Blogia

GUÍA DE INFORMACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

ACTIVIDADES DE ORIENTACIÓN CON INTERNET EN 1º DE BACHARELATO

ImgDump.net

En 1º de Bacharelato estamos procurando que o alumnado se familiarice coas novas tecnoloxías. Para elo, en sesións anteriores, cada alumno dotouse dunha conta de correo electrónico en YAHOO (primeira sesión), creou un blog en BLOGIA e comezamos a aprender sobre a publicación de información no noso blog (segunda sesión).

Na sesión do día 13 de marzo de 2006 vamos dar un paso máis na aprendizaxe. En primeiro lugar, vamos suscribir unha conta para cada alumno/a en BLOGLINES.

En segundo lugar, unha vez recibida a confirmación da nosa suscrición en Bloglines e realizada a validación correspondente no noso correo electrónico, procederemos a utilizar o servizo de suscrición de novas . Antes de pechar o correo electrónico, mandaremos unha mensaxe a: iesbarbon@gmail.com na que anotaremos: (Asunto= o meu blog) (texto= nome completo do meu blog).

En terceiro e último lugar, suscribimos -engadimos- no noso Bloglines -previa identificación do servizo de RSS- o Blog de Orientación, o Blog de Matemáticas e o Blog Blogalego .

I.E.S. GARCÍA BARBÓN - DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

PRIMEIRO CUMPREANOS DO BLOG DE ORIENTACIÓN

PRIMEIRO   CUMPREANOS   DO   BLOG   DE   ORIENTACIÓN

A Guía de Información Académica e Profesional é un Blog de Orientación en construcción permanente que pretende ofrecer, a medio prazo, un servizo de información académica e profesional relativamente completo, actualizado e participativo.

6 de marzo de 2005 - 6 de marzo de 2006

Moitas grazas a tod@s.

TITULACIÓNS UNIVERSITARIAS E NOTAS DE CORTE

TITULACIÓNS UNIVERSITARIAS E NOTAS DE CORTE

Unha das preguntas frecuentes e das preocupacións de moitos adolescentes ten que ver coas notas de corte necesarias para poder realizar os estudos desexados.

Agora, -por iniciativa do Ministerio de Educación e Cultura e do Consello de Coordinación Universitaria- xa dispomos dunha páxina web que nos facilita a consulta da oferta pública de prazas universitarias e as notas de corte .

Información relacionada:

Buscador de notas de corte

¡ NORABOA A VIEIROS POLO SEU DÉCIMO ANIVERSARIO !

¡ NORABOA A VIEIROS POLO SEU   DÉCIMO ANIVERSARIO !

 ¡ NORABOA A VIEIROS POLO SEU DÉCIMO ANIVERSARIO!

Vieiros

1996-2006. 10 anos nos teus ollos

Dez anos nos teus ollos
O 24 de febreiro de 1996 a primeira páxina de Vieiros vía a luz en Ferrol. Agora soa tópico dicir que non contabamos con botar dez anos e con converternos no medio en galego máis lido. Pero foi así. Durante o 2006 argallaremos distintos actos de celebración para agradecervos o voso apoio como lectores e lectoras, as informacións que nos enviastes, as vosas críticas. Grazas por deixarnos chegar ata aquí. Debémosvos unha.

Vieiros Décimo Aniversario

APLICACIÓNS E PROGRAMAS INFORMÁTICOS SEN COSTE

APLICACIÓNS E PROGRAMAS  INFORMÁTICOS  SEN COSTE

Existe unha importante e numerosa oferta de aplicacións e programas informáticos que podemos utilizar sen coste. Por elo, é necesario coñecer algúnha das páxinas web nas que se informa sobre tal tipo de aplicacións.

En primeiro lugar, unha interesante proposta que se recolle en AULA21 e que levan a cabo en León.

En segundo lugar, a novidosa aportación que representa a WEB 2.0.

En terceiro lugar, unha páxina que nos facilita a posibilidade de baixar un cd con aplicacións sen coste.

TÉCNICAS DE ESTUDO: ESCRIBIR PARA APRENDER

TÉCNICAS DE ESTUDO:  ESCRIBIR PARA APRENDER

Xa temos recomendado diferentes materiais dixitais de interese sobre hábitos e técnicas de estudo. A nova aportación que queremos recomendar pode ser de moita utilidade. Cremos que é necesario escribir para aprender mellor , polo que aconsellamos a  súa lectura atenta.

VOLUNTARIADO DE NOVAS TECNOLOXÍAS EN RED-CONECTA VERÍN

VOLUNTARIADO DE NOVAS TECNOLOXÍAS EN  RED-CONECTA VERÍN

No blog de Redconecta Verín podemos ler distintas informacións sobre as actividades que realiza e os novos proxectos que ten previsto poñer en marcha.

As actividades formativas que ofrece podemos consultalas nos servizos que ofrecen en RED CONECTA.

Para coñecer o novo proxecto Conecta Xoven e as súas metas visitaremos CONECTA XOVEN.

Para rematar e completar a información, podemos ler as características do Curso de Voluntariado en Novas Tecnoloxías .

¡ NORABOA PARA @S GAÑADOR@S !

¡ NORABOA PARA @S  GAÑADOR@S !

Os alumn@s deste centro:

BIEITO BARREIRA BARREIRA

JUAN MANUEL TEIXEIRA ZARRAQUIÑOS

NEREA SALGADO JIMÉNEZ

NOELIA SALGUEIRO LÓPEZ

VALENTINA SALGADO RODRÍGUEZ

FORON GAÑADORES DO CERTAME DE CURTOS CINEMATOGRÁFICOS

ESCOLA DE AUDIOVISUAIS DE PONTEVEDRA

TEMOS MÁIS FOTOS

CONTRA O FRACASO ESCOLAR: APRENDER A ESTUDAR

CONTRA O FRACASO ESCOLAR: APRENDER A ESTUDAR

Na edición de hoxe do xornal dixital "La Región ", podemos ler que o I.E.S. "Xesús Taboada Chivite" de Verín puxo en marcha un Programa Educativo de loita contra o fracaso escolar.

O Plan de Apoio, Reforzo e Orientación -que afecta a tres grupos de 10 alumnos//as- pretende funcións diferentes: a) a potenciación dos hábitos de traballo e lectura, b) ensinar técnicas de estudo e c) tratar de que os/as alumnos/as sexan autónomos/as no seu proceso de aprendizaxe.

Unha experiencia educativa moi interesante.

SER ADOLESCENTE HOXE

SER  ADOLESCENTE  HOXE

Luis Barriocanal da conta dunha nova publicación que recolle os traballos presentados no Congreso "Ser adolescente hoy". Podemos consultar o texto das comunicación e ponencias e visualizar algunhas das distintas intervencións.

RECURSOS PEDAGÓXICOS PARA TOD@S

RECURSOS PEDAGÓXICOS PARA TOD@S

Domingo Méndez  da conta dunha manchea de recursos pedagóxicos, moitos deles planificados e realizados para o alumnado que presenta necesidades educativas especiais. O seu autor, Bernat Orellana Pozo facilítanos unha referencia de cada material e as webs e blogs nas que podemos localizar o recurso didáctico e toda a información necesaria.

NOVAS APORTACIÓNS SOBRE A REFORMA DOS ESTUDOS UNIVERSITARIOS

A reforma dos estudos universitarios vai rebaixar a duración da maioría das titulacións ( 3 anos) e potenciar as prácticas

Os 22 novos títulos universitarios.

Os novos estudos universitarios (OUTRAS INFORMACIÓNS).

O ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR (E.E.E.S.)

Información do xornal "El Mundo" do venres, día 10 de febreiro de 2006 .

EE 014ES

SOBRE OS CONTIDOS DO TEMA "BLOGS DE ALUMN@S"

SOBRE  OS CONTIDOS DO TEMA   "BLOGS DE ALUMN@S"

O tema "Blogs de alumn@s" é unha novidade que, polo de agora, está en fase de preparación. Estamos traballando co alumnado na creación, planificación e mantemento do seu propio blog. Queremos que o blog se convirta -pouco a pouco- nunha ferramenta de traballo para aprender, de maneira principal, sobre temas de información académica e profesional.
BYellow LRadio City GSecret

SOBRE OS CONTIDOS DO TEMA "XUVENTUDE"

O tema "Xuventude " agrupa distintos contidos de posible interese informativo para os adolescentes. Aportamos información, entre outras cuestións, sobre temas de educación sexual, drogas, problemas de alimentación (anorexia, bulimia), tabaquismo, música, etc.


oneletter VEDetail I 015aBlue N

LIBROS INTERACTIVOS MULTIMEDIA

LIBROS  INTERACTIVOS  MULTIMEDIA

No Blog de Ensino en Galego dan conta dunha novidade interesante, o libro interactivo multimedia.

O recurso tecnolóxico presenta múltiples posibilidades no eido educativo (actividades de resposta múltiple, quebracabezas, sopa de letras, etc). Facilita un editor (Edilim) e o resultado está en formato flash.

TITULACIÓNS UNIVERSITARIAS EUROPEAS

O Ministerio de Educación e Ciencia (MEC) rematou as propostas de directrices -preliminares- das primeiras titulacións adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES).

As 22 titulacións universitarias son:

Filosofía  Linguas Modernas
 Psicoloxía
 Historia Economía Maxisterio (Educación Infantil)
 Historia da Arte
 Administración e Dirección de Empresas
 Maxisterio (Educación Primaria)
 Xeografía
Enxeñería Mecánica
 Dereito Enxeñería de Telecomunicacións
 Física Enxeñería Aeronáutica
 Matemáticas
 Xeoloxía Bioloxía Química
 Fisioterapia Medicina Enfermería
 

As novas titulacións universitarias.

O Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) no sistema universitario de Galiza .


A CLAVE DO TRABALLO DA/O ORIENTAD@R É A COLABORACIÓN

A  CLAVE DO TRABALLO DA/O ORIENTAD@R É A COLABORACIÓN

A compañeira Ana Torres acaba de publicar no xornal La Voz de Galicia unha interesante aportación sobre o traballo das/os orientadoras/es nos centros educativos.

Na súa aportación sinala, entre outros aspectos, a necesidade de plantexar a tarefa orientadora como un traballo colaborativo co conxunto da comunidade educativa.

PREMIOS SIEGA 2005 (MATERIAIS DIXITAIS)

PREMIOS SIEGA 2005 (MATERIAIS DIXITAIS)

Xa se coñecen os materiais educativos gañadores da convocatoria dos Premios SIEGA 2005.

Aproveitando a ocasión para felicitar ao profesorado agasallado pola gran calidade dos traballos, queremos deixar constancia do noso desacordo co feito de que máis da metade dos premios fosen declarados desertos (como se recolle no Blog de Ensino en galego).

¿Os blogs de moitos profesores/as son materiais educativos dixitais de potencial interese pedagóxico?.

¿Os premios Siega 2006 van considerar os blogs como materiais que poden ser premiados?

A XUNTA CONVOCA PROCESO SELECTIVO (100 PRAZAS DE AXENTES FORESTAIS)

A XUNTA CONVOCA PROCESO SELECTIVO (100 PRAZAS DE AXENTES FORESTAIS)

No Diario Oficial de Galicia do día 9 de xaneiro de 2006, aparece publicada a Orde do 26 de decembro de 2005, pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo de Auxiliares  Técnicos da Xunta de Galicia (grupo D), escala de axentes forestais. O prazo de presentación de solicitude é de vinte días naturais.

A orde de convocatoria pode consultarse aquí.

RECURSOS DIDÁCTICOS DE CALIDADE

RECURSOS DIDÁCTICOS DE CALIDADE

Cada día existen máis recursos didácticos en internet para poder ser utilizados nas aulas. Na web do Ministerio de Educación e Ciencia podemos visitar e coñecer os materiais curriculares agasallados -en distintas convocatorias- e clasificados por asignaturas.