Blogia

GUÍA DE INFORMACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

O PAPEL DA FAMILIA NA ORIENTACIÓN PROFESIONAL

O  PAPEL  DA  FAMILIA  NA ORIENTACIÓN  PROFESIONAL

O papel da familia na orientación profesional é un documento breve e interesante para axudar ás familias nas tarefas de orientación académica e profesional dos seus fillos e fillas (14-18 anos).

Outras aportacións de interese para as familias e os/as adolescentes

Diario de un adolescente -materiais sobre anorexia, bulimia, drogas, cine, libros, etc.-

Adolescencia: etapa desconcertante

UN TEMA DE ACTUALIDADE PERMANENTE: AS DROGAS

UN  TEMA DE ACTUALIDADE  PERMANENTE:  AS   DROGAS

As novas relacionadas co incremento do consumo de drogas e os seus efectos son, desgraciadamente, informacións que nos chegan constantemente. Cremos que a información pode e debe xogar un papel importante na prevención, por elo, vamos recomendar a lectura de aportacións interesantes para educar e concienciar aos adolescentes.
En primeiro lugar, un artigo do xornal "El País" sobre O incremento do consumo de cocaína nos adolescentes.
En segundo lugar, outro artigo do xornal "La Voz de Galicia" sobre As drogas e os seus efectos.

Outras informacións de interese
Mitos sobre as drogas
Portal de información sobre drogas
Unha proposta informativa suxerente, entre outras cuestións, sobre drogas
A dobre trampa das drogas

WEBQUEST  SOBRE  AS  DROGAS 

 

SAÍDAS PROFESIONAIS DAS TITULACIÓNS UNIVERSITARIAS

SAÍDAS  PROFESIONAIS  DAS TITULACIÓNS  UNIVERSITARIAS

O portal UNIVERSIA é unha ferramenta de información académica e profesional para pre-universitarios/as e universitarios/as moi completa e de calidade.
Unha das aportacións que nos facilita ten que ver coas saídas profesionais dos universitarios/as, en función das distintas ramas de coñecemento e por titulacións.
* Titulacións universitarias de Humanidades
* Titulacións universitarias de Ciencias Experimentales
* Titulacións universitarias de Ciencias Sociais e Xurídicas
* Titulacións universitarias Técnicas
* Titulacións universitarias de Ciencias da Saúde

EDUCACIÓN, FORMACIÓN E TRABALLO

EDUCACIÓN, FORMACIÓN E TRABALLO

A páxina web pioneira e con máis amplitude de contidos de información académica e profesional é, sen dúbida, EDUCAWEB.
É complexo explicar en poucas liñas a variedade e calidade da información que se pode consultar nesta web. Toda a información sobre os estudos e a formación en España, servizos de orientación académica e profesional, monográficos e publicacións periódicas, etc.
Nesta nosa pequena aportación queremos recomendar a información que se proporciona sobre os estudos universitarios e de Formación Profesional.

OFERTA FORMATIVA DO IES

OFERTA  FORMATIVA DO IES

CICLO FORMATIVO DE GRAO SUPERIOR
Ciclo Superior de Administración e Finanzas.
BACHARELATOS
Bacharelato de Humanidades, Ciencias Sociais e Tecnoloxía.
CICLOS DE GRAO MEDIO
Ciclo Medio de Xestión Administrativa.
Ciclo Medio de Enfermería
Ciclo Medio de Mantemento
Ciclo Medio de Automoción

PROGRAMAS DE GARANTÍA SOCIAL
Moda
Automoción
Metal
Educación de Adultos

ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS
1º, 2º e 3º curso de Inglés.

FOTO DO CARTEL DA OFERTA FORMATIVA 2005/2006

PROGRAMAS DE GARANTÍA SOCIAL

Os Programas de Garantía Social facilitan unha formación de carácter non regrado de duración anual (1 curso académico).
Para poder realizar un Programa de Garantía Social (PGS) é necesario: ter entre 16 e 21 anos, non ter superada a Educación Secundaria Obrigatoria e non posuír titulación de Formación Profesional.
A finalidade dos PGS é dobre: por unha banda, pretenden recuperar ao alumnado para proseguir estudos (proba de acceso aos Ciclos de Grao Medio) e, por outra banda, posibilitan a preparación do alumnado para o mundo laboral.

Programas de Garantía Social no IES García Barbón
Axudante/a de mecánica xeral e electricidade do vehículo
Operario/a de construccións metálicas en aluminio
Operario/a maquinista de confección industrial

Máis información
Programas de Garantía Social en Galicia 2005/2006
Información do Ministerio de Educación

SERVIZO DA UNIVERSIDADE DE A CORUÑA

SERVIZO DA UNIVERSIDADE DE A CORUÑA

A Universidade de A Coruña informa da creación dun novo servizo que chaman "Unidade universitaria de atención á diversidade". Tal servizo agrupa catro programas de traballo. O primeiro programa é o de incorporación á Universidade.O segundo ten que ver coa atención personalizada ó alumnado con discapacidade sensorial-auditiva, deficiencia visual, problemas de mobilidade, enfermidade crónica e atención á diversidade sociocultural. O terceiro programa é o de asesoramento educativo ao profesorado. O número catro é o de apoio tecnolóxico ás persoas con discapacidade.
Máis información na web.

