Blogia

GUÍA DE INFORMACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

PROMESAS PARA COMEZAR 2006

PROMESAS  PARA COMEZAR 2006

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Xunta de Galiza) quere que tódalas aulas dos centros docentes teñan acceso a internet.

Para coñecer máis información sobre as medidas anunciadas podemos visitar Código Cero.

A GRAN SORPRESA DO DÍA DE REIS

A  GRAN  SORPRESA  DO DÍA DE REIS

No Blog de José Luis Orihuela podemos ver un vídeo para felicitar as festas de nadal que pode que nos sorprenda.

Vídeo felicitación de Nadal.

OPOSICIÓNS PARA OS CORPOS AUXILIAR E SUBALTERNO DA XUNTA DE GALICIA

OPOSICIÓNS PARA OS CORPOS AUXILIAR E SUBALTERNO DA XUNTA DE GALICIA

No Diario Oficial de Galicia (DOG) do 15 de decembro de 2005 aparece publicada a convocatoria de proceso selectivo para 117 prazas do corpo de auxiliares (grupo D) e 70 prazas do corpo de subalternos (grupo E).

Información completa das convocatorias:

117 prazas do grupo D (corpo de auxiliares)

70 prazas do grupo E (corpo de subalternos)

EMILIO RÚA, CANTAUTOR DA COMARCA , GAÑA NO FESTIVAL DE CANTAUTORES

EMILIO  RÚA, CANTAUTOR DA COMARCA , GAÑA NO FESTIVAL DE CANTAUTORES

Emilio Rúa -natural do Concello de Riós- acaba de gañar o Festival de Cantautores de Elxe con "Querida alegría", unha canción interpretada en galego.

 

Visita a súa páxina web e escoita a canción gañadora. 

Unha voz fantástica, cancións cheas de sentimentos, unha capacidade inmensa para a composición e a producción, e un estilo absolutamente persoal e característico son as bazas de Emilio Rúa, un cantautor a ter en conta, un dos maiores expoñentes da canción de autor galega e nacional, ó que só lle falla xirar polo país para demostrar o seu enorme potencial.

Máis información:

Letras e música do seu cd.

 Páxina de cantautores do mundo.

   

BOLSAS, AXUDAS, CONCURSOS E PREMIOS

BOLSAS, AXUDAS, CONCURSOS E PREMIOS

Un blog que nos informa -diariamente- dunha manchea de bolsas, axudas, concursos e premios.  Recollemos a proposta na web de AULABLOG21 e, hoxe,  - a dúas semanas das vacacións de Nadal- queremos recomendar unha visita O BLOG das bolsas, axudas, concursos e premios.

Contamos coa posibilidade de buscar por palabras -posúe un buscador interno- e  por categorías (bolsas, axudas, concursos, cursos e premios). Unha interesante fonte informativa.

DEZ MIL VISITAS EN 9 MESES

DEZ   MIL  VISITAS  EN  9  MESES

O día 6 de Marzo de 2005 instalamos no blog de Orientación un contador de visitas. Hoxe, nove meses despois, xa superamos as 10.000 visitas.  Aproveitando a ocasión, queremos agradecer a todos/as o seu interese e opinión. MOITAS GRAZAS.

II CONGRESO NACIONAL DE ORIENTACIÓN

II  CONGRESO  NACIONAL  DE  ORIENTACIÓN

Congreso Nacional de Orientación

Os cambios que veñen no campo educativo, xunto coas novas demandas da sociedade, obrigan a unha revisión e actualización da orientación para encontrar respostas eficaces no ámbito persoal, educativo e profesional. Este obxectivo é o que mobilizará a centos de profesionais que se darán cita no segundo Congreso Nacional de Orientación, no palacio de congresos de Mérida, os días 2, 3 e 4 de decembro.

Promovido pola COPOE (Confederación de Organizacións de Psicopedagoxía e Orientación de España) e organizado por APOEX (Asociación Profesional de Orientadores en Estremadura) o evento supón dotar de continuidade ao movemento asociativo que xerminou no primeiro encontro nacional celebrado en Toledo no 2003. (Información do xornal "La Voz de Galicia")

Web oficial do evento: http://www.apoex.net/encuentro/index.htm.

