Blogia

GUÍA DE INFORMACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

FAMILIAS PROFESIONAIS

FAMILIAS  PROFESIONAIS

A información que podemos consultar sobre as familias profesionais abarca o conxunto dos niveis educativos (universitarios, ciclos de grao medio, ciclos de grao superior e iniciación profesional)e especifica as relacións da competencia profesional coa clasificación nacional de actividades económicas [CNAE-93] e coa clasificación nacional de ocupacións (CNO-94).

Complementariamente, a web ofrece información sobre as distintas titulacións.

Información sobre os perfís profesionais. Galicia
Perfís profesionais

EDUCACIÓN A DISTANCIA

A educación a distancia pode ser unha opción formativa interesante. Para coñecer as súas características máis importantes e as súas opcións ou itinerarios vamos propoñer algunhas lecturas.
En primeiro lugar, dous informes breves e claros da REVISTA CONSUMER.
1º Informe da Revista Consumer
2º Informe da Revista Consumer

Para saber máis: oferta en Galicia
Bacharelato a distancia.

AS TITULACIÓNS UNIVERSITARIAS MÁIS DEMANDADAS (2)

AS  TITULACIÓNS  UNIVERSITARIAS  MÁIS  DEMANDADAS (2)

Un estudo da Fundación Universidade-Empresa revela que os empresarios/as buscan, sobre todo, profesionais cun perfil económico-xurídico e técnico.

O estudo, realizado no ano 2004, sinala que as titulacións máis demandadas son, entre outras, Administración e Dirección de Empresas, Dereito, Economía e as Enxeñerías.

O artigo completo podemos consultalo na versión dixital do NorteCastilla.es

Outra información de interese
Saídas profesionais das titulacións máis demandadas
Infoempleo 2005. Sectores que xeran máis emprego.

O FRACASO NA UNIVERSIDADE E A NECESIDADE DE ORIENTACIÓN, INFORMACIÓN E ASESORAMENTO.

O FRACASO NA UNIVERSIDADE E A NECESIDADE DE ORIENTACIÓN, INFORMACIÓN E ASESORAMENTO.

Na Universidade de Cádiz, o profesor Manuel García sinalou que o abandono dos estudos universitarios é do 30 ao 50% no alumnado que se matricula {información que se repite no informe da OCDE para o conxunto do alumnado universitario}, media que chega ao 90% nas carreiras técnicas. Manuel García apunta como unha das causas do fracaso a falla de orientación e de madureza vocacional dos adolescentes {que orixina erros na toma de decisións no 70% dos casos}

Noutro estudo realizado pola Fundación Universidade Empresa, faise fincapé, -diante da falla de orientación dos estudantes para tomar decisións sobre o seu futuro académico e profesional- entre outras interesantes informacións, no elevado interese público da posta en marcha de actuacións de orientación, información e asesoramento académico e profesional.

Informacións da Universidade de Vigo
Só un 8% dos matriculados nos ciclos longos rematan no tempo previsto. No caso dos ciclos curtos, 0 40% dos estudantes pasan nas aulas o doble do tempo preciso

A NOSA INFORMACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

A  NOSA  INFORMACIÓN  ACADÉMICA  E  PROFESIONAL

A finais de 2003 -no mes de outubro- presentamos un traballo sobre internet e a orientación: selección de webs de información académica e profesional na Educación Secundaria. Tal artigo pode consultarse na páxina web do Congreso Iberoamericano de Comunicación e Educación "Luces en el laberinto audiovisual"
Posteriormente, presentamos dous traballos máis: no ano 2004 no Congreso Internacional Virtual de Educación CIVE 2004, sobre a información académica e profesional no Bacharelato, e no ano 2005 no Congreso Internacional Virtual de Educación 2005, CIVE 2005, sobre a información académica e profesional nos ciclos formativos de Formación Profesional.

Un cd-rom de orientación: ORIENTARSE

Elaboramos un cd-rom de Recursos de Información Académica e Profesional que bautizamos co nome de "ORIENTARSE", del falamos no Congreso Internacional Virtual de Educación 2003 -CIVE 2003-.Do conxunto do traballo realizado entre o ano 2000 e o 2003 demos conta no Congreso Virtual Educa 2003. Para coñecer o contido de tal comunicación consultar na páxina de Virtual Educa.

N O V I D A D E S

A información que se facilita sobre novas de interese no ámbito educativo en xeral e no relacionado coa orientación académica e profesional no Blog de Orientación está recollida no tema Novidades.

