Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Diciembre de 2005.

II CONGRESO NACIONAL DE ORIENTACIÓN

20051202195635-faro3t.gif

Congreso Nacional de Orientación

Os cambios que veñen no campo educativo, xunto coas novas demandas da sociedade, obrigan a unha revisión e actualización da orientación para encontrar respostas eficaces no ámbito persoal, educativo e profesional. Este obxectivo é o que mobilizará a centos de profesionais que se darán cita no segundo Congreso Nacional de Orientación, no palacio de congresos de Mérida, os días 2, 3 e 4 de decembro.

Promovido pola COPOE (Confederación de Organizacións de Psicopedagoxía e Orientación de España) e organizado por APOEX (Asociación Profesional de Orientadores en Estremadura) o evento supón dotar de continuidade ao movemento asociativo que xerminou no primeiro encontro nacional celebrado en Toledo no 2003. (Información do xornal "La Voz de Galicia")

Web oficial do evento: http://www.apoex.net/encuentro/index.htm.

Entrevista con Juan A. Planas  -Coordinador  da Confederación de Organizacións de Psicopedagoxía e Orientación de España- (COPOE).

DOSSIER INFORMATIVO E CONCLUSIÓNS   do II Congreso Nacional de Orientación

02/12/2005 19:54 Daniel Veiga #. No hay comentarios. Comentar.

DEZ MIL VISITAS EN 9 MESES

20051203234430-75diapositiva1si.jpg

O día 6 de Marzo de 2005 instalamos no blog de Orientación un contador de visitas. Hoxe, nove meses despois, xa superamos as 10.000 visitas.  Aproveitando a ocasión, queremos agradecer a todos/as o seu interese e opinión. MOITAS GRAZAS.

03/12/2005 22:50 #. Hay 4 comentarios.


BOLSAS, AXUDAS, CONCURSOS E PREMIOS

20051209212530-25pict0579.jpg

Un blog que nos informa -diariamente- dunha manchea de bolsas, axudas, concursos e premios.  Recollemos a proposta na web de AULABLOG21 e, hoxe,  - a dúas semanas das vacacións de Nadal- queremos recomendar unha visita O BLOG das bolsas, axudas, concursos e premios.

Contamos coa posibilidade de buscar por palabras -posúe un buscador interno- e  por categorías (bolsas, axudas, concursos, cursos e premios). Unha interesante fonte informativa.

09/12/2005 21:25 Daniel Veiga #. XUVENTUDE No hay comentarios. Comentar.

EMILIO RÚA, CANTAUTOR DA COMARCA , GAÑA NO FESTIVAL DE CANTAUTORES

20051213205122-erua.gif

Emilio Rúa -natural do Concello de Riós- acaba de gañar o Festival de Cantautores de Elxe con "Querida alegría", unha canción interpretada en galego.

 

Visita a súa páxina web e escoita a canción gañadora. 

Unha voz fantástica, cancións cheas de sentimentos, unha capacidade inmensa para a composición e a producción, e un estilo absolutamente persoal e característico son as bazas de Emilio Rúa, un cantautor a ter en conta, un dos maiores expoñentes da canción de autor galega e nacional, ó que só lle falla xirar polo país para demostrar o seu enorme potencial.

Máis información:

Letras e música do seu cd.

 Páxina de cantautores do mundo.

   
13/12/2005 18:11 Daniel Veiga #. XUVENTUDE No hay comentarios. Comentar.

OPOSICIÓNS PARA OS CORPOS AUXILIAR E SUBALTERNO DA XUNTA DE GALICIA

20051217235651-dogas.gif

No Diario Oficial de Galicia (DOG) do 15 de decembro de 2005 aparece publicada a convocatoria de proceso selectivo para 117 prazas do corpo de auxiliares (grupo D) e 70 prazas do corpo de subalternos (grupo E).

Información completa das convocatorias:

117 prazas do grupo D (corpo de auxiliares)

70 prazas do grupo E (corpo de subalternos)

17/12/2005 23:23 Daniel Veiga #. ITINERARIOS Hay 1 comentario.

A GRAN SORPRESA DO DÍA DE REIS

20051220175419-30pict0584.jpg

No Blog de José Luis Orihuela podemos ver un vídeo para felicitar as festas de nadal que pode que nos sorprenda.

Vídeo felicitación de Nadal.

20/12/2005 09:27 Daniel Veiga #. No hay comentarios. Comentar.


Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris