Se muestran los artículos pertenecientes a Julio de 2007.
04/07/2007
2º ENCONTRO DE EDUBLOGS 2007

16/07/2007
FROITOS DO SEGUNDO ENCONTRO DE EDUBLOGS

17/07/2007
ACCESO Á UNIVERSIDADE (SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA)
20/07/2007
OS BLOGS EN GALEGO DE VIEIROS NA ESCOLA
23/07/2007
BOLSAS E AXUDAS AO ESTUDO DE CARÁCTER XERAL PARA O CURSO 2007/2008 (M.E.C.)

PARA OS MOZOS E MOZAS DE BACHARELATO, FORMACIÓN PROFESIONAL DE GRAO MEDIO E SUPERIOR E ENSINANZAS UNIVERSITARIAS -ENTRE OUTROS-
DOCUMENTOS QUE HAI QUE ENGADIR CON CARÁCTER XERAL:
-FOTOCOPIAS DO D.N.I. DO SOLICITANTE E DOS OUTROS MEMBROS DA FAMILIA -MAIORES DE 14 ANOS-
-DOCUMENTO DA ENTIDADE BANCARIA NO QUE SE ANOTA O NÚMERO DE CONTA DO SOLICITANTE
- OUTRA DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DE SITUACIÓNS PARTICULARES
AS SOLICITUDES HAI QUE PRESENTALAS NOS CENTROS DOCENTES NOS QUE O ALUMNO/A VAI CURSAR OS SEUS ESTUDOS (2007/2008)
PRAZO: ATA O DÍA 31 DE OUTUBRO DE 2007
26/07/2007
ESTUDO SOBRE OS UNIVERSITARIOS (BBVA)
OS UNIVERSITARIOS E AS UNIVERSITARIAS DAN A SÚA OPINIÓN
Estudio da Fundación BBVA sobre os universitarios
O estudo recolle a opinión de tres mil estudantes universitarios de distintas Comunidades Autónomas
Os universitarios e as universitarias mostran unha boa valoración da carreira que estudan, a universidade na que se matricularon, o nivel do profesorado ou a adaptación dos seus estudos ao Espazo Europeo de Educación Superior.
Un 67% dos estudantes escolleu a súa titulación porque "era a que máis lle gustaba.
O 53% dos estudantes considera que a Universidade non prepara axeitadamente para a vida profesional.
Unha síntese da información podemos localizala aquí .
27/07/2007
TODAS AS FESTAS NUN WEB

Turismo publica un buscador en liña para non se perder ningunha das festas do verán. É sabido que no verán Galicia está chea de festas. Para poder organizar o calendario e asistir ás máis posibles, a Dirección Xeral de Turismo acaba de facer público no seu web "Verán de lecer" .
Esta iniciativa consiste nun buscador que permite localizar celebracións de todo tipo repartidas por todo o país, desde festas tradicionais e feiras gastronómicas a concertos e outros eventos culturais.