Neste tema, facilitamos información de actualidade sobre bolsas e axudas en prazo, oferta formativa do centro, prazas de residencia, cursos de Formación Ocupacional, outras novas relacionadas co Instituto e algunhas cuestións de interese educativo ou orientador actuais.

A nosa proposta -inicial- para traballar 2005/2006 de "Orientarse con internet"
Orientarse con internet no IES "García Barbón" 2005/2006.
Blog de Orientarse con internet no IES "García Barbón"

CONSTRUINDO O NOVO MAPA DE TITULACIÓNS UNIVERSITARIAS

CONSTRUINDO  O  NOVO  MAPA  DE  TITULACIÓNS  UNIVERSITARIAS

A reforma da educación universitaria (O Espazo Europeo de Educación Superior) comeza a dar os primeiros pasos. Hoxe, os xornais destacan que, polo de agora, non se suprimen titulacións universitarias e, contrariamente ao que se tiña anunciado -posible desaparición de algunhas titulacións- prevese manter a maioría dos títulos.
Máis información en La Voz de Galicia
A nova no diario El País

ESTUDO EURYDICE SOBRE A EDUCACIÓN EN EUROPA

ESTUDO  EURYDICE SOBRE A  EDUCACIÓN EN  EUROPA

O Informe Eurydice da Comisión Europea sobre "Cifras claves da Educación en Europa, 2005" sinala, entre outras cuestións, que só un 40% dos universitarios/as teñen un traballo axeitado ao seu nivel de estudos, porcentaxe 10 puntos inferior á media europea. Complementariamente, no artigo do xornal EL PAÍS podemos ler que o alumnado que cursa Formación Profesional en Europa é do 63%, fronte ao 38% de España.

ESTUDOS ARTÍSTICOS E MUSICAIS

Os itinerarios académicos das Ensinanzas Artísticas e do Ensino Musical -asignatura pendente- son dúas alternativas formativas que debemos considerar. Para ter unha idea completa da oferta de Ensinanzas Artísticas, podemos entrar na web do Ministerio de Educación e Ciencia e consultar as ensinanzas de Música, Danza, Artes Plásticas e Deseño e Arte Dramática

Para saber máis
Estudar Arte dramática en Galicia
Oferta formativa de Artes Plásticas e Deseño en Galicia

Estudos Superiores de Deseño en Galicia

RECURSOS DIDÁCTICOS PARA PREPARAR A SELECTIVIDADE

RECURSOS  DIDÁCTICOS PARA  PREPARAR  A  SELECTIVIDADE

En primeiro lugar, queremos recomendar unha serie de ligazóns sobre a selectividade que poden ser de utilidade.
En segundo lugare último lugar, temos que visitar unha web na que, entre outras informacións de interese, nos facilitan exames resoltos e un buscador de exercicios resoltos [de distintas convocatorias da selectividade].


Máis información
Comisión Interuniversitaria de Galicia
Ligazóns do Ministerio de Educación e Ciencia

AS TITULACIÓNS UNIVERSITARIAS MÁIS DEMANDADAS (1)

As informacións que se derivan da lectura do artigo sobre as titulacións universitarias máis demandadas, poñen de manifesto que as carreiras técnicas acaparan o 65% das ofertas de emprego. No artigo citado faise referencia a dous estudos diferentes: un estudo sobre a inserción laboral da Fundación Universidade Carlos III e o Ranking de emprego que publica o Ministerio de Educación e Ciencia.

Para saber máis.
Datos das Universidades Galegas
As cifras do paro nos titulados/as universitarios/as

ALIMENTARSE BEN NA ADOLESCENCIA

ALIMENTARSE  BEN  NA  ADOLESCENCIA

O incorrecto hábito alimentario na adolescencia é, entre outras, unha das principais causas que xera distintas doenzas (obesidade, anorexia, bulimia, etc). Para informarse sobre algunhas cuestións de saúde e alimentación, podemos ler o artigo sobre alimentación, adolescencia e obesidade.
Complementariamente, podemos consultar unhas recomedacións sobre a anorexia e bulimia e unha proposta de dieta equilibrada que beneficie o noso traballo académico.

Iniciativas e propostas de interese sobre alimentación sana
Sen lambiscadas no Instituto

HÁBITOS E TÉCNICAS DE ESTUDO (3)

HÁBITOS  E  TÉCNICAS  DE  ESTUDO (3)

Consellos sobre hábitos e técnicas de estudo.

Na primeira web que recomendamos, entre outros temas, podemos aprender a usar eficazmente o diccionario, consellos para mellorar a memoria, recomendacións sobre técnicas de síntese da información e pautas de estudo na casa.

