Blogia

GUÍA DE INFORMACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

HISTORIA

Estudos universitarios preferidos polo alumnado de Bacharelato e algunhas fontes de información. Curso 2004/2005.

Nº 8.- HISTORIA (5 alumnos/as interesados/as)

Información facilitada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Perfil profesional do/a titulado/a.

Estudos de Historia (Santiago de Compostela).

Facultade de Xeografía e Historia (Universidade de Santiago)

Estudos de Historia en Ourense.

Facultade de Historia (Universidade de Vigo).

Outros recursos do Departamento de Orientación:

Revista “Entre Estudiantes” número 91. Pax. 20-25.
VARIOS AUTORES (2006) Elige tu futuro. Madrid: Círculo de Progreso. Páx. 118-120.

PUBLICIDADE E RELACIÓNS PÚBLICAS

Estudos universitarios preferidos polo alumnado de Bacharelato e algunhas fontes de información. Curso 2004/2005.

Nº 7.- PUBLICIDADE E RELACIÓNS PÚBLICAS (8 alumnos/as interesados/as)

Información xeral facilitada pola Consellería de Educación.

Perfil do/a titulado/a.

Facultade na que se imparten os estudos (VIGO).

Outros recursos do Departamento de Orientación:

Revista "Entre Estudiantes" nº 131. 24-25.

VARIOS AUTORES (2006) Elige tu futuro. Libro 1. Madrid: Círculo de Progreso. Páx. 158-160.

NA DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO

Unir voces en defensa do ensino público é o título do manifesto para o que se realiza unha campaña de recollida de sinaturas.
A información sobre o texto completo de tal manifesto pode consultarse na páxina web que se facilita aquí.
Para asinar o manifesto podemos entrar na páxina da cig-ensino.

ENXEÑERÍA DE TELECOMUNICACIÓNS

ENXEÑERÍA DE TELECOMUNICACIÓNS

Estudos universitarios preferidos polo alumnado de Bacharelato e algunhas fontes de información. Curso 2004/2005.

Nº 6.- ENXEÑERÍA DE TELECOMUNICACIÓNS (9 alumnos/as interesados/as)

Información xeral facilitada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Perfil profesional do/a titulado/a.

Facultade de Telecomunicacións (Vigo).

Máis información sobre a titulación.

Outros recursos do Departamento de Orientación:

VARIOS AUTORES (2006) Elige tu futuro.Libro 4. Madrid: Círculo de Progreso. Páx. 208-211.

Outras informacións de interese:

As telecomunicacións en Galiza teñen unha taxa de desemprego de só o 6% .

ESTUDAR A TITULACIÓN FÓRA DE GALICIA 

ENXEÑERÍA TÉCNICA EN INFORMÁTICA DE SISTEMAS

ENXEÑERÍA TÉCNICA EN INFORMÁTICA DE SISTEMAS

Estudos universitarios preferidos polo alumnado de Bacharelato e algunhas fontes de información. Curso 2004/2005.

Nº 5.- ENXEÑERÍA TÉCNICA EN INFORMÁTICA DE SISTEMAS (10 alumnos/as interesados/as)

Información xeral facilitada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Perfil Profesional do/a titulado/a.

Facultade de Informática (A Coruña).

Facultade de Informática (Santiago).

Outros recursos do Departamento de Orientación:

Revista “Entre Estudiantes” número 95. Páx. 12-18.
VARIOS AUTORES (2006) Elige tu futuro. Libro 4. Madrid: Círculo de Progreso. Páx. 152-154.

ESTUDAR A TITULACIÓN FÓRA DE GALICIA 

ENXEÑERÍA INFORMÁTICA

ENXEÑERÍA INFORMÁTICA

Estudos universitarios preferidos polo alumnado de Bacharelato e algunhas fontes de información. Curso 2004/2005.

3.- ENXEÑERÍA INFORMÁTICA (13 alumnos/as interesados/as)

Base da datos de estudos universitarios da Consellería de Educación.

Facultade de Informática (Universidade de A Coruña).

Perfil profesional do/a Enxeñeiro/a Informático/a.

Máis información na Guía de Orientación Universitaria.

Outros recursos do Departamento de Orientación:
Revista “Entre Estudiantes” número 110. Páxina 20-25.
VARIOS AUTORES (2006) Elige tu futuro. Libro 4. Madrid: Círculo de Progreso. Páx. 146-148.

ESTUDAR A TITULACIÓN FÓRA DE GALICIA

L. O. E. (Anteproxecto de reforma educativa)

O anteproxecto de reforma educativa ( Lei Orgánica de Educación -L.O.E.-) xera moitas e diversas opinións. Posiblemente, como xa ten pasado noutras ocasións, primeiro dase unha valoración global e, en segundo lugar, faise unha parcial lectura do texto do anteproxecto. Por elo, consideramos que sería preciso, en primeiro lugar, ler o texto completo da L.O.E.
O texto íntegro do Anteproxecto pode consultarse aquí.

ANÁLISE DO EMPREGO UNIVERSITARIO 2004

ANÁLISE DO EMPREGO UNIVERSITARIO 2004

CARREIRAS DO ÁMBITO DA CONSTRUCCIÓN
O peso das titulacións do ámbito da construcción no conxunto do emprego cualificado no ano 2004 foi do 14,51%.
As titulacións máis demandadas foron, por orde de importancia, Arquitectura Técnica, Enxeñería Técnica de Obras Públicas, Enxeñería de Camiños, Arquitectura e Enxeñería Técnica Topográfica.
A medio prazo, a previsión é que perdan un 10% do volume actual de ofertas de emprego.

CARREIRAS DO ÁMBITO DAS CIENCIAS EXPERIMENTAIS
O peso das titulacións do ámbito das ciencias experimentais no conxunto do emprego cualificado no ano 2004 foi do 3,99%.
As titulacións máis demandadas foron, por orde de importancia, Química, Bioloxía, Física, Matemáticas, Estatística e Ciencias Ambientais.
As perspectivas son boas –a longo prazo- para as titulacións de Bioloxía, Ciencias Ambientais, Química e Ciencias do Mar, e, no conxunto das ciencias experimentais, a recuperación pode chegar a duplicar as porcentaxes actuais.

CARREIRAS DO ÁMBITO DA SAÚDE
O peso das titulacións do ámbito da saúde no conxunto do emprego cualificado no ano 2004 foi do 6,08%.
As titulacións máis demandadas foron, por orde de importancia, Medicina, Enfermería, Farmacia, Veterinaria, Óptica e optometría e Fisioterapia.
As perspectivas para as carreiras relacionadas directamente coa atención clínica (Medicina, Enfermería –dúas titulacións moi demandadas por diferentes países da Unión Europea-, Podoloxía e Fisioterapia) son boas. A tendencia a curto prazo indica unha interesante melloría relativa no volume de ofertas de emprego, que pode situarse no 10%.

Fonte: Pedro Manuel Boyer. “Ranking de empleo universitario. Primavera del empleo cualificado. En Anuario 2005 Entre Estudiantes. (Páx. 98-105)
O ranking de emprego recolle as 50 titulacións universitarias e de Formación Profesional máis demandadas nos xornais e nos principias portais de emprego de internet durante o ano 2004.

ANÁLISE DO EMPREGO UNIVERSITARIO 2004 (Continuación)

ANÁLISE DO EMPREGO UNIVERSITARIO 2004 (Continuación)

CARREIRAS DO ÁMBITO DAS CIENCIAS SOCIAIS
O peso das titulacións do ámbito das ciencias sociais no conxunto do emprego cualificado no ano 2004 foi do 6,28%.
As titulacións máis demandadas foron, por orde de importancia, Dereito, Psicoloxía, Turismo, Xornalismo, Publicidade e Biblioteconomía e Documentación.
As mellores previsións son para a diplomatura de Mestre/a –aumento da natalidade-, e as carreiras que poden telo máis difícil son Xornalismo e Publicidade e Relacións Públicas.

CARREIRAS DO ÁMBITO DA ECONOMÍA E A EMPRESA
O peso das titulacións do ámbito da economía e a empresa no conxunto do emprego cualificado no ano 2004 foi do 15,18%.
As titulacións máis demandadas foron, por orde de importancia, Administración e Dirección de Empresas, Economía, Diplomatura de Empresariais, Relacións Laborais, Ciencias Actuariais e Financeiras e Xestión e Administración Pública.

CARREIRAS DO ÁMBITO DE HUMANIDADES
O peso das titulacións do ámbito de Humanidades no conxunto do emprego cualificado no ano 2004 foi do 1,53%.
As titulacións máis demandadas foron, por orde de importancia, Filoloxía Inglesa, Traducción e Interpretación, Belas Artes, Filoloxía Hispánica, Historia e Xeografía.
As mellores previsións son para Traducción e Interpretación e as Filoloxías Inglesa e Hispánica.

CARREIRAS DO ÁMBITO DA ENXEÑERÍA
O peso das titulacións do ámbito da Enxeñería no conxunto do emprego cualificado no ano 2004 foi do 18,19%.
As titulacións máis demandadas foron, por orde de importancia, Enxeñeiro Técnico Industrial, Enxeñeiro Industrial, Enxeñeiro Técnico Informático, Enxeñeiro Técnico de Telecomunicacións, Enxeñeiro en Informática, Enxeñeiro de Telecomunicacións e Enxeñeiro Químico.
A previsión para os vindeiros meses é unha mellora xeral, que pode superar o 10%

Fonte: Pedro Manuel Boyer. “Ranking de empleo universitario. Primavera del empleo cualificado. En Anuario 2005 Entre Estudiantes. (Páx. 98-105)
O ranking de emprego recolle as 50 titulacións universitarias e de Formación Profesional máis demandadas nos xornais e nos principias portais de emprego de internet durante o ano 2004.

DO USO DA CALCULADORA NA SELECTIVIDADE

DO USO DA  CALCULADORA NA SELECTIVIDADE

A calculadora estará permitida nas probas de acceso á universidade. Os alumnos/as de Matemáticas II poderán levar calculadora ás probas de acceso á universidade.
A Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) anuncia o seu rexeitamento a tal medida.
A información facilitada pode lerse en Xornal.com

A UNIVERSIDADE DE VIGO

A UNIVERSIDADE DE VIGO

Para completar o mapa universitario de Galicia, hoxe vamos a mostar tres fontes informativas de interese sobre a UNIVERSIDADE DE VIGO.
En principio, información sobre o acceso premendo aquí.
En segundo lugar, unha perspectiva detallada sobre a oferta formativa.
En terceiro e último lugar, recomendamos ler con atención a Guía das Saídas Profesionais. No Departamento de Orientación dispomos da Guía das Saídas Profesionais da Universidade de Vigo en cd-rom.

Outras informacións que poden interesarche:

O Campus de Vigo convertiráse nun dos centros académicos con maior potencial empresarial.

As clases en mp3  (http://www.uvigo.tv )

DE 4º DE E.S.O. A 1º DE BACHARELATO (2)

DE 4º DE  E.S.O. A 1º DE BACHARELATO (2)

A segunda reflexión sobre os "problemas" da transición entre 4º de ESO e o Bacharelato.-Reflexións do alumnado de 1º de Bacharelato-

DE 4º DE E.S.O. A 1º DE BACHARELATO (3)

DE 4º DE E.S.O.  A  1º DE BACHARELATO (3)

Hai unha terceira valoración sobre os cambios.-Reflexións do alumnado de 1º de Bacharelato-

DE 4º DE E.S.O. A 1º DE BACHARELATO (5)

DE 4º DE E.S.O.  A 1º DE BACHARELATO (5)

A quinta reflexión que seleccionamos.-Reflexións do alumnado de 1º de Bacharelato-

DE 4º DE E.S.O. A 1º DE BACHARELATO (4)

DE 4º DE E.S.O.  A  1º DE BACHARELATO (4)

A reflexión número catro. -Reflexións do alumnado de 1º de Bacharelato-

DE 4º DE E.S.O. A 1º DE BACHARELATO (6)

DE 4º DE E.S.O.  A 1º DE BACHARELATO (6)

A reflexión número seis.
-Reflexións do alumnado de 1º de Bacharelato-

A UNIVERSIDADE DE A CORUÑA

A UNIVERSIDADE DE A CORUÑA

O día 17 de marzo de 2005 demos conta da charla sobre a oferta formativa da Universidade de Santiago e de varias fontes informativas na rede. Hoxe, queremos ofrecer canles de documentación sobre a UNIVERSIDADE de A CORUÑA.
Para ter coñecemento da súa oferta formativa, podemos visitar a páxina de ESTUDOS.
Outra web interesante é a do Servizo de Asesoramento e Promoción do Estudante (SAPE).
Por último, podemos completar os datos coa visita á páxina sobre as titulacións e as súas saídas profesionais.

OUTRAS INFORMACIÓNS DE INTERESE:

SERVIZO DE EMPREGO DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA 

DE 4º DE E.S.O. A 1º DE BACHARELATO (1)

DE 4º DE  E.S.O. A 1º DE BACHARELATO (1)

Na transición que se produce entre o remate da Educación Secundaria Obrigatoria e o 1º curso do Bacharelato, existe unha serie de "problemas". O alumnado de 1º de Bacharelato (curso 2003/2004) reflexionou sobre dita transición e chegou a algunhas conclusións. Nesta aportación xeral vamos a recuperar seis reflexións que nos pareceron interesantes.

O emprego e a xuventude galega

O emprego e a xuventude galega

Dous de cada tres galegos menores de 35 anos dependen da familia.
O 48,5% da xuventude galaica está no paro e case a metade da que
traballa faino de maneira precaria. A información completa pode
consultarse facendo clic aquí.

REVISTA "ENTRE ESTUDIANTES"

REVISTA "ENTRE ESTUDIANTES"

A revista ENTRE ESTUDIANTES é un dos recursos de información académica e profesional que nos aporta datos de interese para poder tomar decisións máis documentadas. Facilita información sobre carreiras universitarias -coa opinión de profesorado e alumnado-, ciclos formativos e outros estudos.
A páxina web da revista pode consultarse aquí.