Blogia
GUÍA DE INFORMACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

ITINERARIOS

CONVOCADAS PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE ESO

CONVOCADAS PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE

GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

PROBA PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHAREL

Proba para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Requisitos que deben reunir os participantes.

Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano natural en que se vai realizar a proba.

b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.

c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar en que se realicen as probas.

Estrutura da proba.

1. A proba organizarase de xeito diferenciado segundo as distintas modalidades de bacharelato.

2. A proba constará de dous exercicios, o primeiro deles dedicado ás materias comúns e o segundo, ás materias de modalidade.

O primeiro exercicio, que versará sobre as materias comúns establecidas no artigo 6 do mencionado decreto, terá como obxectivo valorar a madureza intelectual e a formación xeral do aspirante naquelas competencias que favorecen a aprendizaxe ao longo da vida. Será común para as diferentes modalidades e estruturarase en catro partes:

a) Primeira parte. Lingua galega e literatura.

b) Segunda parte. Lingua castelá e literatura.

c) Terceira parte. Lingua estranxeira.

d) Cuarta parte. Resposta por escrito a unha serie de cuestións relativas aos contidos das materias de Ciencias para o mundo contemporáneo, Filosofía e cidadanía, Historia da filosofía e Historia de España.

O segundo exercicio, diferente para cada unha das modalidades, versará sobre as materias de modalidade establecidas no artigo 7 do Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. Avaliará o logro dos obxectivos propios do bacharelato e a adquisición das destrezas básicas das materias de modalidade, como a comprensión de conceptos, o manexo da linguaxe científica, a resolución de problemas e a capacidade de analizar, relacionar e sintetizar.

 

Aquí podes consultar máis información.

RECURSOS PARA FAVORECER A EMPREGABILIDADE

RECURSOS PARA FAVORECER A EMPREGABILIDADE

RECURSOS PARA FAVORECER A EMPREGABILIDADE

MANUAL PARA O FORMADOR

Empregabilidade

TOMAR DECISIÓNS NA SOCIEDADE ACTUAL (REDES)

Fonte da información: http://www.iesjoaquinaraujo.org/orientacion/?p=1660

CONVOCADAS PROBAS DE AVALIACIÓN EN COMPETENCIAS CLAVE

CONVOCADAS PROBAS DE AVALIACIÓN EN COMPETENCIAS CLAVE

CONVOCADAS PROBAS DE AVALIACIÓN EN COMPETENCIAS CLAVE PARA ACCEDER ÁS ACCIÓNS FORMATIVAS DOS NOVOS CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE (NIVEL 2 E 3)

SOLICITUDE

Dirixida ao Instituto Galego das Cualificacións

REMATE DO PRAZO DE PRESENTACIÓN

28 DE SETEMBRO DE 2011

LUGAR DE CELEBRACIÓN

RECINTO FEIRAL DE SILLEDA

WEB DE REFERENCIA

http://traballoebenestar.xunta.es

NORMATIVA LEGAL

DOG, 5 de setembro de 2011

Para saber máis

Sobre certificados de profesionalidade e competencias clave (DOG, 4 de agosto de 2011)

COMPETENCIAS CLAVE -XUNTA DE GALICIA-

Probas de acceso á Escola Superior de Arte Dramática de Galicia

Probas de acceso á Escola Superior de Arte Dramática de Galicia

Informámosvos de que está aberto o prazo de inscrición das probas de acceso á Escola Superior de Arte Dramática de Galicia para o curso 2011/2012. Convócanse prazas para as titulacións de grao en Interpretación, Dirección escénica e Dramaturxia e Escenografía.

O prazo de inscrición remata o 20 de xuño e as probas terán lugar do 27 de xuño ao 8 de xullo.  Atoparedes a información detallada sobre o contido e desenvolvemento das probas e sobre os estudos en Arte Dramática en www.esadgalicia.com.

Poza Cabalo s/n · 36212 Vigo (Pontevedra)
986 246 399 · 619 910 967
www.esadgalicia.com
www.facebook.com/esadgalicia

CONVOCATORIA DE PROBAS PARA OBTER O TÍTULO DE GRADUADO/A EN E.S.O.

CONVOCATORIA DE PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO/A EN EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA PARA MAIORES DE DEZAOITO ANOS NAS CONVOCATORIAS DE XUÑO E SETEMBRO (D.O.G. 11 DE MAIO DE 2011)

 

Centro e lugar de celebración das probas

OURENSE

              Centro de EPA Ourense

Rúa Álvarez de Sotomayor, 4

Prazos de matrícula

Proba de xuño: 16 ao 27 de maio, ambos os dous incluídos

Proba de setembro: 1 e 2 de setembro, , ambos os dous incluídos

Datas das probas

14 de xuño

9 de setembro

Chamamento para acceso aos espazos de realización da proba

Entre as 8.30 e as 9 horas

ITINERARIOS EDUCATIVOS: ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL E DE ADULTOS

CONVOCATORIA PARA FUTUROS PROFESORES/AS DE AUTOESCOLA

Lemos no blog de Ángeles González Pérez (Onda Cero Verín)unha información interesante sobre a convocatoria para futuros profesores/as de Autoescola.

A información completa pode consultarse aquí.

BECAS PARA TITULADOS (UNIVERSIDADE E GRAO SUPERIOR DE F.P.) E ESTUDANTES UNIVERSITARIOS

BECAS PARA TITULADOS (UNIVERSIDADE E GRAO SUPERIOR DE F.P.) E ESTUDANTES UNIVERSITARIOS

http://www.quieroserbecario.com/

PROGRAMA PASARELA (PARA TITULADOS DE F.P. DE GRAO SUPERIOR)

FORMACIÓN A TÚA MEDIDA NA AULA MENTOR DE VERÍN

FORMACIÓN  A TÚA MEDIDA NA AULA MENTOR DE VERÍN
O Ministerio de Educación, Política Social e Deporte ofrece unha modalidade de formación aberta e a distancia mediante o uso de internet que se chama AULA MENTOR. Na actualidade a Aula Mentor conta con máis de 100 cursos e posúe máis de 350  aulas en funcionamento.
A Aula Mentor de Verín ubícase no Instituto de Educación Secundaria "García Barbón".

Aula Mentor de Verín
IES García Barbón

Administrador Fernando Cabido García

Antonio Fernández Pérez s/n - C.P.: 32600 Verín ( Curense)
:
TEL: 988410379. Fax: 988414434
E-Mail: avem0020@encina.pntic.mec.es
© Ministerio de Educación y Ciencia

AGORA O INGLÉS AO TEU ALCANCE.

AGORA  O INGLÉS  AO TEU ALCANCE.

ESTUDA INGLÉS

ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS DE GALICIA (EOI) . CURSO 2007/2008

- Folleto de Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia 2007/2008

- Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia

-Oferta educativa de idioma

BACHARELATO PARA PERSOAS ADULTAS (2007/2008)

BACHARELATO  PARA  PERSOAS  ADULTAS (2007/2008)
BACHARELATO PARA PERSOAS ADULTAS (2007/2008)
 As persoas maiores de dezaoito anos poden seguir as ensinanzas de bacharelato deadultos a través de tres camiños:
-o bacharelato presencial, - o bacharelato a distancia semipresencial, e o bacharelato a distancia con titorías telemáticas.
 
INFORMACIÓN SOBRE BACHARELATO PRESENCIAL 
Matrícula no IES onde se imparte do 3 ao 28 de setembro 
 
INFORMACIÓN SOBRE BACHARELATO A DISTANCIA 
-Semipresencial: Matrícula do 10 ao 25 de setembro 
-Con titorías telemáticas: Matrícula do  3 ao 28 de setembro 
  
REDE DE CENTROS EDUCATIVOS DE EDUCACIÓN DE ADULTOS 
 
OUTRAS INFORMACIÓNS DE INTERESE: OFERTA EDUCATIVA DE EDUCACIÓN DE ADULTOS 
GUÍAS DO ALUMNADO DO BACHARELATO A DISTANCIA 

A XUNTA CONVOCA PROCESO SELECTIVO (100 PRAZAS DE AXENTES FORESTAIS)

A XUNTA CONVOCA PROCESO SELECTIVO (100 PRAZAS DE AXENTES FORESTAIS)

No Diario Oficial de Galicia do día 9 de xaneiro de 2006, aparece publicada a Orde do 26 de decembro de 2005, pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo de Auxiliares  Técnicos da Xunta de Galicia (grupo D), escala de axentes forestais. O prazo de presentación de solicitude é de vinte días naturais.

