Se muestran los artículos pertenecientes a Marzo de 2006.
02/03/2006
TITULACIÓNS UNIVERSITARIAS E NOTAS DE CORTE

Unha das preguntas frecuentes e das preocupacións de moitos adolescentes ten que ver coas notas de corte necesarias para poder realizar os estudos desexados.
Agora, -por iniciativa do Ministerio de Educación e Cultura e do Consello de Coordinación Universitaria- xa dispomos dunha páxina web que nos facilita a consulta da oferta pública de prazas universitarias e as notas de corte .
Información relacionada:
06/03/2006
PRIMEIRO CUMPREANOS DO BLOG DE ORIENTACIÓN

A Guía de Información Académica e Profesional é un Blog de Orientación en construcción permanente que pretende ofrecer, a medio prazo, un servizo de información académica e profesional relativamente completo, actualizado e participativo.
6 de marzo de 2005 - 6 de marzo de 2006
11/03/2006
ACTIVIDADES DE ORIENTACIÓN CON INTERNET EN 1º DE BACHARELATO
En 1º de Bacharelato estamos procurando que o alumnado se familiarice coas novas tecnoloxías. Para elo, en sesións anteriores, cada alumno dotouse dunha conta de correo electrónico en YAHOO (primeira sesión), creou un blog en BLOGIA e comezamos a aprender sobre a publicación de información no noso blog (segunda sesión).
Na sesión do día 13 de marzo de 2006 vamos dar un paso máis na aprendizaxe. En primeiro lugar, vamos suscribir unha conta para cada alumno/a en BLOGLINES.
En segundo lugar, unha vez recibida a confirmación da nosa suscrición en Bloglines e realizada a validación correspondente no noso correo electrónico, procederemos a utilizar o servizo de suscrición de novas . Antes de pechar o correo electrónico, mandaremos unha mensaxe a: iesbarbon@gmail.com na que anotaremos: (Asunto= o meu blog) (texto= nome completo do meu blog).
En terceiro e último lugar, suscribimos -engadimos- no noso Bloglines -previa identificación do servizo de RSS- o Blog de Orientación, o Blog de Matemáticas e o Blog Blogalego .
17/03/2006
AS FUTURAS CARREIRAS UNIVERSITARIAS

Parece ser que a reforma dos estudos universitarios vai rematar no ano 2010. O proceso de planificación dos cambios nas distintas titulacións (72 ensinanzas de grao no catálogo provisional) xa está listo.
Para máis información podemos consultar aquí .
Aportacións anteriores sobre a reforma dos estudos universitarios.
24/03/2006
TRABALLANDO PARA APRENDER SOBRE BLOGS NA EDUCACIÓN
Estamos realizando un Seminario Permanente para aprender sobre novas tecnoloxías na educación e, especialmente, sobre os blogs como ferramentas de aprendizaxe.
O Seminario Permanente leva por título: "Internet como recurso didáctico: creación de páxinas web (bitácoras ou blogs)".
28/03/2006
GUÍA DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA

Presentamos unha páxina de información sobre os estudos universitarios, unha Guía de Orientación Universitaria . Consideramos que se trata dunha ferramenta informativa moi completa -consta de 45 cadernos informativos- que facilita información, entre outros moitos aspectos, sobre as saídas profesionais e laborais das setenta titulacións máis demandadas.
A finalidade é procurar axudar ó alumnado a reflexionar e tomar unha decisión madura e realista sobre o seu futuro.











