Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Octubre de 2012.

PROGRAMA ORIENTA 2012/2013 PARA O ALUMNADO

20121011110355-11-10-2012-10.10.32-3.jpg

Xa dispomos do Programa Orienta 2012/2013 de información académica e profesional  para o alumnado do IES García Barbón. Podedes utilizar a versión breve que se pode consultar en internet e o programa completo que facilita o Departamento de Orientación -previa solicitude por correo electrónico a veigaorama@gmail.com-.

O programa Orienta 2012/2013 facilita información actualizada, entre outros temas, sobre os estudos de grao, notas de corte, selectividade e becas.

Tamén podes coñecer a oferta de estudos de Formación Profesional e outras ensinanzas especiais (Artísticas, Deportivas, Musicais, etc).

O programa inclúe distintos cuestionarios de orientación escolar e profesional.

11/10/2012 11:03 Daniel Veiga #. ORIENTARSE No hay comentarios. Comentar.

INTERNET AO SERVIZO DA INFORMACIÓN ACADÉMICA DO ALUMNADO

No IES García Barbón dispomos de moita información organizada para axudar no complexo proceso de toma de decisións sobre o teu futuro académico e profesional. En febreiro de 2005 creamos o Blog do Departamento de Orientación que constitúe unha ferramenta de información especializada moi útil para o conxunto da comunidade educativa. Titoría de Orientación 2012_2013 alumnado
19/10/2012 20:12 Daniel Veiga #. A GUÍA DO BLOG No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris