Finaliza a publicación de información

Desde o mes de febreiro de 2005 estivemos publicando información relacionada con temas de orientación educativa, pero chegou o momento de finalizar este interesante, útil e proveitoso proxecto de información, comunicación e formación.
Seguimos traballando cun novo blog -creado hai algo máis dun ano-
Proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade. (ABAU 2023)

Proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade.
Convocatoria ordinaria: 6, 7 e 8 de xuño de 2023
Convocatoria extraordinaria: 11,12 e 13 de xullo de 2023
Resolución do 13 de febreiro de 2023 (DOG do 21 de febreiro)
Parámetros de ponderación 2023-2024
Guía TI ELIXES 2023 (Concello da Coruña)

Guía TI ELIXES 2023 (Concello da Coruña)
Fago miñas as recomendacións de Mónica Diz e animo aos estudantes a que visiten e coñezan a Guía TI ELIXES. Unha guía imprescindible en PDF que recolle información académica sobre o sistema educativo e un amplio listado de recursos e direccións, cos seus respectivos enlaces, sobre emprego, educación, bolsas e axudas.
Becas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo 2023-2024
Bolsas do MEFP para o curso 2023/24

O Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) publicou, no BOE do 17/03/2023, o Anuncio da Convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2023/24 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.
Prazo de solicitudes para o curso 2023/24: do 27 de marzo ao 17 de maio de 2023.
- Procedemento exclusivamente telemático a través da Sede Electrónica do MEFP: