Se muestran los artículos pertenecientes a Abril de 2011.
SERVIZO DE ASESORAMENTO DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA
SEMANA COMENIUS NO I.E.S. GARCÍA BARBÓN

Do 4 ao 8 de abril de 2011
Máis de 30 estudantes de Lituania e Italia chegarán este domingo a Verín para pasar unha semana por terras galegas, dentro do proxecto Comenius. Un programa europeo que leva permitindo a estudantes dos dous países e a alumnos do Instituto García Barbón de Verín compartir un estudo conxunto no que analizan diferenzas e semellanzas culturais, musicais e gastronómicas.
O programa abrangue diferentes visitas á costa galega, Santiago de Compostela e por suposto á distintos lugares de interés da comarca de Monterrei, con especial atención ó sector das augas e o viño.
BUSCA A TÚA PROFESIÓN NOS ESTUDOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL

BUSCA A TÚA PROFESIÓN NOS ESTUDOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL
Nos logos das distintas familias profesionais que se facilitan na parte superior podes atopar enquisas das diferentes familias profesionais que serviran para determinar que profesión se axusta máis as túas características persoais.
VÍDEOS E FOLLETOS INFORMATIVOS SOBRE OS ESTUDOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL
Vídeos
Nas seguintes ligazóns pódese atopar vídeos sobre diferentes ciclos formativos de varias familias profesionais.
- Agraria
- Artes gráficas
- Electricidade e electrónica
- Fabricación mecánica
- Hostalaría e turismo
- Imaxe e son
- Imaxe persoal
- Industrias alimentarias
- Instalación e mantemento
- Madeira, moble e cortiza
- Marítimo-pesqueira
- Sanidade
- Servizos socioculturais e á comunidade
- Transporte e mantemento de vehículos
Folletos informativos:
Centros onde se imparte a formación profesional inicial no curso 2010-2011, perfís profesionais (competencia xeral, postos de traballo máis relevantes, módulos, título que se obtén, acceso a outros estudos) e información dos centros educativos.
- Máis información
TITULACIÓNS DE GRAO DO SISTEMA UNIVERSITARIO GALEGO
O Departamento de Orientación do IES García Barbón de Verín, coa importante colaboración de Manuel López Méndez, ofrece un listado das titulacións de grao do sistema universitario de Galicia.
Na parte superior esquerda podedes buscar a titulación do voso interese, e a base de datos ofrecerá o resultado e a páxina web do/s centro/s no que se imparte e toda a información sobre os estudos que queres realizar.