Blogia
GUÍA DE INFORMACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

ITINERARIOS

EQUIVALENCIAS E VALIDACIÓNS DE ESTUDOS NA E.S.O.

Equivalencias a efectos académicos e validacións da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).

Sistema anterior- Sistema novo- Educación de Adultos
7º de EXB---------------------1º de ESO---------------1º Módulo
8º de EXB---------------------2º de ESO---------------2º Módulo
1º BUP/1º FPI---------------3º de ESO---------------3º Módulo
2º BUP/2º FPI---------------4º de ESO---------------4º Módulo

ENSINANZAS DEPORTIVAS

Na modalidade de Ensinanzas Deportivas a oferta é de Ciclo Medio e Ciclo Superior de fútbol e Ciclo Medio e Ciclo Superior de fútbol sala.

Para saber máis
Ensinanzas deportivas na páxina web do Ministerio de Educación e Ciencia

A FORMACIÓN PROFESIONAL, NA PRIMEIRA DIVISIÓN

Cada día se fala máis da importancia formativa -cualificación profesional- e das boas saídas laborais de moitos dos estudantes de Formación Profesional. Na revista dixital Expansión & Empleo podemos ler un artigo de Carlos López Combarros sobre a importancia dos estudos de Formación Profesional.

FORMACIÓN MEDIANTE O USO DE INTERNET (e-learning)

A teleformación ou "e-learning" -formación mediante o uso de internet- permite aprender sen problemas de lugar ou horario e presenta unha crecente oferta educativa.
Coa pretensión de coñecer algo máis sobre a teleformación, as súas vantaxes, a fiabilidade da formación e a súa situación actual recomendamos a lectura do artigo da Revista Consumer.

Para saber máis
O crecemento da teleformación

OUTRAS PROFESIÓNS

Unha parte dos estudantes elixen opcións académicas e/ou profesionais que os levan a realizar estudos universitarios ou ben a cursar a Formación Profesional Específica.
Existen outras opcións formativas "non reguladas" que deben ser coñecidas e valoradas -por exemplo, piloto, guionista de cine, radio e televisión, modelo, anticuario, grafólogo/a, bombeiro/a, etc-. Para coñecer unha parte das "outras profesións" tes que visitar OUTRAS PROFESIÓNS

LICENCIADO/A EN DOCUMENTACIÓN

Ensinanzas de só 2º ciclo

A súa duración é de dous anos e constan dun mínimo de 120 créditos. Accédese dende unha titulación de 1º ciclo ou cursando o 1º ciclo dunha titulación que capacite para o acceso. Accédese directamente dende: Diplomado/a en Biblioteconomía e Documentación.

Información xeral da web da Dirección Xeral de Universidades (Xunta de Galicia)

Universidade de A Coruña. Campus de Ferrol

Máis información sobre a titulación


Información do Departamento de Orientación
VARIOS AUTORES (2006) Elige tu futuro. Libro 1. Madrid: Círculo de Progreso. Páx. 62-63.

Revista "Entre Estudiantes" nº 129. Páx. 26-27.

Outras informacións de interese.

- Documentalistas: expertos en gestionar y tratar la información

-Categorías profesionales en Biblioteconomía

-El profesional de la información

ESTUDAR BACHARELATO NO I.E.S.

 

OFERTA FORMATIVA DE BACHARELATO DO I.E.S. "GARCÍA BARBÓN". CURSO 2005-2006

HUMANIDADES, CIENCIAS SOCIAIS E TECNOLOXÍA.

Para informarse das distintas asignaturas comúns, propias da modalidade e optativas de cada Bacharelato podemos consultar o esquema que se acompaña.
Para complementar a información do esquema, ofrecemos as vinculacións entre as modalidades de Bacharelato e os posteriores estudos universitarios: cursando calquera modalidade de Bacharelato, pola vía de Humanidades, pola vía de Ciencias Sociais e pola vía do Bacharelato de Tecnoloxía. O documento pode visualizarse aquí.