A orde de convocatoria pode consultarse aquí.

OPOSICIÓNS PARA OS CORPOS AUXILIAR E SUBALTERNO DA XUNTA DE GALICIA

OPOSICIÓNS PARA OS CORPOS AUXILIAR E SUBALTERNO DA XUNTA DE GALICIA

No Diario Oficial de Galicia (DOG) do 15 de decembro de 2005 aparece publicada a convocatoria de proceso selectivo para 117 prazas do corpo de auxiliares (grupo D) e 70 prazas do corpo de subalternos (grupo E).

Información completa das convocatorias:

117 prazas do grupo D (corpo de auxiliares)

70 prazas do grupo E (corpo de subalternos)

FAMILIAS PROFESIONAIS

FAMILIAS  PROFESIONAIS A información que podemos consultar sobre as familias profesionais abarca o conxunto dos niveis educativos (universitarios, ciclos de grao medio, ciclos de grao superior e iniciación profesional)e especifica as relacións da competencia profesional coa clasificación nacional de actividades económicas [CNAE-93] e coa clasificación nacional de ocupacións (CNO-94).

Complementariamente, a web ofrece información sobre as distintas titulacións.

Información sobre os perfís profesionais. Galicia
Perfís profesionais

ALIMENTARSE BEN NA ADOLESCENCIA

ALIMENTARSE  BEN  NA  ADOLESCENCIA O incorrecto hábito alimentario na adolescencia é, entre outras, unha das principais causas que xera distintas doenzas (obesidade, anorexia, bulimia, etc). Para informarse sobre algunhas cuestións de saúde e alimentación, podemos ler o artigo sobre alimentación, adolescencia e obesidade.
Complementariamente, podemos consultar unhas recomedacións sobre a anorexia e bulimia e unha proposta de dieta equilibrada que beneficie o noso traballo académico.

Iniciativas e propostas de interese sobre alimentación sana
Sen lambiscadas no Instituto

FORMACIÓN PROFESIONAL OCUPACIONAL

A Formación Profesional Ocupacional vai dirixida ás persoas desempregadas que queren recibir unha cualificación específica, relacionada cunha ocupación concreta e que facilite a súa incorporación ao mercado laboral.
Son cursos sen coste e totalmente prácticos, para grupos dun máximo de 15 alumnos/as e con axudas para o desprazamento.
Web de información da Xunta de Galicia sobre a Formación Ocupacional
Requisitos para poder recibir cursos de Formación Ocupacional
Programación dos cursos de Formación Profesional Ocupacional

PROGRAMAS DE GARANTÍA SOCIAL

Os Programas de Garantía Social facilitan unha formación de carácter non regrado de duración anual (1 curso académico).
Para poder realizar un Programa de Garantía Social (PGS) é necesario: ter entre 16 e 21 anos, non ter superada a Educación Secundaria Obrigatoria e non posuír titulación de Formación Profesional.
A finalidade dos PGS é dobre: por unha banda, pretenden recuperar ao alumnado para proseguir estudos (proba de acceso aos Ciclos de Grao Medio) e, por outra banda, posibilitan a preparación do alumnado para o mundo laboral.

Programas de Garantía Social no IES García Barbón
Axudante/a de mecánica xeral e electricidade do vehículo
Operario/a de construccións metálicas en aluminio
Operario/a maquinista de confección industrial

Máis información
Programas de Garantía Social en Galicia 2005/2006
Información do Ministerio de Educación