Se muestran los artículos pertenecientes a Enero de 2006.
03/01/2006
PROMESAS PARA COMEZAR 2006

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Xunta de Galiza) quere que tódalas aulas dos centros docentes teñan acceso a internet.
Para coñecer máis información sobre as medidas anunciadas podemos visitar Código Cero.
10/01/2006
RECURSOS DIDÁCTICOS DE CALIDADE

Cada día existen máis recursos didácticos en internet para poder ser utilizados nas aulas. Na web do Ministerio de Educación e Ciencia podemos visitar e coñecer os materiais curriculares agasallados -en distintas convocatorias- e clasificados por asignaturas.
11/01/2006
A XUNTA CONVOCA PROCESO SELECTIVO (100 PRAZAS DE AXENTES FORESTAIS)

No Diario Oficial de Galicia do día 9 de xaneiro de 2006, aparece publicada a Orde do 26 de decembro de 2005, pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo de Auxiliares Técnicos da Xunta de Galicia (grupo D), escala de axentes forestais. O prazo de presentación de solicitude é de vinte días naturais.
A orde de convocatoria pode consultarse aquí.
12/01/2006
PREMIOS SIEGA 2005 (MATERIAIS DIXITAIS)

Xa se coñecen os materiais educativos gañadores da convocatoria dos Premios SIEGA 2005.
Aproveitando a ocasión para felicitar ao profesorado agasallado pola gran calidade dos traballos, queremos deixar constancia do noso desacordo co feito de que máis da metade dos premios fosen declarados desertos (como se recolle no Blog de Ensino en galego).
¿Os blogs de moitos profesores/as son materiais educativos dixitais de potencial interese pedagóxico?.
¿Os premios Siega 2006 van considerar os blogs como materiais que poden ser premiados?
19/01/2006
A CLAVE DO TRABALLO DA/O ORIENTAD@R É A COLABORACIÓN

A compañeira Ana Torres acaba de publicar no xornal La Voz de Galicia unha interesante aportación sobre o traballo das/os orientadoras/es nos centros educativos.
Na súa aportación sinala, entre outros aspectos, a necesidade de plantexar a tarefa orientadora como un traballo colaborativo co conxunto da comunidade educativa.
24/01/2006
TITULACIÓNS UNIVERSITARIAS EUROPEAS
O Ministerio de Educación e Ciencia (MEC) rematou as propostas de directrices -preliminares- das primeiras titulacións adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES).
As 22 titulacións universitarias son:
| Filosofía | Linguas Modernas | Psicoloxía |
| Historia | Economía | Maxisterio (Educación Infantil) |
| Historia da Arte | Administración e Dirección de Empresas | Maxisterio (Educación Primaria) |
| Xeografía | ||
| Enxeñería Mecánica | Dereito | Enxeñería de Telecomunicacións |
| Física | Enxeñería Aeronáutica | Matemáticas |
| Xeoloxía | Bioloxía | Química |
| Fisioterapia | Medicina | Enfermería |
As novas titulacións universitarias.
O Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) no sistema universitario de Galiza .
26/01/2006
LIBROS INTERACTIVOS MULTIMEDIA

No Blog de Ensino en Galego dan conta dunha novidade interesante, o libro interactivo multimedia.
O recurso tecnolóxico presenta múltiples posibilidades no eido educativo (actividades de resposta múltiple, quebracabezas, sopa de letras, etc). Facilita un editor (Edilim) e o resultado está en formato flash.
30/01/2006
SOBRE OS CONTIDOS DO TEMA "XUVENTUDE"
O tema "Xuventude " agrupa distintos contidos de posible interese informativo para os adolescentes. Aportamos información, entre outras cuestións, sobre temas de educación sexual, drogas, problemas de alimentación (anorexia, bulimia), tabaquismo, música, etc.





31/01/2006
SOBRE OS CONTIDOS DO TEMA "BLOGS DE ALUMN@S"
O tema "Blogs de alumn@s" é unha novidade que, polo de agora, está en fase de preparación. Estamos traballando co alumnado na creación, planificación e mantemento do seu propio blog. Queremos que o blog se convirta -pouco a pouco- nunha ferramenta de traballo para aprender, de maneira principal, sobre temas de información académica e profesional.














