G U Í A --- D I D Á C T I C A
O tema no que se facilita información sobre a situación actual do mercado laboral leva por nome Emprego.
As propostas informativas que se poden ler teñen relación con distintas cuestións: titulacións máis demandadas , novas profesións , mercado laboral e inserción dos estudantes, Informes e Anuarios sobre a evolución do emprego , etc.
Para complementar tales aportacións, incluimos novas de actualidade provintes dos xornais e das revistas especializadas.
O tema que se relaciona coa formación sobre hábitos e técnicas de estudo chamámoslle Estudar ben.
Neste tema, as aportacións teñen unha marca de identidade vinculada á experiencia académica do alumnado de 1º de Bacharelato do IES García Barbón, os textos que se poden ler son reflexións dos adolescentes sobre os resultados da primeira avaliación.
Para complementar tales aportacións, incluimos unha serie de páxinas web seleccionadas nas que se dan consellos , suxerencias e pautas de traballo para mellorar os nosos hábitos e técnicas de estudo.
A información seleccionada que se facilita sobre a Selectividade no Blog de Orientación está recollida no tema Selectividade.
Neste tema, as aportacións teñen un marcado carácter didáctico. Prepararse para a selectividade , recursos en internet para a selectividade, saber máis sobre a selectividade , normativa, etc.
No Blog de Orientación incluimos o conxunto da oferta formativa de Formación Profesional en Galicia baixo o tema ou categoría Ciclos Formativos. A información que se facilita está agrupada por familias profesionais. Complementariamente, en cada familia profesional, aparecen datos relacionados coas saídas laborais e a demanda de titulados de Formación Profesional -informe da Cámaras de Comercio e Infoempleo 2004- e información sobre o contexto laboral da xuventude galega. Para rematar, inclúense referencias documentais -Libros da colección "Elige tu futuro" e artigos da Revista "Entre Estudiantes"- que temos no Departamento de Orientación.
Un dos temas nos que se estructura a información do Blog de Orientación ten relación co que chamamos Itinerarios. O tema "itinerarios" está estreitamente vinculado co tema "orientarse", polo que aconsellamos -sobre todo cando hai dúbidas na toma de decisións académicas e profesionais- visitar, en primeiro lugar, ORIENTARSE. Neste apartado ou tema, procuramos ofrecer, por unha banda, as alternativas formativas vinculadas ás titulacións oficiais:
Itinerarios formativos a partir de 4º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO)
Itinerarios formativos a partir dun Ciclo Formativo de Grao Medio
Itinerarios formativos a partir de 2º de Bacharelato
Itinerarios formativos a partir dun Ciclo Formativo de Grao Superior, e, por outra banda, distintas posibilidades instructivas que poderían ser de interese para o alumnado: por exemplo, opositar , estudar a distancia, outras profesións , formación mediante o uso de internet, aprender idiomas no estranxeiro, etc.
Para saber máis
Organigrama do sistema educativo
Títulos oficiais
Portal de Orientación do Ministerio de Educación
Portal de EDUCAWEB
Web de TODOESTUDIOS
Web de UNIVERSIA
Unha das posibles saídas laborais -moi frecuente na provincia de Ourense- pode ser a de preparar unha oposición. Por elo, antes de tomar a decisión, parece convinte ter en conta as recomendacións que se anotan neste artigo da Revista Consumer.
Recomendacións xerais para preparar unha oposición
Emprego público
Para saber máis.
Información sobre oposicións e emprego da Rede de Información e Documentación Xuvenil da Xunta de Galicia
Páxina de información sobre oposicións Portal do opositor Academia Postal
As carreiras e profesións con máis futuro
Unha parte importante dos adolescentes, independentemente dos estudos que queiran realizar, sempre preguntan sobre as potenciais saídas laborais que ten a formación académica elexida.
