Blogia

GUÍA DE INFORMACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

O ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR NO PORTAL "UNIVERSIA"

Dentro das múltiples fontes informativas que existen en internet sobre a Universidade, o portal especializado UNIVERSIA constitúe un referente a ter en conta.
Un dos temas de máis actualidade no ámbito da planificación dos estudos universitarios é, sen lugar a dubidas, a Reforma do Espazo Europeo de Educación Superior.
Para ter unha completa información sobre o que implica a Reforma Universitaria (documentos, disposicións legais, institucións universitarias implicadas, organismos europeos e novas de interese) temos que consultar a web do Espazo Europeo de Educación Superior de UNIVERSIA.

O ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (MINISTERIO DE EDUCACIÓN E CIENCIA)

Unha referencia informativa de obrigada visita -en todo o relacionado coa educación nos seus distintos niveis- é a do Ministerio de Educación e Ciencia (MEC). No caso que nos ocupa -O Espazo Europeo de Educación Superior- a páxina web do MEC permítenos coñecer a orixe, obxectivos e accións desenvoltas nestes útimos anos e as propostas que se van xerando, polo que é recomendable entrar na páxina do Espazo Europeo de Educación Superior do M.E.C.

GUÍA DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA

GUÍA DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA

A Guía de Orientación Universitaria (G.O.U.) é unha iniciativa da Universidade Autónoma e da Universidade Politécnica de Madrid. Podemos ler información sobre distintas carreiras e ESCOITAR a opinión de alumnos/as, profesores/as e investigadores/as.
No ámbito das Ciencias Experiemntais informa sobre: Bioloxía, Ciencias Ambientais, Física, Medicina, Matemáticas, Psicoloxía e Química.
Nas Ensinanzas Técnicas podemos documentarnos sobre: Arquitectura, Enxeñerías (Aeronáutica, Agrónoma, Camiños, Minas, Montes, Telecomunicacións, Industrial, Informática e Naval e Oceánica).
No ámbito das Ciencias Sociais e Xurídicas temos datos de: Administración e Dirección de Empresas, Ciencias da Información, dereito e Economía).
Para rematar, en Humanidades facilita información sobre: Filoloxía (Árabe e Islam, Clásica, Francesa, Hispánica e Inglesa), Filosofía, Xeografía, Historia e Historia da Arte.
Non deixes de visitar a web da Guía de Orientación Universitaria.

REPASA OS CONTIDOS (2º DE BACHARELATO)

REPASA OS CONTIDOS (2º DE BACHARELATO)

A Universidade Complutende de Madrid ofrece unha ferramenta -COMPRUEBA- para o alumnado de segundo de Bacharelato que permite realizar un repaso dos contidos das asignaturas impartidas.
-COMPRUEBA- vaite informando da evolución dos teus coñecementos en cada unha das materias. A medida que fas os tests, infórmate dos resultados acadados.
-COMPRUEBA- foi elaborado por profesores/as especializados/as.
Para repasar os contidos, visita a web de COMPRUEBA.

Calculadora Científica Google

Unha axuda para a asignatura de Matemáticas. Para saber máis, visita a CALCULADORA CIENTÍFICA.
Unha exemplificación dalgún dos usos da calculadora podemos lelos no blog de Adelat.org.

RECURSOS DIDÁCTICOS DE INTERESE

A páxina web PROFES.NET facilita unha manchea de recursos didácticos que poden ser de utilidade no traballo docente. Nesta ocasión queremos recomendar materiais pedagóxicos específicos para distintas asignaturas de 1º e 2º de Bacharelato.
En primeiro lugar, os materiais didácticos para distintas asignaturas de 1º de Bacharelato.
En segundo lugar, os recursos pedagóxicos para distintas asignaturas de 2º de Bacharelato.

DIRECTORIO MUNDIAL DE UNIVERSIDADES

Para facerse unha idea das moitas Universidades existentes no mundo,temos que visitar o DIRECTORIO MUNDIAL DE UNIVERSIDADES

Si o que nos interesa é coñecer a realidade universitaria española, temos que ir a Universidades de España

Outras alternativas informativas sobre as Universidades do mundo son Universidades do mundo (Portal Universia) e
Universidades do mundo (Web BRAINTRACK)

Para saber máis
Recursos da Universidade de Sevilla

Facendo algo de historia.....

