Se muestran los artículos pertenecientes a Marzo de 2005.
03/03/2005
Información do sistema universitario de Galicia
A primeira web que vamos recomendar permite a CONSULTA DE TITULACIÓNS do sistema universitario de Galicia. Tal consulta pode realizarse en función de distintos criterios: a)estudos realizados (modalidade de Bacharelato, Formación Profesional de grao superior), b)información por universidades ou conxunta e c)datos das titulacións por área de coñecemento. a que se facilita aquí. A segunda web de interese é a da Comisión Interuniversitaria de Galicia. Para entrar na páxina preme aquí."> Páxina imprescindible para todo o relacionado co acceso á Universidade e coas P.A.A.U. -Probas de acceso á Universidade-Outras informacións que poden interesarche:
Cada ano, máis da metade dos licenciados deben emigrar se queren exercer a súa profesión.
A formación académica non é dabondo á hora de conseguir un traballo.
Cuestionarios e tests de orientación académica (1)

En internet podemos realizar tests e cuestionarios de orientación profesional. Para mostra visita a páxina. É un test de orientación profesional de 64 preguntas -con catro alternativas de resposta-. Outra posibilidade facilítacha a páxina web seguinte. Outro test de orientación profesional de maior amplitude (156 preguntas) con catro posibles respostas.
Cuestionario de formación profesional .-
07/03/2005
Emprego en Galicia
A metade dos parados galegos non cobran nen un eurodo Estado. A metade dos parados galegos, un total
de 99.242 persoas no ano 2004, non cobran nen un euro do Instituto Nacional de Emprego (INEM). Para coñecer a información completa visita "La Voz de Galicia".
ESTUDAR DIARIAMENTE
Non hai recetas nen fórmulas máxicas para estudar con maior eficacia. Cada persoa ten a súa particular maneira de enfrontarse ó estudo e de aprender os contidos. En todo caso, a primeira condición necesaria é adicarlle ó estudo DIARIAMENTE dúas ou tres horas.14/03/2005
O emprego e a xuventude galega
Dous de cada tres galegos menores de 35 anos dependen da familia.O 48,5% da xuventude galaica está no paro e case a metade da que
traballa faino de maneira precaria. A información completa pode
consultarse facendo clic aquí.
PRPOFESIÓNS CON EMPREGO
A partir da análise de 143.036 ofertas de emprego publicadas nos xornais e no portal Infoempleo, o INFORME INFOEMPLEO 2004 chega a conclusión de que é o arquitecto/a técnico/a o profesional máis solicitado. Os titulados universitarios máis demandados son: Enxeñeiros Técnicos de Obras Públicas, Enxeñeiros de Camiños, Arquitectos e Enxeñeiros Industriais. En xeral, enxeñeiros e arquitectos acaparan o 62,7% da oferta dirixida ós universitatios.
Na Formación Profesional, as familias profesionais con maior oferta de emprego son:
Comercio e Marketing, Administración, Fabricación Mecánica, Edificación e Obra Civil e Electricidade e Electrónica.
Por último, unha de cada tres ofertas de traballo cualificado valora o coñecemento de linguas estranxeiras (no 65,6% dos casos a lingua preferida é o inglés).
FONTE INFORMATIVA. Revista "Entre Estudiantes", Nº 122 (2005).
Máis información sobre as profesións con emprego aquí.
REVISTA "ENTRE ESTUDIANTES"
A revista ENTRE ESTUDIANTES é un dos recursos de información académica e profesional que nos aporta datos de interese para poder tomar decisións máis documentadas. Facilita información sobre carreiras universitarias -coa opinión de profesorado e alumnado-, ciclos formativos e outros estudos.A páxina web da revista pode consultarse aquí.
15/03/2005
Orientación profesional no Bacharelato
A utilización de internet como ferramenta para as tarefas de información académica e profesional fixo posible a selección de distintas páxinas web que consideramos de interese.Neste caso, facilítase información sobre distintos perfís profesionais. Entre outros datos, podemos ler información sobre as características da titulación, o perfil do estudante e as saídas profesionais.
RAMA TÉCNICA.
HUMANIDADES.
CIENCIAS SOCIAIS E XURÍDICAS.
CIENCIAS EXPERIMENTAIS E DA SAÚDE.
DANZA, MÚSICA, DESEÑO E ARTE DRAMÁTICO.
17/03/2005
A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Hoxe, día 17 de marzo de 2005 ás 12.40 horas no salón de actos do Instituto "García Barbón" vai ter lugar unha charla informativa sobre os estudos que se imparten na Universidade de Santiago de Compostela para o alumnado de 2º de Bacharelato. ¡Moitas grazas a Víctor Arce pola súa información!.
Máis información para estudantes de Ensino Medio de centros de Galicia, pode consultarse facendo clic aquí.
A páxina web da Universidade de Santiago que facilita o contacto informativo cos centros de Ensino Medio pode atoparse aquí.
Por último, para saber das titulacións e das súas saídas profesionais non podemos deixar de visitar o libro das titulacións.
Outras informacións que poden interesarche
Axudas da Universidade de Santiago para dotar os seus alumnos/as de ordenadores portátiles.
Titulacións, saídas profesionais e axuda para buscar emprego na Universidade de Santiago.
Límite de prazas na Universidade de Santiago.
A Universidade de Santiago (USC) entre as 500 mellores do mundo.
28/03/2005
DE 4º DE E.S.O. A 1º DE BACHARELATO (1)
DE 4º DE E.S.O. A 1º DE BACHARELATO (2)
DE 4º DE E.S.O. A 1º DE BACHARELATO (3)
DE 4º DE E.S.O. A 1º DE BACHARELATO (4)
DE 4º DE E.S.O. A 1º DE BACHARELATO (5)
DE 4º DE E.S.O. A 1º DE BACHARELATO (6)
-Reflexións do alumnado de 1º de Bacharelato-
29/03/2005
A UNIVERSIDADE DE A CORUÑA

O día 17 de marzo de 2005 demos conta da charla sobre a oferta formativa da Universidade de Santiago e de varias fontes informativas na rede. Hoxe, queremos ofrecer canles de documentación sobre a UNIVERSIDADE de A CORUÑA.
Para ter coñecemento da súa oferta formativa, podemos visitar a páxina de ESTUDOS.
Outra web interesante é a do Servizo de Asesoramento e Promoción do Estudante (SAPE).
Por último, podemos completar os datos coa visita á páxina sobre as titulacións e as súas saídas profesionais.
OUTRAS INFORMACIÓNS DE INTERESE:
31/03/2005
A UNIVERSIDADE DE VIGO

Para completar o mapa universitario de Galicia, hoxe vamos a mostar tres fontes informativas de interese sobre a UNIVERSIDADE DE VIGO.
En principio, información sobre o acceso premendo aquí.
En segundo lugar, unha perspectiva detallada sobre a oferta formativa.
En terceiro e último lugar, recomendamos ler con atención a Guía das Saídas Profesionais. No Departamento de Orientación dispomos da Guía das Saídas Profesionais da Universidade de Vigo en cd-rom.
Outras informacións que poden interesarche:
O Campus de Vigo convertiráse nun dos centros académicos con maior potencial empresarial.