Na segunda páxina seleccionada, dun formato máis entretido e visual, podemos ler consellos xerais sobre os máis eficaces hábitos e técnicas de estudo: pautas para tomar apuntes, elaborar traballos, realizar exposicións orais, aumentar e manter a motivación e a concentración, utilizar as posibilidades pedagóxicas do subliñado e os esquemas, mellorar o proceso de memorización, etc. A web facilita distintos exercicios e actividades prácticas.

OS MAPAS CONCEPTUAIS

OS  MAPAS  CONCEPTUAIS

Os mapas conceptuais proporcionan un resumo esquemático do que aprendemos, ordenado dunha maneira xerarquica. Os mapas conceptuais favorecen o proceso de memorización e posibilitan a mellor estructuración da información, a simplificación e o impacto visual. Para comezar, podemos aprender a elaborar mapas conceptuais.

Outra posibilidade de familiarizarse cos mapas conceptuais é a de visitar a páxina de mapas conceptuais para algunhas materias da Educación Secundaria Obrigatoria e o Bacharelato. Podemos consultar os exemplos de mapas conceptuais para o nivel de Bacharelato [Economía]
Por último, podemos visitar os mapas conceptuais de Bacharelato [Historia]

Outras alternativas interesantes

Hypertexto.

A DESVALORIZACIÓN DAS TITULACIÓNS UNIVERSITARIAS

A DESVALORIZACIÓN   DAS   TITULACIÓNS   UNIVERSITARIAS

A Organización para a Cooperación e do Desenvolvemento Económico [O.C.D.E.], no seu Informe sobre Educación 2005, sinala que España é un dos poucos países no que os títulos universitarios se desvalorizan, tanto no que se refire ao soldo bruto dos licenciados/as como a súa porcentaxe de desemprego.
Na información de Expansión & Empleo, podemos ler máis detalles deste Informe.

EDUCACIÓN SEXUAL NA ADOLESCENCIA

EDUCACIÓN  SEXUAL  NA  ADOLESCENCIA

A revista CONSUMER aporta unha variedade de información de interese e un formato de presentación claro e conciso que, para calquera tema que se trate, axuda a comprender máis e mellor a información. Por elo, a primeira aportación ten relación coa Educación Sexual, un traballo clarificador sobre A necesaria Educación Sexual. Complementariamente, engadimos unha entrevista cunha experta no tema Entrevista cunha psicóloga-sexóloga

Máis recursos e novas de interese

Xuventude e sexualidade: embarazos na adolescencia.

Portal sobre temas de sexualidade na adolescencia moi interesante -en construcción-.

HÁBITOS E TÉCNICAS DE ESTUDO (1)

HÁBITOS  E  TÉCNICAS  DE  ESTUDO (1)

Co título xeral de Hábitos e Técnicas de Estudo (HTE) vamos a comentar e recomendar unha serie de páxinas web que poden ser de interese para o alumnado.
Hoxe, a información que comentamos pertence ao Departamento de Orientación do IES Marqués de Sargadelos e titúlase Técnicas de Estudo.
A aportación que nos facilita é moi clara e resumida. Hai recomendacións sobre: o lugar de estudo, a planificación do traballo, horarios, preparar unha lección, tomar apuntes, realizar exames e, por último, unhas interesantes suxerencias prácticas para as familias.
Un traballo breve e moi práctico.

Outra proposta sobre Técnicas de Estudo
Proposta do Departamento de Orientación do IES Cosme López

HÁBITOS E TÉCNICAS DE ESTUDO (2)

HÁBITOS  E  TÉCNICAS  DE  ESTUDO (2)

A páxina web do Departamento de Orientación do Colexio San Narciso é, no seu conxunto, unha mostra de recursos de calidade pedagóxica e traballo ben feito. Neste caso concreto, vamos recomendar o apartado de Técnicas de Estudo, no que podemos consultar unha manchea de recursos seleccionados -de moita utilidade para os/as titores/as- para traballar co alumnado sobre os hábitos e as técnicas de estudo.

Outras aportacións de interese
Métodos, hábitos e técnicas para mellorar o rendemento nos estudos

FORMACIÓN PROFESIONAL OCUPACIONAL

A Formación Profesional Ocupacional vai dirixida ás persoas desempregadas que queren recibir unha cualificación específica, relacionada cunha ocupación concreta e que facilite a súa incorporación ao mercado laboral.
Son cursos sen coste e totalmente prácticos, para grupos dun máximo de 15 alumnos/as e con axudas para o desprazamento.
Web de información da Xunta de Galicia sobre a Formación Ocupacional
Requisitos para poder recibir cursos de Formación Ocupacional
Programación dos cursos de Formación Profesional Ocupacional