Se muestran los artículos pertenecientes a Diciembre de 2006.

04/12/2006

A MALA IMAXE DA EDUCACIÓN NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

20061203131718-medios1.jpg

Para comezar o mes de decembro e, como posible agasallo de Reis, quero comentar brevemente e recomendar un libro da autoría de Jaume Carbonell e de Antoni Tort que leva por título: "La educación y su representación en los medios".

O libro fai unha análise interesante e amplia das teorías implícitas e representacións sociais que os medios de comunicación realizan sobre a escola e a tarefa docente. Os autores poñen de manifesto a imaxe distorsionada - simplificada e non contextualizada- e catastrofista que se difunde cando se informa sobre educación.

Máis información:

Quaderns Digitals

Cuadernos de Pedagogía

04/12/2006 10:39 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES No hay comentarios. Comentar.

11/12/2006

APRENDER SOBRE OCUPACIÓNS LABORAIS E HABILIDADES SOCIAIS NA ESCOLA

20061211133348-1aula.jpg

AULA DIDÁCTICA DOS OFICIOS E OCUPACIÓNS

O taller de emprego Aula Oupacional do Concello de San Martín (Asturias) creou un equipo de traballo que elaborou 24 contos ilustrados sobre as ocupacións laborais e as habilidades sociais para estudantes de Primaria e primeiro ciclo de Secundaria.

A páxina web da Aula Didáctica dos Oficios e Ocupacións

presenta información sobre a realidade formativa, laboral e empresarial mediante o uso de contos, cómics, animacións e xogos interactivos coa pretensión de informar ó alumnado sobre as ocupacións existentes, a súa importancia e a súa demanda no mercado laboral.


Guía didáctica para o profesorado .

Un traballo moi interesante e necesario.  

11/12/2006 13:33 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: ORIENTARSE No hay comentarios. Comentar.

13/12/2006

E LOGO, TI ¿QUÉ VAS FACER?

13/12/2006 15:46 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: ORIENTARSE No hay comentarios. Comentar.

15/12/2006

AXUDAS PARA O ALUMNADO DE CICLOS FORMATIVOS NON VOCACIONAIS

20061215195651-bo.jpg Con data de 14 de decembro de 2006 publícase no Diario Oficial de Galicia a Orde que regula a concesión de axudas para alumnado de ciclos formativos non vocacionais. No IES "García Barbón", o alumnado que ten dereito a axuda é o que se relaciona no cadro superior.

 

 

15/12/2006 19:50 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: CICLOS FORMATIVOS No hay comentarios. Comentar.

22/12/2006

DE LUNS A VENRES: UN XORNAL EN GALEGO SEN COSTE

20061222110832-lv.gifSomos o primeiro xornal gratuíto en galego e feito integramente dende Galicia. E pertencemos ó Grupo El Progreso de comunicación.

Principiaremos distribuindo 50.000 exemplares nas sete grandes cidades galegas (Vigo, A Coruña, Santiago, Ourense, Lugo, Ferrol e Pontevedra).

O noso enderezo postal é:


DE LUNS A VENRES
Rúa Salvadas, 27
15705 Santiago de Compostela
22/12/2006 11:08 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES Hay 1 comentario.

28/12/2006

Número 50 de Código Cero (Revista de novas tecnolóxicas de Galicia)

20061228190041-codigoceropapel50.jpg
No número 50 da revista Código Cero aparece publicada unha entrevista sobre o traballo realizado no blog de ORIENTACIÓN.
Quero agradecer aos xornalistas de Código Cero a publicación das miñas opinións sobre o traballo que estamos a levar adiante no IES "García Barbón" de VERÍN -Ourense-.
O texto completo da entrevista podemos lelo na páxina 28 do Número 50 de Código Cero en PDF
28/12/2006 19:39 Autor: orientacion. Enlace permanente. Tema: NOVIDADES No hay comentarios. Comentar.


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]