Blogia
GUÍA DE INFORMACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

EMPREGO

ESTUDO EURYDICE SOBRE A EDUCACIÓN EN EUROPA

ESTUDO  EURYDICE SOBRE A  EDUCACIÓN EN  EUROPA O Informe Eurydice da Comisión Europea sobre "Cifras claves da Educación en Europa, 2005" sinala, entre outras cuestións, que só un 40% dos universitarios/as teñen un traballo axeitado ao seu nivel de estudos, porcentaxe 10 puntos inferior á media europea. Complementariamente, no artigo do xornal EL PAÍS podemos ler que o alumnado que cursa Formación Profesional en Europa é do 63%, fronte ao 38% de España.

RECURSOS DIDÁCTICOS PARA PREPARAR A SELECTIVIDADE

RECURSOS  DIDÁCTICOS PARA  PREPARAR  A  SELECTIVIDADE En primeiro lugar, queremos recomendar unha serie de ligazóns sobre a selectividade que poden ser de utilidade.
En segundo lugare último lugar, temos que visitar unha web na que, entre outras informacións de interese, nos facilitan exames resoltos e un buscador de exercicios resoltos [de distintas convocatorias da selectividade].

Máis información
Comisión Interuniversitaria de Galicia
Ligazóns do Ministerio de Educación e Ciencia

INFORMACIÓN SOBRE O MERCADO LABORAL

O Observatorio Ocupacional facilítanos información interesante sobre o mercado laboral. Cando temos que tomar unha decisión sobre o noso futuro profesional é convinte ter en conta as tendencias do mercado laboral e valorar os datos cuantitativos que se nos proporcionan.
Podemos localizar a situación no mercado laboral das distintas titulacións de Formación Profesional, da totalidade dos títulos universitarios e de outras titulacións.
Datos do Observatorio Ocupacional

¿QUÉ PORCENTAXE DE INSERCIÓN LABORAL TEN A FP?

A tasa de inserción laboral dos alumnos/as galegos/as de Formación Profesional é do 79% de promedio, chegando nalgúns ciclos ao 97% segundo un recente estudo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria sobre os alumnos/as que terminaron os seus estudos no ano 2003.
As familias máis demandadas son as industriais, sector primario e sector servizos. As familias profesionais de carácter industrial: Madeira e Moble (97%), Fabricación Mecánica (91%), Mantemento de Vehículos (87%)e Electricidade e Electrónica (86%). Familias profesionais relacionadas co sector primario: Actividades Marítimo-Pesqueiras (94%). Familias profesionais relacionadas co sector servizos: Hostalería e Turismo (86%)e Imaxe Persoal (85%).
Destacan polo seu carácter polivalente a familia de Administración (80% de inserción laboral) e Comercio e marketing (80%).

Máis información que pode interesarche
La Voz de Galicia. Nova do Xornal.com. Datos de Expansión & Empleo.

EUROPA NECESITARÁ UN MILLÓN DE NOVOS PROFESORES/AS

Europa precisará incorporar máis dun millón de novos/as profesores/as ó longo dos vindeiros dez anos.
No segundo Informe anual da Comisión Europea, entre outras cuestións, dase conta da necesidade de incorporar a máis dun millón de profesores/as nunha década, xa que existe unha alta proporción de docentes que se achegan á idade de xubilación.
Maís información desta novidade en Ensenet.
O informe completo pode consultarse aquí.

O MERCADO LABORAL E AS TITULACIÓNS UNIVERSITARIAS

O MERCADO LABORAL E AS TITULACIÓNS UNIVERSITARIAS Tendo en conta os datos dun estudo realizado polo Círculo de Progreso -do ano 2000 ó 2004-, podemos dicir que só un 20% dos universitarios/as elixen carreiras técnicas que son as que recollen o 62,7% das ofertas, sen embargo, un 50% dos titulados/as elixe estudos de Ciencias Xurídicas e Sociais, que só xeran un 27% dos postos de traballo.
As carreiras máis demandadas polos empresarios/as son as seguíntes: Arquitectura Técnica, Administración e Dirección de Empresas, Económicas, Enxeñería Técnica Industrial e Enxeñería Técnica de Obras Públicas.
Podemos ler a información completa en "La Voz de Galicia".

ANÁLISE DO EMPREGO UNIVERSITARIO 2004 (Continuación)

ANÁLISE DO EMPREGO UNIVERSITARIO 2004 (Continuación) CARREIRAS DO ÁMBITO DAS CIENCIAS SOCIAIS
O peso das titulacións do ámbito das ciencias sociais no conxunto do emprego cualificado no ano 2004 foi do 6,28%.
As titulacións máis demandadas foron, por orde de importancia, Dereito, Psicoloxía, Turismo, Xornalismo, Publicidade e Biblioteconomía e Documentación.
As mellores previsións son para a diplomatura de Mestre/a –aumento da natalidade-, e as carreiras que poden telo máis difícil son Xornalismo e Publicidade e Relacións Públicas.

CARREIRAS DO ÁMBITO DA ECONOMÍA E A EMPRESA
O peso das titulacións do ámbito da economía e a empresa no conxunto do emprego cualificado no ano 2004 foi do 15,18%.
As titulacións máis demandadas foron, por orde de importancia, Administración e Dirección de Empresas, Economía, Diplomatura de Empresariais, Relacións Laborais, Ciencias Actuariais e Financeiras e Xestión e Administración Pública.

CARREIRAS DO ÁMBITO DE HUMANIDADES
O peso das titulacións do ámbito de Humanidades no conxunto do emprego cualificado no ano 2004 foi do 1,53%.
As titulacións máis demandadas foron, por orde de importancia, Filoloxía Inglesa, Traducción e Interpretación, Belas Artes, Filoloxía Hispánica, Historia e Xeografía.
As mellores previsións son para Traducción e Interpretación e as Filoloxías Inglesa e Hispánica.

CARREIRAS DO ÁMBITO DA ENXEÑERÍA
O peso das titulacións do ámbito da Enxeñería no conxunto do emprego cualificado no ano 2004 foi do 18,19%.
As titulacións máis demandadas foron, por orde de importancia, Enxeñeiro Técnico Industrial, Enxeñeiro Industrial, Enxeñeiro Técnico Informático, Enxeñeiro Técnico de Telecomunicacións, Enxeñeiro en Informática, Enxeñeiro de Telecomunicacións e Enxeñeiro Químico.
A previsión para os vindeiros meses é unha mellora xeral, que pode superar o 10%

Fonte: Pedro Manuel Boyer. “Ranking de empleo universitario. Primavera del empleo cualificado. En Anuario 2005 Entre Estudiantes. (Páx. 98-105)
O ranking de emprego recolle as 50 titulacións universitarias e de Formación Profesional máis demandadas nos xornais e nos principias portais de emprego de internet durante o ano 2004.

A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Hoxe, día 17 de marzo de 2005 ás 12.40 horas no salón de actos do Instituto "García Barbón" vai ter lugar unha charla informativa sobre os estudos que se imparten na Universidade de Santiago de Compostela para o alumnado de 2º de Bacharelato. ¡Moitas grazas a Víctor Arce pola súa información!.
Máis información para estudantes de Ensino Medio de centros de Galicia, pode consultarse facendo clic aquí.
A páxina web da Universidade de Santiago que facilita o contacto informativo cos centros de Ensino Medio pode atoparse aquí.
Por último, para saber das titulacións e das súas saídas profesionais non podemos deixar de visitar o libro das titulacións.

Outras informacións que poden interesarche

Axudas da Universidade de Santiago para dotar os seus alumnos/as de ordenadores portátiles.
Titulacións, saídas profesionais e axuda para buscar emprego na Universidade de Santiago.
Límite de prazas na Universidade de Santiago.
A Universidade de Santiago (USC) entre as 500 mellores do mundo.