Blogia

GUÍA DE INFORMACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

A DEPUTACIÓN DE OURENSE CONVOCA BOLSAS DE PRÁCTICAS EN EUROPA PARA TITULADOS UNIVERSITARIOS

A DEPUTACIÓN DE OURENSE CONVOCA BOLSAS DE PRÁCTICAS EN EUROPA PARA TITULADOS UNIVERSITARIOS

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou as bases reguladoras da primeira convocatoria de Bolsas internacionais 2011 para titulados universitarios, no marco do programa europeo Leonardo da Vinci. Nesta primeira convocatoria serán 37 as bolsas individuais que se concederán para estancias e prácticas laborais en empresas europeas.

Os beneficiarios deberán posuír titulación universitaria ou estar en condición de obter a titulación na data que remate o prazo de presentación de solicitudes. Tamén deberán posuír coñecemento dalgunha das seguintes linguas cun nivel suficiente para desenvolver unha práctica laboral axeitada ao seu grao de formación académica: italiano, francés, portugués, alemán e/ou inglés.

Asimesmo, requírese ter coñecementos de informática a nivel de usuario e non ter sido beneficiario anteriormente dunha bolsa do programa Leonardo da Vinci convocada pola Deputación de Ourense.

O formulario de solicitude de bolsas internacionais poderase obter e cubrir na aplicación informática: http://becasinternacionais.depourense.es. Previamente á validación, deberanse anexar, en formato electrónico, os seguintes documentos: formulario de solicitude; certificado de empadroamento; xustificante acreditativo de ter obtido o título académico no Campus de Ourense (Universidade de Vigo) ou no centro asociado da UNED en Ourense, e, de selo caso, certificado acreditativo da discapacidade do solicitante igual ou superior ao 33%.

ACCESO Á UNIVERSIDADE DESDE OS CICLOS DE GRAO SUPERIOR

III PREMIO EDUCAWEB DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

III PREMIO EDUCAWEB DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

XA PODES DESCARGAR OS PROXECTOS PREMIADOS E ESCOITAR AS ENTREVISTAS AOS GAÑADORES DA III EDICIÓN

Educaweb celebrou o III Premio de Orientación Académica e Profesional no que participaron 56 proxectos e resultaron agasallados seis.

Educaweb proporciona a descarga dos proxectos gañadores da III edición do Premio e facilita a opinión dos gañadores/as mediante unha entrevista.

PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR DE FORMACIÓN PROFESIONAL INICIAL - 2011

 

PROBAS DE ACCESO

CICLO MEDIO

CICLO SUPERIOR

Inscrición para a proba

28 de febreiro ao 11 de marzo

24 de xaneiro ao 4 de febreiro

Celebración da proba

3 de xuño

2 de abril

 -Información probas de acceso grao medio


-Información probas de acceso grao superior


 

 

CONVOCATORIA PARA FUTUROS PROFESORES/AS DE AUTOESCOLA

Lemos no blog de Ángeles González Pérez (Onda Cero Verín)unha información interesante sobre a convocatoria para futuros profesores/as de Autoescola.

A información completa pode consultarse aquí.

CURSOS DE FORMACIÓN DO PROFESORADO SEN COSTE

CURSOS DE FORMACIÓN DO PROFESORADO SEN COSTE

CURSOS DE FORMACIÓN DO PROFESORADO

INSTITUTO DE TECNOLOXÍAS EDUCATIVAS (I.T.E.)

PRAZO DE PREINSCRICIÓN

COMEZO

DÍA 10 DE XANEIRO DE 2011 ÁS 12 HORAS

REMATE

DÍA 19 DE XANEIRO DE 2011 ÁS 14 HORAS

 O I.T.E. ofrece sesenta cursos de formación no ámbito das novas tecnoloxías da información e da comunicación na educación que comezarán o día 22 de febreiro de 2011.

INSERCIÓN LABORAL DOS TITULADOS/AS DE FORMACIÓN PROFESIONAL EN GALICIA

Inserción laboral das persoas tituladas de formación profesional

No momento de realizar a enquisa (maio de 2010), a situación laboral das persoas tituladas, que remataron estudos de formación profesional no curso 2007-2008 e do alumnado que rematou e superou a FCT no ano 2009 en Galicia é a seguinte:

           Situación laboral actual

                                                       Curso 2007-2008     FCT 2009
Traballando.                                           42,6 %               35,0 %
Buscando emprego.                                29,0 %               39,1 %
 Estudando.                                             27,0 %                24,2 %
 Outros: non traballa nin busca emprego.   1,5 %                  1,8 %
Táboa 1. Resultados globais da situación laboral actual

Comparando estes datos cos estudos de inserción laboral anteriores, obsérvase a diminución de titulados que están empregados, un aumento dos titulados en situación de busca de emprego e un aumento considerable dos titulados que continúan a formarse.

Outros estudos de inserción laboral dos titulados de Formación Profesional:

    - Inserción laboral titulados de FP que remataron no curso 2003-2004 (ano 2006)
    - Inserción laboral titulados de FP que remataron no curso 2004-2005 (ano 2007)
    - Inserción laboral titulados de FP que remataron no curso 2005-2006 (ano 2008)


 

NOVAS RELACIONADAS SOBRE O EMPREGO NA FORMACIÓN PROFESIONAL.

NOVO PORTAL DE FORMACIÓN PROFESIONAL

NOVO PORTAL DE FORMACIÓN PROFESIONAL

Lunapic Photo Editing

Xa dispomos dun novo portal de información sobre os estudos de Formación Profesional e interesantes aportacións sobre os procesos de orientación profesional e toma de decisións.

PROPOSTA DE REGALOS EN GALEGO: AGASALLO

50 PROFESIÓNS CON POUCAS MULLERES

50 PROFESIÓNS CON POUCAS MULLERES

Relación das 51 categorías profesionais

• Analistas de aplicacións e programadores/as informáticos/as de nivel medio
• Axentes de manobras ferroviarias
• Axustadores/as de máquinas de labrar madeira
• Bañista-socorrista
• Compositores/as, músicos/as e cantantes
• Condutores/as de autobuses
• Controladores/as de tráfico aéreo
• Detectives privados
• Dirección de departamento de operacións en empresas de comercio
• Dirección de organizacións empresariais, de sindicatos de traballadores/as e outras organizacións de interese socioeconómico
• Dirección doutros departamentos especializados
• Empregados/as de pompas fúnebres e embalsamadores/as
• Encargados/as en instalacións de procesamento de metais
• Encargado/a de operadores/as de maquinaria de movemento de terras e de materiais
• Encargado/a de operadores/as de máquinas para elaborar produtos alimenticios, bebidas e tabaco
• Encargo/a de operadores de máquinas para fabricar produtos químicos
• Ensambladores/as de produtos metálicos, de caucho e de plástico
• Físicos/as e astrónomos/as
• Mariñeiros/as de cuberta de barco e asimilados/as
• Mecánicos/as e axustadores/as de motores de avión
• Mergulladores/as
• Montadores/as de quipos electrónicos
• Montadores/as e empalmadores/as de cables
• Mozos/as de equipaxe e asimlados/as
• Músicos/as, cantantes e bailaríns/as de espectáculos en cabarés e similares
• Oficiais/oficialas maquinistas
• Operadores/as de equipos de filtración e separación de substancias químicas
• Operadores/as de maquinaria agrícola móbil
• Operadores/as de máquinas para elaborar té, café e cacao
• Operadores/as de máquinas para fabricar municións e explosivos
• Operadores/as de máquinas -ferramenta
• Operadores/as de máquinas para fabricar produtos farmacéuticos e cosméticos
• Operadores/as de máquinas para moer cereais e especias
• Operadores/as en instalacións de incineración, de tratamento de augas e outros operadores/as en plantas similares
• Operadores/as en instalacións de tratamento químico-térmico
• Operadores/as en instalacións de tratamento térmico de metais
• Outros diversos traballadores/as dos servizos de protección e seguridade
• Outros/as enxeñeiros/as superiores (excepto agropecuarios/as)
• Outros/as montadores/as e ensambladores/as
• Outros/as profesionais de nivel superior de informática
• Outros/as traballadores/as das obras estruturais de construción
• Outros/as traballadores/as diversos/as de acabado de construcións
• Pegadores/as
• Peóns/peoas de pesca
• Peóns/peoas de obras públicas e mantemento de estradas, presas e construcións similares
• Peóns/peoas forestais
• Peóns/peoas gandeiros/as
• Recolledores/as de lixo
• Traballadores/as cualificados/as por conta allea en actividades agropecuarias
• Taxadores/as e poxadores/as
• Xefes/as de equipo en instalacións de tratamento químico

O PODER DAS PALABRAS

Fonte da información: http://estarorienta2.blogspot.com/2010/12/las-palabras.html

CAMPAÑA DE SOLIDARIDADE DE MÉDICOS SEN FRONTEIRAS

 

GUÍA OFICIAL DE TITULACIÓNS UNIVERSITARIAS 2010/2011

GUÍA OFICIAL DE TITULACIÓNS UNIVERSITARIAS 2010/2011

GUÍA OFICIAL DE TITULACIÓNS UNIVERSITARIAS 2010/2011

CONSELLOS DE ESTUDANTES UNIVERSITARIOS

ESQUEMA DA ACTIVIDADE FORMATIVA

Un grupo de alumnos e alumnas da Facultade de Educación da Universidade da Coruña procurará escribir algúns consellos para o alumnado máis novo, que cursa estudos de Bacharelato, Ciclos Formativos ou outras ensinanzas non universitarias.

Os consellos entre estudantes poden relacionarse con cuestións académicas (hábitos e técnicas de estudo), temas de orientación profesional (variables a ter en conta para tomar decisións de futuro eficaces) ou calquera tema que se considere interesante.

BLOG da actividade formativa: http://orientaconblog.blogspot.com

NOTA INFORMATIVA FINAL:

Por favor, cumprimentade o Cuestionario FINAL.

 

 

MOITAS GRAZAS A NEVES ARZA, PROFESORA QUE ORGANIZA A ACTIVIDADE E A TODOS OS MOZOS E MOZAS QUE FACEDES POSIBLE COA VOSA OPINIÓN ESTE PROCESO DE ORIENTACIÓN VIRTUAL.

OFERTA DE FORMACIÓN PROFESIONAL A DISTANCIA

FORMACIÓN PROFESIONAL A DISTANCIA



       Ciclo de grao superior de Educación infantil.
       Ciclo de grao medio de Emerxencias sanitarias.

   Onde?
      CIFP Ánxel Casal - Monte Alto (A Coruña).
      Teléfono de información: 981 210 112.

   Prazo de presentación de solicitudes
      Do 12 ao 18 de novembro de 2010, ambos incluídos.

    Máis información
    Borrador da orde do 5 de novembro de 2010 pola que se establece, con carácter experimental, a ordenación da formación profesional inicial polo réxime para as persoas adultas nas modalidades a distancia e semipresencial.

USO EDUCATIVO DO BLOG

BLOGABALAR

PROGRAMA INFORMÁTICO DE ORIENTACIÓN 2010/2011

PROGRAMA INFORMÁTICO DE ORIENTACIÓN 2010/2011

PROGRAMA INFORMÁTICO DE ORIENTACIÓN 2010/2011

O alumnado do I.E.S García Barbón de Verín -Ourense- poden descargar o programa

premendo nesta ligazón.

TRABALLANDO CON BLOGS 2005/2010

FORMACIÓN PROFESIONAL INICIAL 2010-2011

FORMACIÓN PROFESIONAL INICIAL 2010-2011

Folletos informativos

Folletos informativos: centros onde se imparte a formación profesional inicial no curso 2010-2011, perfís profesionais (competencia xeral, postos de traballo máis relevantes, módulos, título que se obtén, acceso a outros estudos) e información dos centros educativos.

INFORMACIÓN SOBRE CARNÉS PROFESIONAIS

 Nas seguintes ligazóns pódense consultar a listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas, e as datas dos exames das probas para a obtención dos carnés profesionais.

Listaxe provisional de solicitudes-

- Listaxe de datas de exames

As persoas excluídas, así como as que non figuren na listaxe, disporán de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da súa publicación, para a emenda de defectos. A documentación presentarase nos rexistros dos departamentos territoriais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, na oficina de rexistro único e información no complexo administrativo de San Caetano ou nos lugares previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Para máis información pode chamar aos seguintes números 881-997407 ou 981-546543.