta vai dirixida ao alumnado de Bacharelato que quere cursar estudos universitarios e ao estudante universitario que precisa ter máis información das súas posibles saídas académicas e laborais. Unha das finalidades principais da plataforma é a de servir de axuda na toma de decisións para evitar as altas porcentaxes de abandono universitario (actualmente 1 de cada 4 estudantes universitarios abandona ou cambia de grao no primeiro curso.
Fonte da información:
http://www.eldiario.es/juventudytalento/Videos-guian-camino_6_379422062.html
http://www.sevillaactualidad.com/sevilla/32009-la-mejor-guia-audiovisual-de-orientacion-academica
VÍDEO E PRESENTACIÓN DE 2º DE BACHARELATO 2013-2015
Vídeo realizado por Saúl Otero García e presentación creada por Lucía Rúa Afonso.