Entrevista con Juan A. Planas  -Coordinador  da Confederación de Organizacións de Psicopedagoxía e Orientación de España- (COPOE).

DOSSIER INFORMATIVO E CONCLUSIÓNS   do II Congreso Nacional de Orientación

APLICACIÓN INFORMÁTICA PARA CREAR ACTIVIDADES ESCOLARES

APLICACIÓN INFORMÁTICA PARA CREAR ACTIVIDADES ESCOLARES

Ardora é unha aplicación informática que permite, a todas e todos os docentes, crear as súas propias actividades, en formato html, para os seus alumnos e alumnas dun xeito moi sinxelo.
Con Ardora pódense crear máis de 20 tipos distintos de actividades. O profesor ou profesora só debe centrar o seu esforzo nos elementos da actividade non no seu tratamento informático.
  
Máis información na páxina de "Ensino en Galego".
Visita a web do CEIP de Palmeira

PREPARARSE PARA BUSCAR UN EMPREGO

PREPARARSE  PARA  BUSCAR  UN  EMPREGO

 

O portal da  Educación Social  adica un apartado da súa web ó tema da orientación para o emprego.

Podemos consultar documentos para elaborar unha carta de presentación -con exemplos de cartas de presentación- e un currículum vitae -con exemplo de currículum vitae-.

Complementariamente, ofrece unha guía orientativa sobre a entrevista de traballo -con posibles preguntas nunha entrevista de traballo-.

Por último, facilita unha guía orientativa dun Plan de Empresa.

REFLEXIÓNS DO ALUMNADO DE 1º DE BACHARELATO (CURSO 2005/2006)

REFLEXIÓNS  DO  ALUMNADO  DE  1º  DE  BACHARELATO (CURSO 2005/2006)

  • Estudiar si que costa, hai que facer un esforzo. Creo que estudiando e esforzándome máis non terei problemas para aprobar.

 INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA "GARCÍA BARBÓN"

  • Supoño que os meus resultados non serán moi malos, porque me esforzo, traballo nas clases e na casa, estudo e compórtome bastante ben. Todo iso inflúe, por iso espero non suspender nada.

Outras aportacións: opinións dunha experta (Pilar Lacasa, catedrática de Universidade)

20 PREGUNTAS SOBRE A REFORMA EUROPEA DOS TÍTULOS UNIVERSITARIOS

20  PREGUNTAS  SOBRE  A REFORMA  EUROPEA  DOS TÍTULOS  UNIVERSITARIOS

O Espazo Europeo de Educación Superior (E.E.E.S) é un tema que xa temos tratado noutras ocasións, utilizando como fontes informativas as páxinas do Ministerio de Educación e Ciencia (MEC), das Universidades Galegas e a de Universia.

A referencia informativa que queremos recomendar: "20 preguntas sobre a reforma europea das titulacións universitarias" explica, dunha maneira sinxela e breve,   a nova estructura da ensinanzas universitarias (o prazo para ter listo o novo catálogo de titulacións remata en outubro de 2007) e as características xerais dos estudos de grao.

TITULACIÓNS MÁIS SOLICITADAS POLAS EMPRESAS

TITULACIÓNS  MÁIS  SOLICITADAS  POLAS  EMPRESAS

A Fundación Universidade-Empresa acaba de editar a “Guía de las empresas que ofrecen empleo 2005-2006” que pretende ser unha ferramenta eficaz para planificar e xestionar  a busca de emprego.

O Informe –no que participaron 431 empresas- sinala que o sector da Informática e das Telecomunicacións  son as áreas que máis emprego  ofertan.  
 

No que afecta á demada de titulados/as, aínda que os enxeñeiros en Telecomunicacións e Informática son demandados/as pola metade das empresas, a carreira máis solicitada é Administración e Dirección de Empresas –o 62% do sector empresarial require tal especialidade-. Outras titulacións con demanda son: Enxeñería Superior Industrial, Economía, Informática, Dereito, Telecomunicacións e Empresariais.

