Blogia

GUÍA DE INFORMACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Hoxe, día 17 de marzo de 2005 ás 12.40 horas no salón de actos do Instituto "García Barbón" vai ter lugar unha charla informativa sobre os estudos que se imparten na Universidade de Santiago de Compostela para o alumnado de 2º de Bacharelato. ¡Moitas grazas a Víctor Arce pola súa información!.
Máis información para estudantes de Ensino Medio de centros de Galicia, pode consultarse facendo clic aquí.
A páxina web da Universidade de Santiago que facilita o contacto informativo cos centros de Ensino Medio pode atoparse aquí.
Por último, para saber das titulacións e das súas saídas profesionais non podemos deixar de visitar o libro das titulacións.

Outras informacións que poden interesarche

Axudas da Universidade de Santiago para dotar os seus alumnos/as de ordenadores portátiles.
Titulacións, saídas profesionais e axuda para buscar emprego na Universidade de Santiago.
Límite de prazas na Universidade de Santiago.
A Universidade de Santiago (USC) entre as 500 mellores do mundo.

ESTUDAR DIARIAMENTE

ESTUDAR DIARIAMENTE

Non hai recetas nen fórmulas máxicas para estudar con maior eficacia. Cada persoa ten a súa particular maneira de enfrontarse ó estudo e de aprender os contidos. En todo caso, a primeira condición necesaria é adicarlle ó estudo DIARIAMENTE dúas ou tres horas.

Emprego en Galicia

Emprego en Galicia

A metade dos parados galegos non cobran nen un euro
do Estado. A metade dos parados galegos, un total
de 99.242 persoas no ano 2004, non cobran nen un euro do Instituto Nacional de Emprego (INEM). Para coñecer a información completa visita "La Voz de Galicia".

PRPOFESIÓNS CON EMPREGO

PRPOFESIÓNS CON EMPREGO

A partir da análise de 143.036 ofertas de emprego publicadas nos xornais e no portal Infoempleo, o INFORME INFOEMPLEO 2004 chega a conclusión de que é o arquitecto/a técnico/a o profesional máis solicitado.
Os titulados universitarios máis demandados son: Enxeñeiros Técnicos de Obras Públicas, Enxeñeiros de Camiños, Arquitectos e Enxeñeiros Industriais. En xeral, enxeñeiros e arquitectos acaparan o 62,7% da oferta dirixida ós universitatios.
Na Formación Profesional, as familias profesionais con maior oferta de emprego son:
Comercio e Marketing, Administración, Fabricación Mecánica, Edificación e Obra Civil e Electricidade e Electrónica.
Por último, unha de cada tres ofertas de traballo cualificado valora o coñecemento de linguas estranxeiras (no 65,6% dos casos a lingua preferida é o inglés).
FONTE INFORMATIVA. Revista "Entre Estudiantes", Nº 122 (2005).
Máis información sobre as profesións con emprego aquí.

Cuestionarios e tests de orientación académica (1)

Cuestionarios e tests de orientación académica (1)

En internet podemos realizar tests e cuestionarios de orientación profesional. Para mostra visita a páxina. É un test de orientación profesional de 64 preguntas -con catro alternativas de resposta-. Outra posibilidade facilítacha a páxina web seguinte. Outro test de orientación profesional de maior amplitude (156 preguntas) con catro posibles respostas.

Cuestionario de formación profesional .-


 

A oferta de formación profesional en DVD

Para o alumnado interesado en cursar a Formación
Profesional Específica -de grao medio ou superior-,
contamos coa información audiovisual que nos
facilitan dous DVD. Para maior información consultar
no Departamento de Orientación ou visitar a web
de Orientación Visual.

Vídeos de carreiras universitarias

No Departamento de Orientación contamos con distintos
vídeos sobre carreiras universitarias para uso do
alumnado. Máis información no Departamento de
Orientación e na web de Orientación Visual.

Programa ORIENTA 2005

O alumnado do IES García Barbón que teña interese
no programa informático de orientación -Orienta 2005-
pode solicitar unha copia no Departamento de Orientación.
Para completar a información sobre o programa, podemos
visitar a web do autor.

IES GARCÍA BARBÓN -VERÍN-Ourense

IES GARCÍA BARBÓN -VERÍN-Ourense

Instituto de Educación Secundaria "GARCÍA BARBÓN"
Rúa Antonio Fernández Pérez s/n
32600 VERÍN Ourense
Teléfono. 988685085