Facendo algo de historia.....

A partir do mes de setembro de 1999, momento no que se constitúe o Departamento de Orientación do IES García Barbón de Verín -OURENSE-, unhas das teimas do noso quefacer pedagóxico vai ser a de potenciar o uso de internet como recurso de información académica e profesional. Froito deste traballo, demos a coñecer a experiencia educativa no Congreso de Educared 2003.

SERVIZO DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA

Unha das moitas páxinas que podemos consultar en internet para informarnos sobre os estudos universitarios é a de EDUCARED.
Na páxina antedita podemos ver exames de selectividade resoltos de distintas asignaturas: Matemáticas, Física, Debuxo Técnico, Filosofia, etc.
Proporciona elementos de reflexión para coñecerse mellor , entre outros, sobre as nosas actitudes, personalidade, gustos,intereses e capacidades.
Facilita información institucional sobre o sistema universitario español, as titulacións, os centros universitarios, notas de corte e becas.
Para rematar, podemos visitar o apartado de información universitaria con datos, entre outros, sobre os plans de estudo e centros, residencias universitarias e colexios maiores.

Orientación profesional no Bacharelato

Orientación profesional no Bacharelato

A utilización de internet como ferramenta para as tarefas de información académica e profesional fixo posible a selección de distintas páxinas web que consideramos de interese.
Neste caso, facilítase información sobre distintos perfís profesionais. Entre outros datos, podemos ler información sobre as características da titulación, o perfil do estudante e as saídas profesionais.
RAMA TÉCNICA.
HUMANIDADES.
CIENCIAS SOCIAIS E XURÍDICAS.
CIENCIAS EXPERIMENTAIS E DA SAÚDE.
DANZA, MÚSICA, DESEÑO E ARTE DRAMÁTICO.

TITULACIÓNS NON IMPARTIDAS NO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA

O blog de Orientación facilita información sobre o conxunto das titulacións oficiais do Sistema Universitario de Galicia, pero non informa das titulacións que non se imparten nas tres Universidades Galegas.
Por elo, consideramos necesario recomendar outras alternativas informativas en internet que den conta do conxunto das titulacións oficiais.

Mapa de universidades
Catálogo de títulos universitarios oficiais (OS QUE SE IMPARTEN E OS QUE NON SE IMPARTEN)

BUSCADOR DE ESTUDOS DO SISTEMA UNIVERSITARIO ESPAÑOL -UNIVERSIA-

SERVIZOS DE INTERESE PARA UNIVERSITARIOS/AS

Nesta páxina que recomendamos na parte inferior, podemos informarnos sobre distintas cuestións vinculadas ó mundo dos servizos para universitarios: deportes, servizos internacionais, cultura, vivenda e residencias, bolsas de emprego, inscricións/matrícula, transporte, formación (idiomas e informática), cursos/congresos,etc.
Servizos de interese para os estudantes universitarios

Servizos para o alumnado das distintas universidades galegas

Servizos da Universidade de A Coruña

Servizos da Universidade de Santiago
Futuros estudantes da USC

Servizos da Universidade de Vigo

OUTRAS PROFESIÓNS

Unha parte dos estudantes elixen opcións académicas e/ou profesionais que os levan a realizar estudos universitarios ou ben a cursar a Formación Profesional Específica.
Existen outras opcións formativas "non reguladas" que deben ser coñecidas e valoradas -por exemplo, piloto, guionista de cine, radio e televisión, modelo, anticuario, grafólogo/a, bombeiro/a, etc-. Para coñecer unha parte das "outras profesións" tes que visitar OUTRAS PROFESIÓNS

ENXEÑEIRO/A TÉCNICO/A DE OBRAS PÚBLICAS, especialidade de Transportes e Servizos Urbanos

Información xeral facilitada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Campus de Lugo

Máis información sobre a titulación

Outras fontes informativas do Departamento de Orientación
VARIOS AUTORES (2006).Elige tu futuro. Libro 4. Madrid: Círculo de Progreso. Pax. 104-105.

