Se muestran los artículos pertenecientes a Febrero de 2006.
03/02/2006
NOVAS APORTACIÓNS SOBRE A REFORMA DOS ESTUDOS UNIVERSITARIOS
A reforma dos estudos universitarios vai rebaixar a duración da maioría das titulacións ( 3 anos) e potenciar as prácticas
Os 22 novos títulos universitarios.
Os novos estudos universitarios (OUTRAS INFORMACIÓNS).
O ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (E.E.E.S.)
Información do xornal "El Mundo" do venres, día 10 de febreiro de 2006 .




08/02/2006
RECURSOS PEDAGÓXICOS PARA TOD@S
Domingo Méndez da conta dunha manchea de recursos pedagóxicos, moitos deles planificados e realizados para o alumnado que presenta necesidades educativas especiais. O seu autor, Bernat Orellana Pozo facilítanos unha referencia de cada material e as webs e blogs nas que podemos localizar o recurso didáctico e toda a información necesaria.09/02/2006
SER ADOLESCENTE HOXE
Luis Barriocanal da conta dunha nova publicación que recolle os traballos presentados no Congreso "Ser adolescente hoy". Podemos consultar o texto das comunicación e ponencias e visualizar algunhas das distintas intervencións.10/02/2006
CONTRA O FRACASO ESCOLAR: APRENDER A ESTUDAR

Na edición de hoxe do xornal dixital "La Región ", podemos ler que o I.E.S. "Xesús Taboada Chivite" de Verín puxo en marcha un Programa Educativo de loita contra o fracaso escolar.
O Plan de Apoio, Reforzo e Orientación -que afecta a tres grupos de 10 alumnos//as- pretende funcións diferentes: a) a potenciación dos hábitos de traballo e lectura, b) ensinar técnicas de estudo e c) tratar de que os/as alumnos/as sexan autónomos/as no seu proceso de aprendizaxe.
Unha experiencia educativa moi interesante.
15/02/2006
¡ NORABOA PARA @S GAÑADOR@S !

Os alumn@s deste centro:
BIEITO BARREIRA BARREIRA
JUAN MANUEL TEIXEIRA ZARRAQUIÑOS
NEREA SALGADO JIMÉNEZ
NOELIA SALGUEIRO LÓPEZ
VALENTINA SALGADO RODRÍGUEZ
FORON GAÑADORES DO CERTAME DE CURTOS CINEMATOGRÁFICOS
ESCOLA DE AUDIOVISUAIS DE PONTEVEDRA
16/02/2006
VOLUNTARIADO DE NOVAS TECNOLOXÍAS EN RED-CONECTA VERÍN

No blog de Redconecta Verín podemos ler distintas informacións sobre as actividades que realiza e os novos proxectos que ten previsto poñer en marcha.
As actividades formativas que ofrece podemos consultalas nos servizos que ofrecen en RED CONECTA.
Para coñecer o novo proxecto Conecta Xoven e as súas metas visitaremos CONECTA XOVEN.
Para rematar e completar a información, podemos ler as características do Curso de Voluntariado en Novas Tecnoloxías .
20/02/2006
TÉCNICAS DE ESTUDO: ESCRIBIR PARA APRENDER
Xa temos recomendado diferentes materiais dixitais de interese sobre hábitos e técnicas de estudo. A nova aportación que queremos recomendar pode ser de moita utilidade. Cremos que é necesario escribir para aprender mellor , polo que aconsellamos a súa lectura atenta. 22/02/2006
APLICACIÓNS E PROGRAMAS INFORMÁTICOS SEN COSTE

Existe unha importante e numerosa oferta de aplicacións e programas informáticos que podemos utilizar sen coste. Por elo, é necesario coñecer algúnha das páxinas web nas que se informa sobre tal tipo de aplicacións.
En primeiro lugar, unha interesante proposta que se recolle en AULA21 e que levan a cabo en León.
En segundo lugar, a novidosa aportación que representa a WEB 2.0.
En terceiro lugar, unha páxina que nos facilita a posibilidade de baixar un cd con aplicacións sen coste.
24/02/2006
¡ NORABOA A VIEIROS POLO SEU DÉCIMO ANIVERSARIO !

¡ NORABOA A VIEIROS POLO SEU DÉCIMO ANIVERSARIO!
Dez anos nos teus ollos
O 24 de febreiro de 1996 a primeira páxina de Vieiros vía a luz en Ferrol. Agora soa tópico dicir que non contabamos con botar dez anos e con converternos no medio en galego máis lido. Pero foi así. Durante o 2006 argallaremos distintos actos de celebración para agradecervos o voso apoio como lectores e lectoras, as informacións que nos enviastes, as vosas críticas. Grazas por deixarnos chegar ata aquí. Debémosvos unha.