Para procurar axudar á mocidade na súa toma de decisións -no cambiante e difícil mundo laboral- recomendamos a lectura deste artigo sobre as novas profesións e as carreiras e profesións con máis futuro.
Para saber máis:
Sobre as novas profesións en EDUCAWEB
Guía de novas profesións de EDUCAWEB
Na modalidade de Ensinanzas Deportivas a oferta é de Ciclo Medio e Ciclo Superior de fútbol e Ciclo Medio e Ciclo Superior de fútbol sala.
Para saber máis
Ensinanzas deportivas na páxina web do Ministerio de Educación e Ciencia
Cada día se fala máis da importancia formativa -cualificación profesional- e das boas saídas laborais de moitos dos estudantes de Formación Profesional. Na revista dixital Expansión & Empleo podemos ler un artigo de Carlos López Combarros sobre a importancia dos estudos de Formación Profesional.
A primeira web que vamos recomendar permite a CONSULTA DE TITULACIÓNS do sistema universitario de Galicia. Tal consulta pode realizarse en función de distintos criterios: a)estudos realizados (modalidade de Bacharelato, Formación Profesional de grao superior), b)información por universidades ou conxunta e c)datos das titulacións por área de coñecemento. a que se facilita aquí. A segunda web de interese é a da Comisión Interuniversitaria de Galicia. Para entrar na páxina preme aquí."> Páxina imprescindible para todo o relacionado co acceso á Universidade e coas P.A.A.U. -Probas de acceso á Universidade-
Outras informacións que poden interesarche:
Cada ano, máis da metade dos licenciados deben emigrar se queren exercer a súa profesión.
A formación académica non é dabondo á hora de conseguir un traballo.
Queremos pedirche a túa participación, colaboración e opinión na Guía de Información Académica e Profesional. Estamos seguros de que a túa experiencia académica e/ou profesional pode axudar a outras persoas a tomar decisións máis axeitadas sobre os seu futuro.
Os estudantes dos primeiros cursos (universitarios/as e de Ciclos de Grao Superior),os/as titulados/as recentes (universitarios/as e de Ciclos Formativos de Grao Superior),os profesionais dos distintos sectores productivos, as familias, as persoas interesadas poden opinar nos espazos correspondentes das distintas titulacións ou familias profesionais, no apartado que no blog se reserva para COMENTAR.
Nos dous casos –universitarios e alumnado de Ciclos de Grao Superior- tedes que pensar no voso/a receptor: o alumnado de 2º de Bacharelato.
Os vosos consellos e recomendacións poden ter relación con temas académicos (Bacharelato realizado, estudos seleccionados, satisfacción persoal, etc) ou calquera outra cuestión de potencial interese.
1.- Consellos entre alumnos/as: de adolescentes de 2º de Bacharelato para mozos/as de 1º de Bacharelato.
2.- Consellos entre alumnos/as: de adolescentes de 1º de Bacharelato para mozos/as de 4º de ESO.
3.- Consellos entre alumnos/as: de adolescentes de Ciclos Formativos de Grao Medio para mozos/as de 4º de ESO.
4.- Consellos entre alumnos/as: de mozos/as de 4º de ESO para adolescentes de 3º de ESO.
Grazas pola túa colaboración.
Para redactar o teu consello visita o apartado que tes reservado no blog para COMENTAR.
A túa opinión conta: consellos do alumnado de 4º de Educación Secundaria Obrigatoria
O alumnado de 4º de Educación Secundaria Obrigatoria pode dar os seus consellos e recomendacións para os adolescentes de 3º de Educación Secundaria Obrigatoria.
Os consellos e recomendacións que se queiran realizar poden ser de tipo escolar (dificultade e/ou facilidade das distintas asignaturas, profesorado, compañeiros/as, hábitos de estudo, etc), relacionados coa orientación académica (plans de futuro, preferencias e intereses profesionais, información sobre estudos e saídas laborais, etc) ou calquera outra aportación que se considere de potencial interese.
Grazas pola túa colaboración.
Para redactar o teu consello visita o apartado que tes reservado no blog para COMENTAR.
A túa opinión conta: consellos do alumnado de Ciclos Formativos de Grao Medio
O alumnado de Ciclos Formativos de Grao Medio pode dar os seus consellos e recomendacións para os adolescentes de 4º de Educación Secundaria Obrigatoria.
Os consellos e recomendacións que se queiran realizar poden ser de tipo escolar (escolla do Ciclo Formativo, dificultade dos módulos formativos, hábitos de estudo, etc), relacionados coa orientación académica (razóns que teñen para querer cursar Formación Profesional, plans de futuro, dificultades, etc) ou calquera outra aportación que se considere de potencial interese.
Grazas pola túa colaboración.
Para redactar o teu consello visita o apartado que tes reservado no blog para COMENTAR.
A túa opinión conta: consellos do alumnado de 1º de Bacharelato
O alumnado de 1º de Bacharelato pode dar os seus consellos e recomendacións para os adolescentes de 4º de Educación Secundaria Obrigatoria.
Os consellos e recomendacións que se queiran realizar poden ser de tipo escolar (escolla da modalidade de Bacharelato, dificultade das asignaturas, hábitos de estudo, etc), relacionados coa orientación académica (razóns que teñen para querer cursar determinados estudos, plans de futuro, dificultades, etc) ou calquera outra aportación que se considere de potencial interese.
Grazas pola túa colaboración.
Para redactar o teu consello visita o apartado que tes reservado no blog para COMENTAR.
A túa opinión conta: consellos do alumnado de 2º de Bacharelato
A experiencia acumulada na súa ampla traxectoria académica posibilita que o alumnado de 2º de Bacharelato poida dar algúns consellos para os adolescentes que comezan 1º de Bacharelato.
Os consellos e recomendacións que se queiran realizar poden ser de tipo escolar (escolla da modalidade de Bacharelato, dificultade das asignaturas, hábitos de estudo, etc), relacionados coa orientación académica (razóns que teñen para querer cursar determinados estudos, plans de futuro, dificultades, etc) ou calquera outra aportación que se considere de potencial interese.
Grazas pola túa colaboración.
Para redactar o teu consello visita o apartado que hai reservado no blog para COMENTAR.
O Observatorio Ocupacional facilítanos información interesante sobre o mercado laboral. Cando temos que tomar unha decisión sobre o noso futuro profesional é convinte ter en conta as tendencias do mercado laboral e valorar os datos cuantitativos que se nos proporcionan.
Podemos localizar a situación no mercado laboral das distintas titulacións de Formación Profesional, da totalidade dos títulos universitarios e de outras titulacións.
Datos do Observatorio Ocupacional
Unha vez que xa tes superada a selectividade e decidiches o que queres estudar, é posible que teñas preocupación por saber si a titulación que queres cursar non precisa dunha nota de corte alta ou moi alta. No sistema universitario de Galicia, a páxina de referencia imprescincible é a da Comisión InterUniversitaria de Galicia (CIUG)
Si a túa meta é estudar fóra de Galicia, podes coñecer as distintas notas de corte -incluidas as de Galicia- no buscador de notas de corte
A teleformación ou "e-learning" -formación mediante o uso de internet- permite aprender sen problemas de lugar ou horario e presenta unha crecente oferta educativa.
Coa pretensión de coñecer algo máis sobre a teleformación, as súas vantaxes, a fiabilidade da formación e a súa situación actual recomendamos a lectura do artigo da Revista Consumer.
Para saber máis
O crecemento da teleformación
O xornal "EL Mundo" realiza un estudo sobre as 50 titulacións más demandadas, e, despois da aplicación dunha serie de indicadores, plantexa unha serie de recomendacións en relación coas institucións universitarias máis recomendables. Informe sobre titulacións universitarias de "EL MUNDO"
Para saber máis
Ranking de Universidades