ESTUDAR IDIOMAS NO ESTRANXEIRO

Ter un dominio pleno dun idioma estranxeiro (por exemplo,o inglés) require dunha práctica linguïstica intensiva. Para axudar na toma de decisións sobre a mellor opción, queremos recomendar a lectura do seguinte traballo.
Pautas e recomendacións para estudar idiomas no estranxeiro.
Monográfico de EDUCAWEB (2002)
Monográfico de EDUCAWEB (2001)
Outras informacións de interese
Os idiomas, asignatura pendente

LICENCIADO/A EN PSICOPEDAGOXÍA

Ensinanzas de só 2º ciclo

A súa duración é de dous anos e constan dun mínimo de 120 créditos. Accédese dende unha titulación de 1º ciclo ou cursando o 1º ciclo dunha titulación que capacite para o acceso.

Información xeral da web da Dirección Xeral de Universidades (Xunta de Galicia)

Universidade de A Coruña

Universidade de Vigo

Universidade de Santiago

Máis información sobre a titulación

Información do Departamento de Orientación
VARIOS AUTORES (2006) Elige tu futuro. Libro 1. Madrid: Círculo de Progreso. Páx. 151-153.

LICENCIADO/A EN DOCUMENTACIÓN

Ensinanzas de só 2º ciclo

A súa duración é de dous anos e constan dun mínimo de 120 créditos. Accédese dende unha titulación de 1º ciclo ou cursando o 1º ciclo dunha titulación que capacite para o acceso. Accédese directamente dende: Diplomado/a en Biblioteconomía e Documentación.

Información xeral da web da Dirección Xeral de Universidades (Xunta de Galicia)

Universidade de A Coruña. Campus de Ferrol

Máis información sobre a titulación


Información do Departamento de Orientación
VARIOS AUTORES (2006) Elige tu futuro. Libro 1. Madrid: Círculo de Progreso. Páx. 62-63.

Revista "Entre Estudiantes" nº 129. Páx. 26-27.

Outras informacións de interese.

- Documentalistas: expertos en gestionar y tratar la información

-Categorías profesionales en Biblioteconomía

-El profesional de la información

LICENCIADO/A EN NÁUTICA E TRANSPORTE MARÍTIMO

Ensinanzas de só 2º ciclo

A súa duración é de dous anos e constan dun mínimo de 120 créditos. Accédese dende unha titulación de 1º ciclo ou cursando o 1º ciclo dunha titulación que capacite para o acceso.

Información xeral da Dirección Xeral de Universidades (Xunta de Galicia)

Universidade de A Coruña

Información do Departamento de Orientación
VARIOS AUTORES (2006) Elige tu futuro. Libro 4. Madrid: Círculo de Progreso. Páx. 164-165.

LICENCIADO/A EN MÁQUINAS NAVAIS

Ensinanzas de só 2º ciclo

A súa duración é de dous anos e constan dun mínimo de 120 créditos. Accédese dende unha titulación de 1º ciclo ou cursando o 1º ciclo dunha titulación que capacite para o acceso.

Información xeral da Dirección Xeral de Universidades (Xunta de Galicia)

Universidade de A Coruña

Información do Departamento de Orientación
VARIOS AUTORES (2006) Elige tu futuro. Libro 4. Madrid: Círculo de Progreso. Páx. 162-163.

ENXEÑEIRO/A EN AUTOMÁTICA E ELECTRÓNICA INDUSTRIAL

Ensinanzas de só 2º ciclo

A súa duración é de dous anos e constan dun mínimo de 120 créditos. Accédese dende unha titulación de 1º ciclo ou cursando o 1º ciclo dunha titulación que capacite para o acceso.

Información xeral da web da Dirección Xeral de Universidades (Xunta de Galicia)

Universidade de Vigo

Web da Escola Técnica Superior

Máis información sobre a titulación

Información do Departamento de Orientación
VARIOS AUTORES (2006) Elige tu futuro. Libro 4. Madrid: Círculo de Progreso. Páx. 110-113.