ITINERARIOS A PARTIR DE 4º DE E.S.O.

En primeiro lugar, queremos ofrecer un esquema e a correspondente explicación sobre os estudos de Educación Secundaria Obrigatoria (E.S.O) e facilitamos a Estructura da Educación Secundaria Obrigatoria.
En segundo lugar, podemos informarnos sobre as posibilidades que temos, tanto si xa temos o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria como si non temos tal titulación, polo que temos que visitar os Itinerarios a partir de 4º de ESO
En terceiro lugar, temos que pararnos a reflexionar e, para elo, é necesario ter en conta as fases para tomar unha decisión.

En cuarto e último lugar, podemos cumplimentar o cuestionario que nos axuda a seleccionar unha modalidade de Bacharelato ou o Test de intereses profesionais -despois de 4º de ESO-

Outras informacións de interese
Organigrama do sistema educativo
Títulos oficiais

ITINERARIOS A PARTIR DE 2º DE BACHARELATO

En primeiro lugar, mostramos as características e estructura do Bacharelato na web da Xunta sobre os Estudos de Bacharelato

En segundo lugar, presentamos os Itinerarios a partir de 2º de Bacharelato

En terceiro lugar, recomendamos visitar os consellos para tomar unha decisión sobre o teu futuro académico e profesional.

En cuarto e último lugar, pode ser de axuda a realización de cuestionarios de intereses profesionais e test de orientación profesional que se facilitan no Blog de Orientación

Outras informacións de interese
Organigrama do sistema educativo
Títulos oficiais

ITINERARIOS A PARTIR DUN CICLO DE GRAO MEDIO

Unha parte do alumnado que realiza un Ciclo de grao Medio ten previsto integrarse no mundo laboral, sen embargo, algúns alumnos e alumnas queren estudar máis, polo que teñen que coñecer os itinerarios a partir dun Ciclo de Grao Medio
Unha referencia obrigada para informarse sobre ciclos formativos en Galicia podemos consultala na web da Formación Profesional en Galicia (Xunta de Galicia)
Como en calquera proceso de toma de decisións, é recomendable ter en conta unha serie de pasos a seguir para decidir con acerto.
Na comarca de Verín podes informarte no Blog sobre a oferta de ciclos formativos e programas de garantía social do IES García Barbón

Outras cuestións de interese
Organigrama do sistema educativo
Títulos oficiais

ITINERARIOS A PARTIR DUN CICLO FORMATIVO DE GRAO SUPERIOR

Unha parte importante do alumnado que cursa un Ciclo de Grao Superior pretende integrarse no mundo laboral, sendo escasa a porcentaxe dos alumnos/as que prefiren continuar estudando. Para coñecer todas as posibilidades, podemos visitar os Itinerarios a partir dun Ciclo Formativo de Grao Superior

En todo caso, antes de tomar unha decisión é recomendable seguir unha serie de pasos ou factores a ter en conta

Unha páxina de obrigada visita para enterarse sobre Ciclos Formativos é a de Información sobre a Formación Profesional en Galicia

Na comarca de Verín tes moita información no Blog de Ciclos do IES "García Barbón"

Outras informacións de interese
Organigrama do sistema educativo
Títulos oficiais

ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (EEES)

No ano 1999, ponse en marcha a construcción do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) coa sinatura da Declaración de Boloña, o que conleva a homologación e homoxenización dos estudos universitarios en Europa.
A Universidade de Santiago de Compostela facilita unha interesante información en relación co Espazo Europeo de Educación Superior no que podemos consultar, entre outros temas, aspectos xerais, estructuración das titulacións, homologacións e convalidacións, sistema de créditos, suplemento europeo ao título e glosario.

O Espazo Europeo de Educación Superior na Universidade de Santiago de Compostela.
Espazo Europeo de Educación Superior da Universidade da Coruña
Espazo Europeo de Educación Superior da Universidade de Vigo

Para saber máis

Monográfico de Educaweb sobre O Espazo Europeo de Educación Superior

GUÍA UNIVERSIDADES 2005-2006.

A primeira guía oficial de titulacións universitarias de España.
O catálogo trata de proporcionar ós futuros universitarios/as toda a información sobre as 140 carreiras que se poden cursar na actualidade.
O documento aporta información pormenorizada sobre a historia da Universidade, aspectos docentes, investigación, instalacións e servizos, notas de corte, anos de duración das titulacións, créditos, pasarelas, número de prazas e campus nos que se imparten os estudos, entre outros datos.
A guía é unha iniciativa da Conferencia de Rectores de Universidades Españolas (CRUE), o Ministerio de Educación e o portal Universia.es.
Entrar na "Guía de Universidades. Catálogo Oficial de Titulacións".

