Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Noviembre de 2005.

DESPOIS DE 2º DE BACHARELATO QUEREMOS ESTUDAR NA UNIVERSIDADE

20051129203251-25pict0043.jpg

Estudos universitarios preferidos polo alumnado de 2º de Bacharelato (Curso 2005/2006).

(A maioría do alumnado -92%- solicita información sobre estudos universitarios)

1.- Licenciado/a en Psicoloxía (8 alumnos/as interesados/as)

2.- Arquitectura Técnica (7 alumnos/as interesados/as)

3.- Publicidade e Relacións Públicas (7 alumnos/as interesados/as)

4.- Mestre/a de Educación Infantil (6 alumnos/as interesados/as)

5.- Enxeñería Técnica en Informática de Sistemas (5 alumnos/as interesados/as)

6.- Diplomado/a en Turismo (4 alumnos/as interesados/as)

7.- Licenciado/a en Pedagoxía (4 alumnos/as interesados/as)

8.- Licenciado en Xornalismo (4 alumnos/as interesados/as)

9.- Licenciado/a en Administración e Dirección de Empresas (3 interesados/as)

10.- Licenciado/a en Ciencias Políticas e da Administración (3 interesados/as)

11.- Licenciado/a en Comunicación Audiovisual (3 interesados/as)

12.- Licenciado/a en Filoloxía Inglesa (3 interesados/as)

13.- Licenciado/a en Filosofía (3 interesados/as)

14.- Mestre/a de Educación Primaria (3 interesados/as)

02/11/2005 15:51 #. TITULACIÓNS Hay 2 comentarios.

DESPOIS DE 2º DE BACHARELATO QUEREMOS CURSAR FORMACIÓN PROFESIONAL

20051103091036-fp1.jpg

Estudos de Formación Profesional preferidos polo alumnado de 2º de Bacharelato (Curso 2005/2006)

(Un 46% do alumnado -de dous grupos de 2º de Bacharelato- solicita información sobre estudos de Formación Profesional)

Familia profesional (alumnado interesado)

1.- Servizos socioculturais e a comunidade (9)

2.- Comunicación, imaxe e son (7)

3.- Comercio e marketing (6)

4.- Electricidade e electrónica (5)

5.- Deseño gráfico (4)

6.- Informática (3)

7.- Artes gráficas (3)

03/11/2005 09:06 #. CICLOS FORMATIVOS No hay comentarios. Comentar.

TITULACIÓNS MÁIS SOLICITADAS POLAS EMPRESAS

20051104124413-selec.jpg

A Fundación Universidade-Empresa acaba de editar a “Guía de las empresas que ofrecen empleo 2005-2006” que pretende ser unha ferramenta eficaz para planificar e xestionar  a busca de emprego.

O Informe –no que participaron 431 empresas- sinala que o sector da Informática e das Telecomunicacións  son as áreas que máis emprego  ofertan.  
 

No que afecta á demada de titulados/as, aínda que os enxeñeiros en Telecomunicacións e Informática son demandados/as pola metade das empresas, a carreira máis solicitada é Administración e Dirección de Empresas –o 62% do sector empresarial require tal especialidade-. Outras titulacións con demanda son: Enxeñería Superior Industrial, Economía, Informática, Dereito, Telecomunicacións e Empresariais.

 Os empresarios/as  prefiren titulados/as en carreiras técnicas (51.8%),  de Ciencias Sociais e Xurídicas (32.9%) e de Ciencias Experimentais e da Saúde (12.1%). 

Os titulados de Formación Profesional máis demandados pola empresa traballan nos Departamentos de Administración, Informática, Contabilidade e Finanzas e Atención ao cliente. Os perfís máis solicitados son os de tipo empresarial e técnico.

 Máis información:

XORNAL     EL PAÍS

XORNAL     EL MUNDO

04/11/2005 12:38 #. EMPREGO No hay comentarios. Comentar.

20 PREGUNTAS SOBRE A REFORMA EUROPEA DOS TÍTULOS UNIVERSITARIOS

20051111191125-eees.gif

O Espazo Europeo de Educación Superior (E.E.E.S) é un tema que xa temos tratado noutras ocasións, utilizando como fontes informativas as páxinas do Ministerio de Educación e Ciencia (MEC), das Universidades Galegas e a de Universia.

A referencia informativa que queremos recomendar: "20 preguntas sobre a reforma europea das titulacións universitarias" explica, dunha maneira sinxela e breve,   a nova estructura da ensinanzas universitarias (o prazo para ter listo o novo catálogo de titulacións remata en outubro de 2007) e as características xerais dos estudos de grao.

11/11/2005 19:11 #. UNIVERSIDADES Hay 2 comentarios.

REFLEXIÓNS DO ALUMNADO DE 1º DE BACHARELATO (CURSO 2005/2006)

20051118183001-dailyplanner-writing-md-wht.gif
  • Estudiar si que costa, hai que facer un esforzo. Creo que estudiando e esforzándome máis non terei problemas para aprobar.

 INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA "GARCÍA BARBÓN"

  • Supoño que os meus resultados non serán moi malos, porque me esforzo, traballo nas clases e na casa, estudo e compórtome bastante ben. Todo iso inflúe, por iso espero non suspender nada.

Outras aportacións: opinións dunha experta (Pilar Lacasa, catedrática de Universidade)

18/11/2005 18:30 #. ESTUDAR BEN No hay comentarios. Comentar.

PREPARARSE PARA BUSCAR UN EMPREGO

20051123162925-jcuckoo1.gif

 

O portal da  Educación Social  adica un apartado da súa web ó tema da orientación para o emprego.

Podemos consultar documentos para elaborar unha carta de presentación -con exemplos de cartas de presentación- e un currículum vitae -con exemplo de currículum vitae-.

Complementariamente, ofrece unha guía orientativa sobre a entrevista de traballo -con posibles preguntas nunha entrevista de traballo-.

Por último, facilita unha guía orientativa dun Plan de Empresa.

23/11/2005 16:16 #. EMPREGO No hay comentarios. Comentar.

APLICACIÓN INFORMÁTICA PARA CREAR ACTIVIDADES ESCOLARES

20051129195558-50recneve50.jpg
Ardora é unha aplicación informática que permite, a todas e todos os docentes, crear as súas propias actividades, en formato html, para os seus alumnos e alumnas dun xeito moi sinxelo.
Con Ardora pódense crear máis de 20 tipos distintos de actividades. O profesor ou profesora só debe centrar o seu esforzo nos elementos da actividade non no seu tratamento informático.
  
Máis información na páxina de "Ensino en Galego".
29/11/2005 13:33 #. No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris