Blogia
GUÍA DE INFORMACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

XUVENTUDE

Campaña de verán 2022

Campaña de verán 2022

CAMPAÑA DE VERÁN 2022

A Xunta de Galicia ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal de carácter lúdico, cultural, deportivo, formativo, etc. Para iso, cada ano preséntase a Campaña de Verán, unha iniciativa ambiciosa que non só é unha actividade de ocio para os mozos e mozas galegos, senón que tamén é un recurso de conciliación da vida familiar e laboral.


Baixo o lema O verán que queres contar, a Campaña de Verán de 2022 da Xunta de Galicia recupera a normalidade tras a Covid-19 e oferta, durante os meses de xullo, agosto e setembro, as seguintes accións:

  • Campamentos en Galicia.
  • Campos de voluntariado en Galicia, noutras comunidades autónomas e no estranxeiro.
  • Programas de intercambios bilaterais con outras comunidades autónomas.
  • Minicampamentos “Coñece Galicia”, de 5 días de duración.
  • Uso de instalacións xuvenís por parte de entidades.

Serán, en total, 10.827 prazas.

Plan de formación de Xuventude e Voluntariado

Plan de formación de Xuventude e Voluntariado

A Xunta de Galicia pon en marcha un Plan de formación de Xuventude e Voluntariado que chegará a máis de 2400 persoas de toda a comunidade.
Esta iniciativa inclue un total de 37 cursos presenciais e 20 en liña orientados á formación básica e en ámbitos específicos da acción voluntaria, que permitirán complementar o currículo dos técnicos de xuventude e profesionais do tempo libre, así como ofrecer alternativas formativas á mocidade en xeral desde o eido da educación non formal.

O prazo de inscrición ábrese hoxe, día 11 de abril de 2022, a partir das 10.00 horas e permanecerá aberto ata cubrir as prazas ofertadas en cada un dos cursos.

Máis información.

Consellos para manexar a ansiedade

Aportación interesante que atopo no blog de Orientación Condesa

Outono Xove 2021

Outono Xove 2021

Actividades de fin de semana en albergues xuvenís,

para a mocidade de 14 a 30 anos.

A Xunta de Galicia pon en marcha o novo programa Outono Xove con actividades formativas e de lecer para a mocidade galega durante as fins de semana entre finais de outubro e comezos de decembro nos albergues xuvenís da Xunta de Galicia.

Os grupos de participación dividiranse en dous tramos de idade: de 14 a 17 anos e de 18 a 30.

Ofértanse 1.100 prazas nos 8 programas que conforman a actividade, cun máximo de 20 prazas en cada unha das opcións e fins de semana.

Consellos para fomentar a saúde mental dos adolescentes

Aportacións para axudar na formación plena dos estudantes

Tí decides o teu camiño

Tí decides o teu camiño

Aportacións básicas para unha vida saudable

Vídeo educativo "Al final de la botella"

Asociación Cultural de Música Tradicional de Monterrei

Asociación Cultural de Música Tradicional de Monterrei

A Asociación Cultural de Música Tradicional de Monterrei, debe a súa recente creación á necesidade de paliar as peticións dun grupo de xóvenes gaiteiros que reclamaban un espazo onde poder desenvolver a súa actividade, algo que levaban tempo pedindo e que finalmente decidiron crear por eles mesmos para poder levar a cabo a súa actividade musical.

 A finalidade inicial plantexada foi a creación dunha nova banda de gaitas que explotara os límites do instrumento dentro dun conxunto musical, pero a aceptación pola asociación e as peticións de un bo número de persoas conseguiron cementar a idea da creación dunha futura escola de música tradicional que, de primeiras, contaría coas especialidades de gaita e percusión.

 A base musical desta escola centrarase na música galega tradicional, xa que consideramos imprescindible a preservación e fomento da música da nosa terra ante calquera outro estilo de música. Non obstante, outros estilos de música tamén serán abordados porque a idea de formar a calquera alumno implica que este coñeza e consiga interpretar todos os xéneros que posibilite o instrumento e só así se conseguirá unha formación íntegra e de calidade.

 O proxecto conta tamén co grupo folk verinense Lapsus Gaita, o cal encadrará a súa actividade dentro do marco desta asociación. O estreno desta aventura comezará con toda probabilidade en Xuño de 2015, data de salida da futura nova banda de gaitas da que terán noticias nun breve periodo de tempo. Os alumnos e integrantes da asociación convídannos a disfrutar e colaborar con esta finalidade que outorgará ao val de Monterrei dunha nova vía musical para o futuro.