EQUIVALENCIAS E VALIDACIÓNS DE ESTUDOS NA E.S.O.

Equivalencias a efectos académicos e validacións da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).

Sistema anterior- Sistema novo- Educación de Adultos
7º de EXB---------------------1º de ESO---------------1º Módulo
8º de EXB---------------------2º de ESO---------------2º Módulo
1º BUP/1º FPI---------------3º de ESO---------------3º Módulo
2º BUP/2º FPI---------------4º de ESO---------------4º Módulo

APRENDER A TOMAR DECISIÓNS

APRENDER  A  TOMAR  DECISIÓNS

Saber tomar decisións sobre o noso futuro académico e profesional -eficazmente- é unha tarefa que require unha aprendizaxe específica que, xeralmente, temos un tanto relegada ou non consideramos importante.
Coa finalidade de axudar a melllorar o noso proceso de toma de decisións queremos recomendar dúas aportacións.
A primeira da web de EDUCAWEB. Podemos ler información sobre a importancia da orientación, os aspectos a ter en conta antes de tomar unha decisión e os elementos que inflúen na toma de decisións.
A segunda, dunha orientadora -María Crespo-, describe, paso a paso, as cuestións que temos que ter en conta antes de tomar unha decisión e facilita cuestionarios que nos axudan nese proceso.

GUÍA DE ORIENTACIÓN DO ESTUDANTE

GUÍA  DE  ORIENTACIÓN  DO  ESTUDANTE

A Guía de Orientación do estudante é unha páxina web que se dirixe ó alumnado de 4º de Educación Secundaria Obrigatoria e 2º de Bacharelato, cunha oferta informativa sobre os estudos regrados.
A Guía de Orientación presenta un deseño atractivo e colorista no que se ofrece unha ampla información sobre:
* Formación Superior. Másters e Cursos.
* Estudos Universitarios.
* Artes Plásticas e Deseño.
* Ensinanzas de Réxime Especial.
* Formación Profesional.

PORTAL DE ORIENTACIÓN DO M.E.C.D.

PORTAL   DE   ORIENTACIÓN   DO   M.E.C.D.

O Portal de Orientación do M.E.C.D. constitúe unha fonte de recursos informativos sobre estudos, profesións e emprego de elevado interese, moi completo e de coidado deseño.
É unha referencia de obrigada consulta para as persoas que precisen información, entre outras, sobre as seguíntes cuestións:
* Oportunidades de aprendizaxe (Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), Bacharelato, Ciclos Formativos -Grao medio e Superior- Artes Plásticas e Deseño, Estudos de Danza, Estudos Musicais e Ensinanzas Deportivas.
* Información sobre profesións (grupos de ocupacións).
* Oportunidades de emprego.

T I T U L A C I Ó N S

A información que se facilita sobre o conxunto das titulacións universitarias oficiais impartidas no sistema universitario de Galicia (SUG) no Blog de Orientación está recollida no tema Titulacións.

A estructura da información [para cada titulación universitaria] contempla recursos da web (información da Dirección Xeral de Universidades da Xunta de Galicia, datos das propias institucións universitarias e outras informacións variadas - e medios documentais do Departamento de Orientación (Revista "Entre Estudiantes" e referencias da colección "Elige tu futuro").

Complementariamente, podemos visitar [entre outras aportacións] información sobre a terminoloxía universitaria e sobre as titulacións non impartidas no sistema universitario de Galicia.

U N I V E R S I D A D E S

A información que se facilita sobre as Universidades [do sistema universitario galego e das novas de interese xeral relacionadas] no Blog de Orientación está recollida no tema Universidades.

Neste tema, as aportacións que se facilitan teñen un carácter máis heteroxéneo. Podemos ler sobre: o sistema universitario de Galicia (A Coruña , Santiago e Vigo ), informes sobre universidades, universidades do mundo, servizos de interese para o alumnado, residencias universitarias en Galicia , guía de universidades 2005/2006, o Espazo Europeo de Educación Superior, etc.

O R I E N T A R S E

O  R  I  E  N  T  A  R  S  E

O tema que chamamos Orientarse presenta recursos pedagóxicos que pretenden axudar no proceso de toma de decisións académicas e profesionais.
Facilitamos a posibilidade de realizar cuestionarios e test de intereses profesionais , damos a coñecer os distintos medios tecnolóxicos dos que dispomos no Departamento de Orientación (dvd sobre ciclos formativos, cd-rom de orientación, vídeos de carreiras universitarias, Revista Entre Estudiantes, libros, etc.) e recomendamos fontes informativas seleccionadas en internet que consideramos de interese xeral (Guía de Orientación Universitaria , contidos educativos, páxina web de yahoo sobre os perfís profesionais das titulacións universitarias , etc.)

 

ountitledone letter iE 015nTANostalgiques Epoxy letter RDoore