 Os empresarios/as  prefiren titulados/as en carreiras técnicas (51.8%),  de Ciencias Sociais e Xurídicas (32.9%) e de Ciencias Experimentais e da Saúde (12.1%). 

Os titulados de Formación Profesional máis demandados pola empresa traballan nos Departamentos de Administración, Informática, Contabilidade e Finanzas e Atención ao cliente. Os perfís máis solicitados son os de tipo empresarial e técnico.

 Máis información:

XORNAL     EL PAÍS

XORNAL     EL MUNDO

DESPOIS DE 2º DE BACHARELATO QUEREMOS CURSAR FORMACIÓN PROFESIONAL

DESPOIS DE  2º  DE BACHARELATO QUEREMOS CURSAR FORMACIÓN PROFESIONAL

Estudos de Formación Profesional preferidos polo alumnado de 2º de Bacharelato (Curso 2005/2006)

(Un 46% do alumnado -de dous grupos de 2º de Bacharelato- solicita información sobre estudos de Formación Profesional)

Familia profesional (alumnado interesado)

1.- Servizos socioculturais e a comunidade (9)

2.- Comunicación, imaxe e son (7)

3.- Comercio e marketing (6)

4.- Electricidade e electrónica (5)

5.- Deseño gráfico (4)

6.- Informática (3)

7.- Artes gráficas (3)

DESPOIS DE 2º DE BACHARELATO QUEREMOS ESTUDAR NA UNIVERSIDADE

DESPOIS  DE  2º  DE  BACHARELATO  QUEREMOS ESTUDAR  NA UNIVERSIDADE

Estudos universitarios preferidos polo alumnado de 2º de Bacharelato (Curso 2005/2006).

(A maioría do alumnado -92%- solicita información sobre estudos universitarios)

1.- Licenciado/a en Psicoloxía (8 alumnos/as interesados/as)

2.- Arquitectura Técnica (7 alumnos/as interesados/as)

3.- Publicidade e Relacións Públicas (7 alumnos/as interesados/as)

4.- Mestre/a de Educación Infantil (6 alumnos/as interesados/as)

5.- Enxeñería Técnica en Informática de Sistemas (5 alumnos/as interesados/as)

6.- Diplomado/a en Turismo (4 alumnos/as interesados/as)

7.- Licenciado/a en Pedagoxía (4 alumnos/as interesados/as)

8.- Licenciado en Xornalismo (4 alumnos/as interesados/as)

9.- Licenciado/a en Administración e Dirección de Empresas (3 interesados/as)

10.- Licenciado/a en Ciencias Políticas e da Administración (3 interesados/as)

11.- Licenciado/a en Comunicación Audiovisual (3 interesados/as)

12.- Licenciado/a en Filoloxía Inglesa (3 interesados/as)

13.- Licenciado/a en Filosofía (3 interesados/as)

14.- Mestre/a de Educación Primaria (3 interesados/as)

DÍA DE INTERNET

DÍA  DE  INTERNET

O día de internet -25 de outubro- ten unha páxina de seu. As actividades que se realizan para celebrar a data poden consultarse na web Dia de Internet . Os xornais adican espazo e informacións diversas. EL PAÍS                 

 

O día de internet en Galicia

As estatísticas da fenda dixital galega

Información de Vieiros

Observatorio das Tecnoloxías da Información e da Comunicación en Galicia

Estatísticas de uso de novas tecnoloxías na empresas galegas

EU DE MAIOR QUERO SER.......(Estudos de formación profesional)

EU  DE  MAIOR  QUERO  SER.......(Estudos de formación profesional)

Estudos de Formación Profesional preferidos polo alummnado de 1º de Bacharelato.
Curso 2005-2006.

