Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Febrero de 2011.

A DEPUTACIÓN DE OURENSE CONVOCA BOLSAS DE PRÁCTICAS EN EUROPA PARA TITULADOS UNIVERSITARIOS

20110207205116-7-2-2011-20.2.16-1.jpg

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou as bases reguladoras da primeira convocatoria de Bolsas internacionais 2011 para titulados universitarios, no marco do programa europeo Leonardo da Vinci. Nesta primeira convocatoria serán 37 as bolsas individuais que se concederán para estancias e prácticas laborais en empresas europeas.

Os beneficiarios deberán posuír titulación universitaria ou estar en condición de obter a titulación na data que remate o prazo de presentación de solicitudes. Tamén deberán posuír coñecemento dalgunha das seguintes linguas cun nivel suficiente para desenvolver unha práctica laboral axeitada ao seu grao de formación académica: italiano, francés, portugués, alemán e/ou inglés.

Asimesmo, requírese ter coñecementos de informática a nivel de usuario e non ter sido beneficiario anteriormente dunha bolsa do programa Leonardo da Vinci convocada pola Deputación de Ourense.

O formulario de solicitude de bolsas internacionais poderase obter e cubrir na aplicación informática: http://becasinternacionais.depourense.es. Previamente á validación, deberanse anexar, en formato electrónico, os seguintes documentos: formulario de solicitude; certificado de empadroamento; xustificante acreditativo de ter obtido o título académico no Campus de Ourense (Universidade de Vigo) ou no centro asociado da UNED en Ourense, e, de selo caso, certificado acreditativo da discapacidade do solicitante igual ou superior ao 33%.

07/02/2011 20:51 Daniel Veiga #. AXUDAS E BOLSAS No hay comentarios. Comentar.

O BLOG E OUTRAS APLICACIÓNS DA WEB 2.0

14/02/2011 21:19 Daniel Veiga #. No hay comentarios. Comentar.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio
    Do 28 de febreiro ao 11 de marzo


Nas seguintes ligazóns facilítase a documentación necesaria para a inscrición nas probas de acceso a ciclos formativos de grao medio:


    - Folla de inscrición grao medio
    - Corrección DNI
    - Certificado de cursar PCPI
    - Certificado de superación do PCPI 


25/02/2011 19:29 Daniel Veiga #. CICLOS FORMATIVOS No hay comentarios. Comentar.

AXUDAS PARA CURSOS DE LINGUA INGLESA DURANTE O VERÁN

AXUDAS PARA CURSOS DE LINGUA INGLESA DURANTE O VERÁN 2011

PRAZO: DO 1 DE MARZO AO 30 DE MARZO DE 2011

TODA A INFORMACIÓN SOBRE ESTA CONVOCATORIA ESTÁ AQUÍ

---------------------------------------------------------------------------

------------------------------------------------------------------------------

OUTRAS AXUDAS PARA ESTUDAR IDIOMAS

28/02/2011 17:08 Daniel Veiga #. AXUDAS E BOLSAS No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris