Se muestran los artículos pertenecientes a Febrero de 2015.
O IES García Barbón disporá dun viveiro de empresas
Un viveiro de empresas é un local dividido en despachos equipados con moblaxe, sala de reunións, equipamentos informáticos e os servizos precisos para levar as xestións necesarias para a posta en marcha da túa iniciativa emprendedora.
Que ofrece un viveiro de empresas?
- Formación e apoio do profesorado que imparte formación relacionada co sector no que se desenvolverá o teu proxecto.
- Titoría pola coordinadora ou coordinador de emprendemento, responsable do seguimento e da orientación no teu proxecto.
- Asesoría de persoal técnico especialista do IGAPE.
- Locais axeitados para o desenvolvemento de actividades das persoas emprendedoras.
- Moblaxe básica propia dunha oficina.
- Servizos asociados ás infraestruturas (seguridade, limpeza, luz, etc.).
- Servizos auxiliares da actividade empresarial como conexión a internet.
- Estar matriculado no derradeiro curso dun ciclo formativo de formación profesional ou telo rematado nos catro últimos anos, e tamén os que estean a estudar bacharelato.
- Ter un proxecto empresarial a desenvolver na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Presentar un Plan de Empresa que garanta a viabilidade do proxecto.
A información no xornal Faro de Vigo
Unha década de blogorientación (2005-2015)

O día 14 de febreiro de 2015 temos que celebrar un cumpreanos. Imos adiantar o acontecemento e aproveitar para engadir algunhas reflexións que nos axuden a seguir aprendendo.
Crear un blog é sinxelo, mantelo durante dez anos e procurar aportar información de interese e utilidade para o conxunto da comunidade educativa é un reto que che axuda a aprender de maneira permanente. Iso é o máis importante!
O blog de Orientación do IES García Barbón ten sido un espazo de aprendizaxe para o seu autor e unha guía de información académica e profesional para o alumnado, o profesorado e as familias.
A nosa aposta decidida polo uso das TIC no centro, fixo posible a realización de moitas actividades de formación do profesorado en centro, a impartición dunha machea de cursos para o profesorado -fundamentalmente nos Centros de Formación e Profesores- e a docencia da materia de TIC en Bacharelato durante seis cursos (2008/2014). Neste tema, non podo deixar de lembrar a unha persoa, Manuel López Méndez, amigo e compañeiro en moitas actividades e proxectos ilusionantes.
Por último, dar as grazas a todas as persoas que visitan e aprenden co Blog de Orientación.
Guías do estudante do IES García Barbón na década 2004-2014
Make your own mind maps with Mindomo.
Convocadas probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e superior para o ano 2015
PROBAS ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS
Probas de acceso | Datas grao superior | Datas grao medio |
Inscrición para a proba | 23 de febreiro - 6 de marzo | 7 - 20 de abril |
Celebración da proba | 29 de abril | 3 de xuño |
Máis información | Grao Superior | Grao Medio |