Se muestran los artículos pertenecientes a Septiembre de 2006.
04/09/2006
OFERTA DE TITULACIÓNS DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA A CONVOCATORIA DE SETEMBRO
Despois das vacacións estivais, hai que comezar con ánimo o novo curso académico.
En primeiro lugar, sinalar que a selectividade comeza o dia 13 de setembro. En segundo lugar, temos que consultar aquí as titulacións universitarias que oferta o sistema universitario de Galicia para a convocatoria de setembro. En terceiro e último lugar, apuntar que un total de 52 titulacións non teñen prazas para o alumnado que se examina en setembro.
15/09/2006
ORIENTARSE CON INTERNET 2006/2007 NO I.E.S. GARCÍA BARBÓN DE VERÍN -OURENSE-
O Departamento de Orientación do IES “García Barbón” de Verín -Ourense- ofrece ó alumnado unha actividade formativa que pretende, de maneira xeral, potencia-lo uso informado de internet e, de maneira específica, axudar no proceso de información académica e profesional dos adolescentes.
Free Image Hosting by PictureTrail.com My Pics








1.- INTRODUCCIÓN A INTERNET. O CORREO ELECTRÓNICO: YAHOO E GMAIL.
2.- CREAR UN BLOG CON BLOGIA.
3.- INFORMARSE DE MANEIRA AUTOMÁTICA: BLOGLINES.
4.- APRENDER A BUSCAR INFORMACIÓN EN INTERNET
5.- RECURSOS DE INFORMACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL
6.- APLICACIÓNS SELECCIONADAS DA WEB 2.0 (1ª parte)
7.- APLICACIÓNS SELECCIONADAS DA WEB 2.0 (2ª parte)
21/09/2006
CONSELLOS SOBRE MÉTODOS E TÉCNICAS DE ESTUDO

Estudar diariamente é a primeira condición necesaria para superar o curso. Cada ano, os nosos alumno/as reflexionan sobre a importancia do estudo e as condicións que se precisan para rematar os estudos en xuño.
No comezo do curso 2006/2007 queremos insistir na necesidade de planificar o tempo de traballo intelectual diario e de utilizar algunhas técnicas e estratexias que nos poden axudar.
Métodos de estudo (Consumer )
26/09/2006
BOLSAS E AXUDAS DO MINISTERIO PARA O CURSO 2006/2007

As bolsas e axudas de carácter xeral do Ministerio de Educación e Ciencia para o curso 2006/2007 poden solicitarse ata o día 31 de outubro de 2006.
Destinatarios: Alumnado de niveis postobrigatorios non universitarios e universitarios que cursen estudos na súa Comunidade.
Texto íntegro da Convocatoria










