Blogia
GUÍA DE INFORMACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

XUVENTUDE

¡ NORABOA PARA @S GAÑADOR@S !

¡ NORABOA PARA @S  GAÑADOR@S !

Os alumn@s deste centro:

BIEITO BARREIRA BARREIRA

JUAN MANUEL TEIXEIRA ZARRAQUIÑOS

NEREA SALGADO JIMÉNEZ

NOELIA SALGUEIRO LÓPEZ

VALENTINA SALGADO RODRÍGUEZ

FORON GAÑADORES DO CERTAME DE CURTOS CINEMATOGRÁFICOS

ESCOLA DE AUDIOVISUAIS DE PONTEVEDRA

TEMOS MÁIS FOTOS

SER ADOLESCENTE HOXE

SER  ADOLESCENTE  HOXE Luis Barriocanal da conta dunha nova publicación que recolle os traballos presentados no Congreso "Ser adolescente hoy". Podemos consultar o texto das comunicación e ponencias e visualizar algunhas das distintas intervencións.

EMILIO RÚA, CANTAUTOR DA COMARCA , GAÑA NO FESTIVAL DE CANTAUTORES

EMILIO  RÚA, CANTAUTOR DA COMARCA , GAÑA NO FESTIVAL DE CANTAUTORES

Emilio Rúa -natural do Concello de Riós- acaba de gañar o Festival de Cantautores de Elxe con "Querida alegría", unha canción interpretada en galego.

 

Visita a súa páxina web e escoita a canción gañadora. 

Unha voz fantástica, cancións cheas de sentimentos, unha capacidade inmensa para a composición e a producción, e un estilo absolutamente persoal e característico son as bazas de Emilio Rúa, un cantautor a ter en conta, un dos maiores expoñentes da canción de autor galega e nacional, ó que só lle falla xirar polo país para demostrar o seu enorme potencial.

Máis información:

Letras e música do seu cd.

 Páxina de cantautores do mundo.

   

BOLSAS, AXUDAS, CONCURSOS E PREMIOS

BOLSAS, AXUDAS, CONCURSOS E PREMIOS

Un blog que nos informa -diariamente- dunha manchea de bolsas, axudas, concursos e premios.  Recollemos a proposta na web de AULABLOG21 e, hoxe,  - a dúas semanas das vacacións de Nadal- queremos recomendar unha visita O BLOG das bolsas, axudas, concursos e premios.

Contamos coa posibilidade de buscar por palabras -posúe un buscador interno- e  por categorías (bolsas, axudas, concursos, cursos e premios). Unha interesante fonte informativa.

SEN TABACO [SEN TABACO] SEN TABACO

SEN   TABACO 	[SEN   TABACO]	 SEN   TABACO Fumar non é bo para a nosa saúde. Os adolescentes teñen que saber toda a verdade sobre o tabaco e os seus efectos na saúde, por elo, recomendamos ler a guía sobre o tabaco e a saúde

Hai que procurar deixar de fumar, temos que mentalizarnos e coñecer a nosa motivación para abandonar o tabaco. Podemos comezar por coñecer a nosa motivación para deixar de fumar (test de Richmond)

Para completar a información e coñecer outras fontes documentais na rede, visitaremos os recursos en internet para deixar de fumar.

As novas de actualidade en relación co tabaco – recentes disposicións legais – dispoñen que: sen tabaco no lugar de traballo

Recursos didácticos

A prevención do tabaquismo (materiais didácticos Educación Primaria)
Para saber sobre o tabaco (materiais didácticos Educación Secundaria)

Máis información

Comité Nacional de Prevención do Tabaquismo

ALIMENTARSE BEN NA ADOLESCENCIA

ALIMENTARSE  BEN  NA  ADOLESCENCIA O incorrecto hábito alimentario na adolescencia é, entre outras, unha das principais causas que xera distintas doenzas (obesidade, anorexia, bulimia, etc). Para informarse sobre algunhas cuestións de saúde e alimentación, podemos ler o artigo sobre alimentación, adolescencia e obesidade.
Complementariamente, podemos consultar unhas recomedacións sobre a anorexia e bulimia e unha proposta de dieta equilibrada que beneficie o noso traballo académico.

Iniciativas e propostas de interese sobre alimentación sana
Sen lambiscadas no Instituto

EDUCACIÓN SEXUAL NA ADOLESCENCIA

EDUCACIÓN  SEXUAL  NA  ADOLESCENCIA A revista CONSUMER aporta unha variedade de información de interese e un formato de presentación claro e conciso que, para calquera tema que se trate, axuda a comprender máis e mellor a información. Por elo, a primeira aportación ten relación coa Educación Sexual, un traballo clarificador sobre A necesaria Educación Sexual. Complementariamente, engadimos unha entrevista cunha experta no tema Entrevista cunha psicóloga-sexóloga

Máis recursos e novas de interese

Xuventude e sexualidade: embarazos na adolescencia.

Portal sobre temas de sexualidade na adolescencia moi interesante -en construcción-.

UN TEMA DE ACTUALIDADE PERMANENTE: AS DROGAS

UN  TEMA DE ACTUALIDADE  PERMANENTE:  AS   DROGAS

As novas relacionadas co incremento do consumo de drogas e os seus efectos son, desgraciadamente, informacións que nos chegan constantemente. Cremos que a información pode e debe xogar un papel importante na prevención, por elo, vamos recomendar a lectura de aportacións interesantes para educar e concienciar aos adolescentes.
En primeiro lugar, un artigo do xornal "El País" sobre O incremento do consumo de cocaína nos adolescentes.
En segundo lugar, outro artigo do xornal "La Voz de Galicia" sobre As drogas e os seus efectos.

Outras informacións de interese
Mitos sobre as drogas
Portal de información sobre drogas
Unha proposta informativa suxerente, entre outras cuestións, sobre drogas
A dobre trampa das drogas

WEBQUEST  SOBRE  AS  DROGAS