Se muestran los artículos pertenecientes a Enero de 2008.
05/01/2008
Mil blogs na Blogoteca
Noraboa para a BLOGOTECA !

Despois dun ano e medio de funcionamento, a Blogoteca, sistema de creación de blogs galegos e na nosa lingua, xa superou as mil bitácoras e as 10.000 fotografías. Segundo datos da empresa carballesa Abertal Networks, que puxo en marcha o servizo, créanse unha media de 65 blogs cada mes dentro do sistema, e a práctica totalidade deles están en galego.
A Blogoteca foi o primeiro servizo de xestión de blogs no país, e recibe cada día máis de 10.000 visitantes, que consultan unha media de 47.000 páxinas no mesmo período. Hai aloxadas de balde todo tipo de bitácoras, entre as que se inclúen as de personaxes como Séchu Sende, Vicente Montoto ou Benedicto de Voces Ceibes. Pero, de todos eles, o máis activo é Malmequer, con 746 artigos publicados até o momento.
FONTE INFORMATIVA: VIEIROS
08/01/2008
CONVOCATORIA DAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS PARA O CURSO 2008/2009

| Probas de acceso | Ciclo Superior | Ciclo Medio |
| Inscrición á proba | 21 ao 31 de xaneiro | 21 ao 30 de abril |
| Proba | 18 de abril | 5 de xuño |
No Diario Oficial de Galicia do día 3 de xaneiro de 2008, aparece a convocatoria de realización das probas de acceso a ciclos formativos para o curso 2008/2009.
Para completar a información, A Consellería de Educación facilita unha nota informativa , un manual de probas de acceso a ciclos de grao medio e outro para o ciclo superior e distintas mostras de exames.
11/01/2008
PREMIO DE BLOGS ESCOLARES BARBÓN BLOG
17/01/2008
CONVOCADAS AXUDAS PARA REALIZAR ACTIVIDADES DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA

No Diario Oficial de Galicia do día 17 de xaneiro de 2008 (DOG nº 12) podemos ler a Orde do 10 de xaneiro de 2008 pola que se convocan axudas en réxime de concorrencia competitiva dirixidas ao alumnado de centros sostidos con fondos públicos para realizar actividades de inmersión lingüística no verán de 2008.
INFORMACIÓN RESUMIDA FACILITADA POLA XUNTA
Páxina web para realizar on line a presentación da documentación.
PRAZO ABERTO ATA O 18 DE FEBREIRO
20/01/2008
PREMIOS PARA OS BLOGS DO PROFESORADO
27/01/2008
PRÁCTICAS PARA A FORMACIÓN DO PROFESORADO NALGUNHAS APLICACIÓNS DA WEB 2.0
31/01/2008
O CIGARRÓN DO I.E.S. GARCÍA BARBÓN
Xa temos un cigarrón na entrada do IES García Barbón . Os alumnos do Programa de Garantía Social de "Construccións metálicas en aluminio", coordinados polo seu titor, Luís Hospido -do departamento de Mantemento Industrial - traballaron para planificar, crear e facer realidade a máxima figura do entroido de Verín : O CIGARRÓN. Noraboa para todos eles!

















