Se muestran los artículos pertenecientes a Junio de 2009.
PRAZAS DE RESIDENCIA EN OURENSE 2009/2010
Máis información na web da Xunta de Galicia.
A TÚA INFORMACIÓN ACADÉMICA EN MISTER-WONG

A TÚA INFORMACIÓN ACADÉMICA EN MISTER-WONG
Navegar por internet e saber manexarse entre a grande cantidade e diversa calidade dos recursos que nos proporciona, require da posta en marcha de estratexias para almacenar, organizar e compartir a información que consideramos útil, fiable e interesante. Por iso, insisto de novo na utilidade e interese de saber usar mister-wong.
Na parte dereita da páxina de MISTER-WONG.ES/USER/DVEIGATIC aparecen as etiquetas -tags- que se utilizaron para clasificar as ligazóns almacenadas. Por exemplo, si premedes no termo “selectividade” a aplicación mostra todos os recursos que se consideraron interesantes para informar sobre o tema da selectividade.
Animo ao alumnado a crear a súa conta en mister-wong e a almacenar, clasificar e compartir as súas ligazóns como xa fixo Eric Macia.
CONVOCATORIA DE ADMISIÓN E MATRÍCULA EN CICLOS FORMATIVOS E BACHARELATO

CONVOCATORIA DE ADMISIÓN E MATRÍCULA EN CICLOS FORMATIVOS E BACHARELATO (2009/2010)
CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR
- A admisión e reserva de praza nos Ciclos Formativos para o curso 2009/2010, abarca dende o día 17 de Xuño ata o 2 de Xullo. Toda a información sobre o proceso de matrícula podes consultala aquí.
BACHARELATO
- O prazo ordinario para a formalización da matrícula de Bacharelato, para o curso 2009/2010, será do 25 de Xuño ata o 10 de Xullo. Podes consultar a información sobre o proceso de matrícula e a documentación necesaria nesta ligazón.
-Información sobre 1º de Bacharelato.
-Información sobre 2º de Bacharelato.
RESIDENCIAS UNIVERSITARIAS 2009/2010 EN GALICIA

UNIVERSIDADE | INFORMACIÓN E SOLICITUDE | DATAS |
|
A CORUÑA | SOLICITUDE CURSO 2009/2010
| 18 DE XUÑO AO 24 DE XULLO DE 2009 |
|
SANTIAGO | 22 DE XUÑO AO 10 DE XULLO DE 2009 |
| |
O PRAZO REMATA O DÍA 3 DE XULLO DE 2009 |
| ||