FAMILIA PROFESIONAL (ALUMNADO INTERESADO)

1.-HOSTALERÍA E TURISMO (17)

2.-ELECTRICIDADE E ELECTRÓNICA (16)

3.-ADMINISTRACIÓN (10)

4.-SERVIZOS SOCIOCULTURAIS E A COMUNIDADE (10)

5.-INFORMÁTICA (7)

6.-DESEÑO GRÁFICO (6)

7.-COMUNICACIÓN, IMAXE E SON (5)

EU DE MAIOR QUERO SER..... (Estudos universitarios)

EU DE MAIOR QUERO SER..... (Estudos universitarios)

TITULACIÓNS UNIVERSITARIAS PREFERIDAS POLO ALUMNADO DE 1º DE BACHARELATO.
CURSO 2005/2006.

1.- Mestre/a de Educación infantil (10 alumnos/as interesados/as)
2.- Diplomado/a en Turismo (9 alumnos/as interesados/as)
3.- Administración e Dirección de Empresas (7 alumnos/as interesados/as)
4.- Publicidade e Relacións Públicas (7 alumnos/as interesados/as)
5.- Licenciado/a en Xornalismo (7 alumnos/as interesados/as)
6.- Mestre/a en Educación Física (5 alumnos/as interesados/as)
7.- Enxeñería Técnica Industrial (electricidade) (5 alumnos/as interesados/as)
8.- Enxeñería Técnica en Informática de Sistemas (4 alumnos/as interesados/as)
9.- Mestre/a de Educación Primaria (4 alumnos/as interesados/as)
10.- Licenciado/a en Psicoloxía (4 alumnos/as interesados/as)
11.- Licenciado/a en Dereito (3 alumnos/as interesados/as)
12.- Enxeñería Técnica en Informática de Xestión (3 alumnos/as interesados/as)
13.- Enxeñería Informática (3 alumnos/as interesados/as)

UNHA NOVA GUÍA DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL

UNHA  NOVA  GUÍA  DE ORIENTACIÓN  PROFESIONAL

A Guía de Orientación Profesional, recurso moi valioso para saber sobre as profesións, [sen discriminacións sexistas] da conta das distintas profesións (descrición de cada unha, saída laboral, estudos necesarios, aptitudes requeridas e referencia a unha muller que destacase na profesión). Inclúe un test.
A información sobre a Guía de Orientación Profesional procede da:
páxina de orientación educativa -Orientasiloe-
e do Blog Carolinaorienta.

ECONOMÍA, EDUCACIÓN, OPOSICIÓNS E EMPREGO

ECONOMÍA, EDUCACIÓN, OPOSICIÓNS E  EMPREGO

A web principal que queremos recomendar hoxe recolle unha manchea de informacións de interese, especialmente no ámbito da Economía. A páxina ECOBACHILLERATO.COM é un exemplo de traballo ben feito que nos facilita moitos e útiles recursos didácticos.
Complementariamente, podemos informarnos sobre a oferta de emprego público e oposicións no blog sobre oposicións, sobre novas de Economía e de recursos variados para aprender a crear empresas

SEN TABACO [SEN TABACO] SEN TABACO

SEN   TABACO 	[SEN   TABACO]	 SEN   TABACO

Fumar non é bo para a nosa saúde. Os adolescentes teñen que saber toda a verdade sobre o tabaco e os seus efectos na saúde, por elo, recomendamos ler a guía sobre o tabaco e a saúde

Hai que procurar deixar de fumar, temos que mentalizarnos e coñecer a nosa motivación para abandonar o tabaco. Podemos comezar por coñecer a nosa motivación para deixar de fumar (test de Richmond)

Para completar a información e coñecer outras fontes documentais na rede, visitaremos os recursos en internet para deixar de fumar.

As novas de actualidade en relación co tabaco – recentes disposicións legais – dispoñen que: sen tabaco no lugar de traballo

Recursos didácticos

A prevención do tabaquismo (materiais didácticos Educación Primaria)
Para saber sobre o tabaco (materiais didácticos Educación Secundaria)

Máis información

Comité Nacional de Prevención do Tabaquismo