Blogia
GUÍA DE INFORMACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

TITULACIÓNS

AS FUTURAS CARREIRAS UNIVERSITARIAS

AS   FUTURAS   CARREIRAS   UNIVERSITARIAS

Parece ser que a reforma dos estudos universitarios vai rematar no ano 2010. O proceso de planificación dos cambios nas distintas titulacións (72 ensinanzas de grao no catálogo provisional) xa está listo.

Para máis información podemos consultar aquí .

Aportacións anteriores sobre a reforma dos estudos universitarios. 

TITULACIÓNS UNIVERSITARIAS E NOTAS DE CORTE

TITULACIÓNS UNIVERSITARIAS E NOTAS DE CORTE

Unha das preguntas frecuentes e das preocupacións de moitos adolescentes ten que ver coas notas de corte necesarias para poder realizar os estudos desexados.

Agora, -por iniciativa do Ministerio de Educación e Cultura e do Consello de Coordinación Universitaria- xa dispomos dunha páxina web que nos facilita a consulta da oferta pública de prazas universitarias e as notas de corte .

Información relacionada:

Buscador de notas de corte

NOVAS APORTACIÓNS SOBRE A REFORMA DOS ESTUDOS UNIVERSITARIOS

A reforma dos estudos universitarios vai rebaixar a duración da maioría das titulacións ( 3 anos) e potenciar as prácticas

Os 22 novos títulos universitarios.

Os novos estudos universitarios (OUTRAS INFORMACIÓNS).

O ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (E.E.E.S.)

Información do xornal "El Mundo" do venres, día 10 de febreiro de 2006 .

EE 014ES

TITULACIÓNS UNIVERSITARIAS EUROPEAS

O Ministerio de Educación e Ciencia (MEC) rematou as propostas de directrices -preliminares- das primeiras titulacións adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES).

As 22 titulacións universitarias son:

Filosofía  Linguas Modernas
 Psicoloxía
 Historia Economía Maxisterio (Educación Infantil)
 Historia da Arte
 Administración e Dirección de Empresas
 Maxisterio (Educación Primaria)
 Xeografía
Enxeñería Mecánica
 Dereito Enxeñería de Telecomunicacións
 Física Enxeñería Aeronáutica
 Matemáticas
 Xeoloxía Bioloxía Química
 Fisioterapia Medicina Enfermería
 

As novas titulacións universitarias.

O Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) no sistema universitario de Galiza .


DESPOIS DE 2º DE BACHARELATO QUEREMOS ESTUDAR NA UNIVERSIDADE

DESPOIS  DE  2º  DE  BACHARELATO  QUEREMOS ESTUDAR  NA UNIVERSIDADE

Estudos universitarios preferidos polo alumnado de 2º de Bacharelato (Curso 2005/2006).

(A maioría do alumnado -92%- solicita información sobre estudos universitarios)

1.- Licenciado/a en Psicoloxía (8 alumnos/as interesados/as)

2.- Arquitectura Técnica (7 alumnos/as interesados/as)

3.- Publicidade e Relacións Públicas (7 alumnos/as interesados/as)

4.- Mestre/a de Educación Infantil (6 alumnos/as interesados/as)

5.- Enxeñería Técnica en Informática de Sistemas (5 alumnos/as interesados/as)

6.- Diplomado/a en Turismo (4 alumnos/as interesados/as)

7.- Licenciado/a en Pedagoxía (4 alumnos/as interesados/as)

8.- Licenciado en Xornalismo (4 alumnos/as interesados/as)

9.- Licenciado/a en Administración e Dirección de Empresas (3 interesados/as)

10.- Licenciado/a en Ciencias Políticas e da Administración (3 interesados/as)

11.- Licenciado/a en Comunicación Audiovisual (3 interesados/as)

12.- Licenciado/a en Filoloxía Inglesa (3 interesados/as)

13.- Licenciado/a en Filosofía (3 interesados/as)

14.- Mestre/a de Educación Primaria (3 interesados/as)

EU DE MAIOR QUERO SER..... (Estudos universitarios)

EU DE MAIOR QUERO SER..... (Estudos universitarios)

TITULACIÓNS UNIVERSITARIAS PREFERIDAS POLO ALUMNADO DE 1º DE BACHARELATO.
CURSO 2005/2006.

1.- Mestre/a de Educación infantil (10 alumnos/as interesados/as)
2.- Diplomado/a en Turismo (9 alumnos/as interesados/as)
3.- Administración e Dirección de Empresas (7 alumnos/as interesados/as)
4.- Publicidade e Relacións Públicas (7 alumnos/as interesados/as)
5.- Licenciado/a en Xornalismo (7 alumnos/as interesados/as)
6.- Mestre/a en Educación Física (5 alumnos/as interesados/as)
7.- Enxeñería Técnica Industrial (electricidade) (5 alumnos/as interesados/as)
8.- Enxeñería Técnica en Informática de Sistemas (4 alumnos/as interesados/as)
9.- Mestre/a de Educación Primaria (4 alumnos/as interesados/as)
10.- Licenciado/a en Psicoloxía (4 alumnos/as interesados/as)
11.- Licenciado/a en Dereito (3 alumnos/as interesados/as)
12.- Enxeñería Técnica en Informática de Xestión (3 alumnos/as interesados/as)
13.- Enxeñería Informática (3 alumnos/as interesados/as)

CONSTRUINDO O NOVO MAPA DE TITULACIÓNS UNIVERSITARIAS

CONSTRUINDO  O  NOVO  MAPA  DE  TITULACIÓNS  UNIVERSITARIAS A reforma da educación universitaria (O Espazo Europeo de Educación Superior) comeza a dar os primeiros pasos. Hoxe, os xornais destacan que, polo de agora, non se suprimen titulacións universitarias e, contrariamente ao que se tiña anunciado -posible desaparición de algunhas titulacións- prevese manter a maioría dos títulos.
Máis información en La Voz de Galicia
A nova no diario El País

A DESVALORIZACIÓN DAS TITULACIÓNS UNIVERSITARIAS

A DESVALORIZACIÓN   DAS   TITULACIÓNS   UNIVERSITARIAS A Organización para a Cooperación e do Desenvolvemento Económico [O.C.D.E.], no seu Informe sobre Educación 2005, sinala que España é un dos poucos países no que os títulos universitarios se desvalorizan, tanto no que se refire ao soldo bruto dos licenciados/as como a súa porcentaxe de desemprego.
Na información de Expansión & Empleo, podemos ler máis detalles deste Informe.

PROGRAMAS DE GARANTÍA SOCIAL

Os Programas de Garantía Social facilitan unha formación de carácter non regrado de duración anual (1 curso académico).
Para poder realizar un Programa de Garantía Social (PGS) é necesario: ter entre 16 e 21 anos, non ter superada a Educación Secundaria Obrigatoria e non posuír titulación de Formación Profesional.
A finalidade dos PGS é dobre: por unha banda, pretenden recuperar ao alumnado para proseguir estudos (proba de acceso aos Ciclos de Grao Medio) e, por outra banda, posibilitan a preparación do alumnado para o mundo laboral.

Programas de Garantía Social no IES García Barbón
Axudante/a de mecánica xeral e electricidade do vehículo
Operario/a de construccións metálicas en aluminio
Operario/a maquinista de confección industrial

Máis información
Programas de Garantía Social en Galicia 2005/2006
Información do Ministerio de Educación

TITULACIÓNS NON IMPARTIDAS NO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA

O blog de Orientación facilita información sobre o conxunto das titulacións oficiais do Sistema Universitario de Galicia, pero non informa das titulacións que non se imparten nas tres Universidades Galegas.
Por elo, consideramos necesario recomendar outras alternativas informativas en internet que den conta do conxunto das titulacións oficiais.

Mapa de universidades
Catálogo de títulos universitarios oficiais (OS QUE SE IMPARTEN E OS QUE NON SE IMPARTEN)

BUSCADOR DE ESTUDOS DO SISTEMA UNIVERSITARIO ESPAÑOL -UNIVERSIA-

ENXEÑEIRO/A TÉCNICO/A DE OBRAS PÚBLICAS, especialidade de Transportes e Servizos Urbanos

Información xeral facilitada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Campus de Lugo

Máis información sobre a titulación

Outras fontes informativas do Departamento de Orientación
VARIOS AUTORES (2006).Elige tu futuro. Libro 4. Madrid: Círculo de Progreso. Pax. 104-105.

LICENCIADO/A EN PSICOPEDAGOXÍA

Ensinanzas de só 2º ciclo

A súa duración é de dous anos e constan dun mínimo de 120 créditos. Accédese dende unha titulación de 1º ciclo ou cursando o 1º ciclo dunha titulación que capacite para o acceso.

Información xeral da web da Dirección Xeral de Universidades (Xunta de Galicia)

Universidade de A Coruña

Universidade de Vigo

Universidade de Santiago

Máis información sobre a titulación

Información do Departamento de Orientación
VARIOS AUTORES (2006) Elige tu futuro. Libro 1. Madrid: Círculo de Progreso. Páx. 151-153.

LICENCIADO/A EN DOCUMENTACIÓN

Ensinanzas de só 2º ciclo

A súa duración é de dous anos e constan dun mínimo de 120 créditos. Accédese dende unha titulación de 1º ciclo ou cursando o 1º ciclo dunha titulación que capacite para o acceso. Accédese directamente dende: Diplomado/a en Biblioteconomía e Documentación.

