Se muestran los artículos pertenecientes a Noviembre de 2006.
06/11/2006
CREAR E MANTER UN BLOG

Durante o curso 2005/2006 comezamos unha experiencia educativa de traballo con blogs. Unha mostra:
Blogs de alumnado de 1º de Bacharelato
Blogs de alumnos/as de 2º de Bacharelato
Blogs de alumnado do Ciclo Medio de Automoción
Blogs de alumnado do Ciclo Medio de Xestión Administrativa
Blogs de alumnado do Ciclo Medio de Coidados Auxiliares de Enfermaría
No actual curso 2006/2007 queremos continuar traballando e aprendendo mediante a utilización dos blogs como recursos de aprendizaxe.
Tema 2. Crear e manter un Blog. BLOGIA.
13/11/2006
PROGRAMA INFORMÁTICO ORIENTA 2006/07

A versión 2006/2007 do programa informático de Orientación Escolar "ORIENTA 2007" de Julián Sádaba, incorpora, por primeira vez, unha versión en galego. Felicitamos o autor pola iniciativa de traducción do Programa Orienta 2007.
O programa informático -que xa é unha ferramenta de uso habitual nos Departamentos de Orientación- presenta a posibilidade de realizar distintos cuestionarios de orientación (para o alumnado de Bacharelato, de 4º de Educación Secundaria Obrigatoria) e un máis de profesións.
O alumno/a ten a posibilidade de informarse, entre outras cuestións, sobre os estudos de Formación Profesional (Ciclos de grao medio e de grao superior), os estudos universitarios, as dobres titulacións e as universidades.
Unha ferramenta de axuda.
19/11/2006
CORREO ELECTRÓNICO DE ALTA CAPACIDADE E CHAT DE GMAIL PARA TODOS/AS

24/11/2006
O MAPA DOS BLOGS GALEGOS

Na experiencia educativa que estamos realizando, a creación, planificación e mantemento de blogs ten un papel fundamental.
Na blogosfera galega existen 2000 blogs . Algúns dos blogs galegos podemos localizalos na xeografía de Galicia.
30/11/2006
Congreso Internacional, Software libre e Web 2.0 Educación e Formación

Interesante Congreso o que se está a celebrar (do 29 ao 1 de decembro de 2006) na Escola Universitaria de Relacións Laborais do campus de Leioa (Bizkaia) da Universidade do País Vasco.
Estaremos moi atentos e tomaremos boa nota da súas aportacións.