        Texto elaborado por Daniel García Rodríguez 

INFORMACIÓN XERAL DE UTILIDADE PARA A XUVENTUDE

INFORMACIÓN XERAL DE UTILIDADE PARA A XUVENTUDE

VISITA

XUVENTUDE.NETPágina principal de YouTube

Página principal de YouTube



OS HOMES DAS CHOCAS

EDUCAR CON SENTIDO COMÚN (Javier Urra)

Fonte da información:http://blog.educastur.es/orientados/2013/04/25/173/

UNHA MANCHEA DE INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A XENTE NOVA

UNHA MANCHEA DE INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A XENTE NOVA

REDE GALEGADE INFORMACIÓN XUVENIL (XUNTA DE GALICIA)

BOLETÍN DE INFORMACIÓN SEMANAL

BOLETÍN MENSUAL (INJUVE)

GUÍA DE VERÁN 2011

GUÍA   DE  VERÁN  2011

GUÍA DE VERÁN 2011

UN PORTAL DE INFORMACIÓN PARA A XUVENTUDE: XUVENTUDE.NET

UN  PORTAL DE  INFORMACIÓN  PARA  A  XUVENTUDE:  XUVENTUDE.NET UN PORTAL DE INFORMACIÓN PARA A XUVENTUDE: XUVENTUDE.NET

Rede Galega de Información Xuvenil

Campamentos de verán

Actividades +18

Campos de traballo

Emprego

Vivenda

Ensino

Asociacionismo

Escolas de Tempo Libre

Condución

Carné Xove

Lingua

Saúde

Lecer e cultura

Turismo xuvenil

Lexislación de interese

Discapacidade

Tecnoloxía

RSS

A sindicación de contidos

 


- Actualidade: http://www.xuventude.net/rss/actualidade.xml

- Asociacionismo: http://www.xuventude.net/rss/asociacionismo.xml

- Novas da DXXS: http://www.xuventude.net/rss/dxxs.xml

- Novas de emprego: http://www.xuventude.net/rss/emprego.xml

- Ensino: http://www.xuventude.net/rss/ensino.xml

- Lecer e cultura: http://www.xuventude.net/rss/ocioecultura.xml

- Lexislación de interese: http://www.xuventude.net/rss/lexislaciondeinterese.xml

- Mocidade investigadora: http://www.xuventude.net/rss/mocidadeinvestigadora.xml

- Rede de Información Xuvenil: http://www.xuventude.net/rss/rix.xml

- Turismo xuvenil: http://www.xuventude.net/rss/turismoxuvenil.xml

- Vivenda: http://www.xuventude.net/rss/vivenda.xml

 

APRENDER SOBRE RSS

TRABALLANDO CON BLOGLINES

ACTIVIDADES DE INCLUSIÓN SOCIAL E DE FORMACIÓN INFORMÁTICA

ACTIVIDADES  DE INCLUSIÓN  SOCIAL E DE FORMACIÓN INFORMÁTICA

O Centro de Desenvolvemento Rural "PORTAS ABERTAS " traballa pola inclusión social e planifica a realización dunha actividade formativa para grupos de persoas desfavorecidas da comarca de Verín.

Por outra parte, "RED-CONECTA" xa ten lista a súa oferta de Cursos de Informática .

Outras informacións relacionadas xa publicadas.

MAIS INFORMACIÓN Av. Sousas 39 ( local da Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense) Tlf: 988411390 (preguntar por OLGA)

CONECTA XOVE VOLVE A VERÍN EN SETEMBRO

Na revista dixital Código Cero podemos ler que se prepara unha segunda edición da exitosa experiencia formativa CONECTA XOVE. A principal  finalide da actividade é a alfabetización dixital interxeracional (os adolescentes son os mestres da xente maior que quere aprender cuestións básicas sobre informática e internet).

Noraboa para os organizador@s da segunda edición de CONECTA  XOVE, prevista para o mes de setembro de 2006.

 

Outras informacións relacionadas:

Voluntariado de novas tecnoloxías en Red Conecta Verín 

Entrega de diplomas de CONECTA XOVE (Xullo de 2006) 

O CANTAUTOR EMILIO RÚA PRESENTA UN NOVO TRABALLO

O  CANTAUTOR  EMILIO RÚA PRESENTA UN NOVO TRABALLO

EMILIO RÚA , do que xa falamos noutra ocasión no blog de Orientación, presenta un novo traballo.

 

VOLUNTARIADO DE NOVAS TECNOLOXÍAS EN RED-CONECTA VERÍN

VOLUNTARIADO DE NOVAS TECNOLOXÍAS EN  RED-CONECTA VERÍN

No blog de Redconecta Verín podemos ler distintas informacións sobre as actividades que realiza e os novos proxectos que ten previsto poñer en marcha.

As actividades formativas que ofrece podemos consultalas nos servizos que ofrecen en RED CONECTA.

Para coñecer o novo proxecto Conecta Xoven e as súas metas visitaremos CONECTA XOVEN.

Para rematar e completar a información, podemos ler as características do Curso de Voluntariado en Novas Tecnoloxías .