Información xeral da web da Dirección Xeral de Universidades (Xunta de Galicia)

Universidade de A Coruña. Campus de Ferrol

Máis información sobre a titulación


Información do Departamento de Orientación
VARIOS AUTORES (2006) Elige tu futuro. Libro 1. Madrid: Círculo de Progreso. Páx. 62-63.

Revista "Entre Estudiantes" nº 129. Páx. 26-27.

Outras informacións de interese.

- Documentalistas: expertos en gestionar y tratar la información

-Categorías profesionales en Biblioteconomía

-El profesional de la información

LICENCIADO/A EN NÁUTICA E TRANSPORTE MARÍTIMO

Ensinanzas de só 2º ciclo

A súa duración é de dous anos e constan dun mínimo de 120 créditos. Accédese dende unha titulación de 1º ciclo ou cursando o 1º ciclo dunha titulación que capacite para o acceso.

Información xeral da Dirección Xeral de Universidades (Xunta de Galicia)

Universidade de A Coruña

Información do Departamento de Orientación
VARIOS AUTORES (2006) Elige tu futuro. Libro 4. Madrid: Círculo de Progreso. Páx. 164-165.

LICENCIADO/A EN MÁQUINAS NAVAIS

Ensinanzas de só 2º ciclo

A súa duración é de dous anos e constan dun mínimo de 120 créditos. Accédese dende unha titulación de 1º ciclo ou cursando o 1º ciclo dunha titulación que capacite para o acceso.

Información xeral da Dirección Xeral de Universidades (Xunta de Galicia)

Universidade de A Coruña

Información do Departamento de Orientación
VARIOS AUTORES (2006) Elige tu futuro. Libro 4. Madrid: Círculo de Progreso. Páx. 162-163.

ENXEÑEIRO/A EN AUTOMÁTICA E ELECTRÓNICA INDUSTRIAL

Ensinanzas de só 2º ciclo

A súa duración é de dous anos e constan dun mínimo de 120 créditos. Accédese dende unha titulación de 1º ciclo ou cursando o 1º ciclo dunha titulación que capacite para o acceso.

Información xeral da web da Dirección Xeral de Universidades (Xunta de Galicia)

Universidade de Vigo

Web da Escola Técnica Superior

Máis información sobre a titulación

Información do Departamento de Orientación
VARIOS AUTORES (2006) Elige tu futuro. Libro 4. Madrid: Círculo de Progreso. Páx. 110-113.

ENXEÑEIRO/A EN ORGANIZACIÓN INDUSTRIAL

Ensinanzas de só 2º ciclo

A súa duración é de dous anos e constan dun mínimo de 120 créditos. Accédese dende unha titulación de 1º ciclo ou cursando o 1º ciclo dunha titulación que capacite para o acceso.


Información xeral da web da Dirección Xeral de Universidades (Xunta de Galicia)

Universidade de Vigo

Web da Escola Técnica Superior

Máis información sobre a titulación

Información do Departamento de Orientación
VARIOS AUTORES (2006) Elige tu futuro. Libro 4. Madrid: Círculo de Progreso. Páx. 130-131.

LICENCIADO/A EN CIENCIA E TECNOLOXÍA DOS ALIMENTOS

Ensinanzas de só 2ºciclo

A súa duración é de dous anos e constan dun mínimo de 120 créditos. Accédese dende unha titulación de 1º ciclo ou cursando o 1º ciclo dunha titulación que capacite para o acceso.

Información da web da Dirección Xeral de Universidades (Xunta de Galicia)
Universidade de Santiago de Compostela. Campus de Lugo

Facultade de Ciencias. Campus de Lugo

Universidade de Vigo. Campus de Ourense

Máis información sobre a titulación

Información do Departamento de Orientación
VARIOS AUTORES (2006) Elige tu futuro. Libro 3. Madrid: Círculo de Progreso. Páx. 36-37.

TERMINOLOXÍA UNIVERSITARIA (Titulacións universitarias)

Para poder entender de maneira plena a información sobre os distintos estudos universitarios é necesario coñecer a terminoloxía universitaria.
Por elo, nesta aportación se facilita a definición dos seguíntes termos: titulacións (oficiais e propias), créditos, tipos de materias (troncais, obrigatorias, optativas e de libre elección), ciclos (ensinanzas de 1º ciclo, de 1º e 2º ciclo, só de 2º ciclo e ensinanzas de 3º ciclo ou doutoramento) e, por último, acceso a segundos ciclos (pasarelas).
Visita a páxina da Dirección Xeral de Universidades.

LICENCIADO/A EN VETERINARIA

Exclusivamente para o alumnado que cursou o Bacharelato de Ciencias da Saúde

Información xeral facilitada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Estudos de Veterinaria en Lugo

Perfil do/a titulado/a.

Outras fontes informativas do Departamento de Orientación:

Revista "Entre Estudiantes Nº 109.
VARIOS AUTORES (2006) Elige tu futuro. Libro 3. Madrid: Círculo de Progreso. Páx. 156-158.